Desestimada 26/10/2021 · 56 días en resolverse

Reclamación sobre el acceso a la información relativa a la gestión de visitas guiadas por la empresa pública del Concello de Pontevedra y desestimación de la misma

Un ciudadano solicitó al Concello de Pontevedra el acuerdo y los motivos por los cuales las visitas guiadas municipales se realizan solo a través de una empresa pública, excluyendo a privadas. El reclamante alegó que el Ayuntamiento daba excusas sin remitir el documento. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación al considerar que el Ayuntamiento ya facilitó la información pública disponible.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública ampara contenidos o documentos elaborados o adquiridos por la Administración en ejercicio de sus funciones.
2 La solicitud de acceso a un acuerdo específico para excluir a empresas privadas no es procedente ya que no existe tal acuerdo adoptado por el Ayuntamiento.
3 La normativa de transparencia no obliga a la Administración a proporcionar explicaciones o justificaciones subjetivas sobre por qué se impide una actividad, más allá de remitir la documentación existente.
4 Se considera que el Ayuntamiento cumplió con su obligación al remitir los estatutos de la sociedad mercantil, la memoria justificativa de su creación y el contrato menor de visitas guiadas de 2021.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 31 de agosto de2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de outubro de 2021, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 31 de agosto de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do Concello de Pontevedra do 2 de agosto de 2021, sobre a súa solicitude de información do acordo e o motivo que existe para que as visitas guiadas desde o Concello de Pontevedra que se fai de forma diaria se fagan unicamente a través dunha empresa pública deixando de lado ás empresas turísticas privadas. O reclamante manifesta que o Concello de Pontevedra está a darlle diferentes escusas, pero non lle remite información respecto do acordo que se estableceu para conceder as visitas ofertadas desde o Concello de Pontevedra. O reclamante quere ter acceso ao acordo polo cal o Concello de Pontevedra exclúe ás demais empresas privadas das visitas guiadas que se ofrecen desde o mesmo edificio do Concello . O escrito viña acompañado de copia da resolución impugnada e do DNI do reclamante. {+34) 9S 156 97 4J Rúa Jo Hórreo 1 65 15700, Santiago de Con:post~::da A Corutia ínfo;q>cc :11lsiondctranspar1:ncia.gal wwv.r_cc¡n1lsionds1transparcncia.gal Segundo. Con data 2 de setembro de 2021, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Pontevedra para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 23 de setembro de 2021 o Concello de Pontevedra contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. No dito informe, en resumo, faise constar que os Estatutos da sociedade mercantil Turismo de Pontevedra, S.A., foron aprobados con data do 30 de xaneiro de 2019, empresa que ten por obxecto a promoción, desenvolvemento e potenciación das actividades económicas e sociais que contribúan, directa ou indirectamente a impulsar o turismo no Concello. O informe contén unha detallada información de como se realizan as visitas guiadas por persoal do Concello e pola empresa Turismo de Pontevedra. Informa que a xestión do servizo, non está reservada ao Concello, nin se realiza en réxime de monopolio, sen que se impida de xeito algún que outras empresas turísticas realicen visitas á marxe do Concello, previa solicitude dos permisos ou títulos habilitantes que resulten oportunos. O Concello deu resposta á solicitude presentada polo reclamante o 21 de xuño de 2021 no que solicitaba o contrato coa empresa que realiza as visitas guiadas, comunicándolle que o Concello non ten contratada ningunha empresa de guías, remitíndolle para ese tipo de información, á empresa de Turismo de Pontevedra e informándolle que cando se realiza algunha visita guiada o servizo é prestado por unha funcionaria habilitada e autorizada. Respecto da solicitude do interesado de que se lle informe do acordo e o motivo que existe para que as visitas guiadas desde el Concello de Pontevedra, se fagan unicamente a través da empresa pública, deixando ás empresas turísticas privadas de lado, déuselle contestación mediante informe do 2 de agosto de 2021, do secretaria no que se lle comunica que de acordo coa normativa de réxime local e de contratación, os Concellos poden xestionar a prestación dos seus servizos mediante distintas posibilidades. Se lle informa que o Pleno do Concello de Pontevedra, aprobou en sesión do 30 de xaneiro de 2009 os estatutos e a memoria relativa aos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros da actividade económica ou servizo público de turismo e que foi publicado no Boletín oficial da Província de data 17 de febreiro de 2009, (da que lle remitiu ligazón á publicación) na que se atopa publicada a memoria xustificativa da creación da sociedade mercantil e os estatutos. A Empresa de turismo adiantou por correo electrónico ao solicitante con data do 10 de agosto de 2021, contestación a súa solicitude de información sobre o servizo de guías turísticas. Respecto da solicitude de información do acordo e motivo que existe para que as visitas guiadas do concello se fagan a través dunha empresa pública, resolveuse denegar o acceso á {+34! 