Se solicitó al Concello de Abegondo el expediente sobre el cambio de trazado del Camino de Santiago. Ante el silencio administrativo, la interesada presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento terminó por emitir una resolución expresa y remitir documentación tras el inicio del procedimiento de reclamación.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue admitida al haberse interpuesto tras transcurrir el plazo de un mes desde la solicitud, conforme al artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2
El Concello de Abegondo, aunque inicialmente no resolvió, emitió una resolución expresa y remitió la documentación disponible una vez recibida la reclamación de la Comisión.
3
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la administración terminó por dictar resolución expresa tras la interposición del recurso contra el silencio administrativo.
4
Se advierte al Ayuntamiento que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 d1?
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 5 de outubro
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de novembro de 202 :l,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexist ro do
Valedor do Pobo o 5 de outubro de 2021, unha reclamación ao amparo do dispost o na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello
de Abegondo, ao expediente do cambio de trazado do Camiño de Santiago no dito Concello
A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa petición.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 15 de outubro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante á Concello de Abegondo para que, en cumprimento da normativa dEi
t ransparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A solicitude de informe foi recibida no Concello con data do 18 de outubro de 2021.
(+34) 9815$ 97 40
15700, Santiago de Compostela
A Corufla
ínfo:_qlcomisiond<"::transpt1rcnôa.ga( wi,.vv.•.comisiondatransparencia.gat
Terceiro. Con data do 3 de novembro de 2021, o Concello de Abegondo contesta á petición
remitindo oficio co que remite notificación do Decreto 451 de 26 de outubro de 2021, na que
se detalla a información relativa ao dito expediente, copia da alegación presentada polo
Concello de Abegondo á Xunta de Galicia ante o novo trazado do Camiño Inglés ao seu paso
por Abegondo, copia do informe técnico efectuado e enviado para o efecto, na dita alegación
e copia da resolución desestimatoria da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.
No citado Decreto, comunícase á interesada que para poder dar acceso á información
solicitada, debe acudir ao órgano que tramita o expediente (Dirección Xeral de Patrimonio),
dado que o Concello é simplemente interesado e afectado. O Concello lle remite á interesada
copia da alegación efectuada no procedemento de delimitación do Camiño de Santiago,
Camiño Inglés, que foi desestimada, remitíndolle copia da dita desestimación.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencía y Buen Gobíerno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
(+34) 9Sl 56 97 40 Rúa do Horreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info:~comisiondatransparcncia.gal www.cornlsiondatransparcncia.ga!
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as per;;oas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das ~,Úé s
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso ,i
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regula 1·
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seJ
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de b:i
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer corno séi
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo quEi
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecenV,!
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás.
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 2,1
da Lei 19/2013.
(+34) 98156 97 40 Rúa tio Hórreo, 65
15700, Santbgo de Compostela
A Coruña
ínfo11/comisíondatransparrncia.gnt WW'N.cornlsio:~datrJnspJrcncia.gal
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que a interesada presentou a súa reclamación ante a falla de resolución expresa unha
vez transcorrido o prazo dun mes dende a data da solicitude, de conformidade co disposto no
artigo 27.4 da Lei 1/2016, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou ao Concello de Abegondo acceso ao expediente do cambio de trazado
do Camiño de Santiago no dito Concello.
O Concello se ben inicialmente non resolveu a solicitude de acceso á información, ditou
resolución unha vez que a Comisión da Transparencia de Galicia lle remitiu a reclamación
presentada contra a desestimación por silencio administrativo, informándolle da identidade
do órgano que posúe a informe e remitíndolle a documentación que o Concello emitiu nese
expediente, na súa condición de interesado.
Dado que a reclamación ante esta Comisión se interpuxo contra a desestimación por silencio
administrativo da solicitude de acceso á información, e que tras a presentación da mesma o
Concello ditou resolución expresa, procede e estimación por motivos formais da reclamación
presentada.
Debe lembrarse ao Concello de Abegondo que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria
previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
e {• 34) 981 56 9740 Rúa do Hôfreo, 65
J.5700, Santiago de Compostela
ACorvña
e info-@comisiondtttanspa1·endt1.gal wi-..1J1.v.c.01n isiondatransp.lr<:ncia.ga!
ACORDA
Único: Estimación por motivos formais a reclamación presentada por
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello
de Abegondo, ao expediente do cambio de trazado do Camiño de Santiago no dito Concello
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous mese.;,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contenciosc,-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosc,-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2021.12.01 14:20:34 +01'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.