Inadmitida 26/10/2021 · 89 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por falta de publicación de calificaciones en proceso selectivo de dibujo

Se solicitó a la Comisión da Transparencia de Galicia la publicación de las calificaciones de un proceso selectivo de dibujo de la Consellería de Cultura, Educación e Universidade. El reclamante alegó que la falta de publicación impidió avanzar en el proceso. La Comisión inadmitió la reclamación por no tratarse de una solicitud de acceso a información pública, sino de una impugnación de un proceso selectivo.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación no constituye una solicitud de acceso a información pública, sino una queja por la falta de publicación de calificaciones en un proceso selectivo.
2 La publicación de calificaciones en oposiciones se rige por la normativa específica de la convocatoria y no por la normativa de Transparencia.
3 Se procede a la inadmisión de la reclamación según el artículo 116.c) de la Ley 39/2015, al no ser el acto susceptible de recurso ante esta Comisión.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 29 de xullo de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 29 e xullo de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falla de publicación das cualificacións do proceso selectivo de persoal funcionaria dos corpos docentes na especialidade de debuxo por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicado o 2 de xuño de 2021, procedemento no que o interesado participou. O reclamante indicaba que se realizaron as probas entre os días 19 a 26 de xuño de 2021, e non se publicaron as cua lificacións correspondentes a estas probas en tempo e forma, polo que non houbo ningunha posibilidade de solicitar por ningún procedemento as cualificacións a tempo que anu laron a posibilidade de seguir realizando a seguinte fase. Rúa cio Hórreo, 65 15700, Santiago de Cornposte!a A Coruñ.3 [email protected] ww'.v.cornlsiondatransparcncia.gal FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as (+34) 9Sl 56 97 40 Rúa Jo Hórreo, 65 15700, Santiag.::i de Cornpo::tda A Coruña infos,)comlsíond2transparcncia.gal WW'.V.C()n1lsio=~datransparcncic1,gal persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso o interesado non solicitou un acceso á información pública, senón unha reclamación contra a falla de publicación das cualificacións dun procedemento selectivo no que participa, publicación á que lle é de aplicación a normativa que rexe a dita convocatoria, e a non a normativa en materia de Transparencia. De acordo co anterior, ao non ser o obxecto da solicitude da interesada o aceso a unha información pública, senón unha reclamación contra a non publicación de cualificacións nun procedemento selectivo no que o reclamante participa, procede a inadmisión da reclamación, de acordo co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ao non tratarse dun acto susceptible de recurso ante esta Comisión. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, e (~·34 j9Sl 569740 Rúa do Hôrfeo, €5 15700, Santi.lgo de Compostela ACorui'la cl ínfv@cc -nisiond~transpar('nCfcl,gJt w>t,·w.comlsiondatrJnspJrencia.gal ACORDA Único: lnadmitir a reclamación presentada por con data do 29 de xullo de 2021, contra a falla de publicación das cualificacións do proceso selectivo de persoal funcionario dos corpos docentes na especialidade de debuxo por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade publ icado o 2 de xuño de 2021. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado d igitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.10.28 12:1 9:26 + 02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.