98156 97 40 Rúa <lo Hórreo, 65 15700, S:.rntiago de Cornpost,~la A Corun11 ínfo:q)comisíondatr2nsparc0cia.gal WW'#.ccirn;siondatransparcncia.gat información, dado que o solicitado non constitúe información pública, pois non se pode encadrar na definición que o artigo 13 da Lei 19/2013 fai da información pública. Non obstante o anterior, facilitouse a información solicitada dos motivos. Así mesmo resólvese completar a admisión de acceso a información pública, en relación ao acordo para a xestión do servizo de turismo a través da sociedade mercantil Turismo de Pontevedra, SA, emitindo xunto coa resolución, copia do contrato menor efectuado por Turismo de Pontevedra, SA para a realización das visitas guiadas durante o ano 2021. Considera que tanto dende o Concello, como desde a entidade Turismo de Pontevedra, S.A., procedeuse a dar resposta de todas as solicitudes presentadas xunto coa información e documentación da que se dispón. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter Rúa Jn Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña ww'.'.'.corn(siondatrJnsparcnciJ.gJI potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. 1 11 Rúa 0:-i Hórreo, 65 15700, Santiago d<2: Con:postda A Coruña info:@comisíond<;transparencia,gal wwv,1.com !siond atra nspa rcncia. gal O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. O Concello de Pontevedra resolveu a solicitude de acceso á información con data do 2 de agosto de 2021, e o interesado presentou a reclamación con data do 31 do mesmo mes, polo que debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou do Concello de Pontevedra información sobre o acordo e o motivo que existe para que as visitas guiadas desde o Concello de Pontevedra se realicen a través dunha empresa pública, e o Concello, na resolución impugnada, da súa solicitude, lle da a informe solicitada mediante a comunicación do acordo do Pleno do Concello no que se acordou a creación da sociedade pública mercantil para o desenvolvemento da actividade de turismo, a súa ligazón ao Boletín Oficial no que foi obxecto de publicación e onde figuran os estatutos da dita sociedade e a memoria explicativa da súa creación, onde figuran os aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros da actividade de turismo. Como xa se fixo referencia no fundamento xurídico terceiro desta resolución, o dereito de acceso á información ampara o dereito ao acceso a contidos ou documentos elaborados ou adquiridos, neste caso polo Concello, en exercício das súas funcións. A información remitida polo concello, da resposta por tanto ao solicitado polo reclamante no que a información pública se refire. Non estaría amparado pola normativa de Transparencia, o que o interesado esta a solicitar na súa reclamación, que seria o acceso ao acordo polo cal o Concello exclúe ás demais empresas privadas das visitas guiadas, dado que, como se deduce do informe do Concello, non se adoptou acordo nese senso, nin estaría amparado pola normativa de Transparencia, que o Concello dea unha explicación ou xustificación de porqué se impide, como considera o reclamante, que outras empresas turísticas realicen visitas á marxe do Concello. Aínda que esta explicación non está amparada pola normativa de Transparencia, o Concello deulle contestación na súa resolución do 2 de agosto de 2021. De acordo co anterior, ao considerar que o Concello resolveu a solicitude de acceso á información de acordo coa normativa, procede a desestimación da reclamación presentada. J ••* ;, ••• ;@ :.. ., "' (• 34)9056 9740 Rúa Uo HórreoJ 65 15700, Santi;:igo de Compostela · ;'¡ t ransparer.cia ACoruna ~::; d · Galici2 e info@cr-misiond¿¡tr.Jns.parcnc1~.g.a1 En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único : Desestimar a reclamación presentada por on data do 2 de agosto de 2021, contra a Resolución do Concello de Pontevedra do 2 de agosto de 2021, da súa solicitude de información sobre as visitas guiadas pola empresa pública do Concello de Pontevedra. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2021.10.28 12:25:49 +02·00· María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.