Estimada 25/01/2022 · 110 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso a la relación de propietarios de terrenos cinexéticos en Galicia

Se solicitó a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda la relación de propietarios de terrenos cinexéticos en Galicia. El solicitante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración respondió fuera de plazo, coincidiendo la respuesta con la interposición del recurso.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de una relación de propietarios, extensión y año de inicio de actividad de terrenos cinexéticos no constituye información ambiental según la Ley 27/2006.
2 No procede la aplicación de la normativa específica ambiental ni de la Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013, debiendo aplicarse la normativa general de transparencia.
3 Se basan los argumentos en la jurisprudencia del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno (resoluciones 246/2019, 489/2019 y 129/2020) para desestimar la naturaleza ambiental de los datos.
4 La reclamación es admisible ya que la resolución expresa de la Consellería se dictó el mismo día que el interesado presentó la reclamación ante la Comisión.
5 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la Administración no resolvió la solicitud dentro del plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada mediante escrito do 1 de outubro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Com isión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2022, adopta a segu inte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrit o con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de outubro de 2021 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da relación de propietarios de Tecores, terreos cinexético-deportivos e explotacións cinexéticas comerciais en Galicia, xunto coas hectáreas de cada un e o ano de comezo da actividade. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. . Segundo. Con data do 15 de outubro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Medio Am biente, Territorio e Vivenda para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. (+3-") 98156 97 40 Rúa do Hórreo) 65 15700, Santiago de Compost~~la ACoruña info@comisíondztransparencia.gat WW\N.com!siondatranspatcncia,gal Terceiro. Con data do 21 de outubro de 2021 a Consellería contesta á petición remitindo copia do expediente e informe sobre a reclamación presentada. A Consellería fai constar que de acordo co informe da xefe de servizo de Caza e Pesca Fluvial do 4 de outubro de 2021, do que remite copia, a solicitude foi admitida e respondida por Resolución da Dirección Xeral Patrimonio Natural do 7 de outubro de 2021, pola que se admite a solicitude de información ambiental e se da traslado da información. No informe faise constar que se trata dunha solicitude de información ambiental, conforme ao disposto no artigo 2.3 da Lei 27 /2006, de 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, polo que considera que de conformidade á Disposición adicional primeira da Lei 19/2013 de transparencia, debe tramitarse pola súa normativa específica. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa (+34) 9Sl 56 97 40 Rúa do Hórreo! 6~ 15700, Santiago de Corn postela A Coruña info~@comisíonditransparC>ncia.ga'. ww;.~.,_ccm1isiond.atranspan:ncia.gal tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. {+34j9El563740 Rúa tlo Hórreoi 65 15700, Santiago de Compostela A Coruñ.:i ínfo'.,<1/comisíond.:::transparencia.ga\ ww·cl;,cornisiondatransparcnda.gal Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Consellería non resolveu a solicitude presentada en prazo, senón que ditou resolución expresa con data do 7 de outubro de 2021, o mesmo día no que o interesado presentou a reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma . Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a relación de propietarios de Tecores, terreos cinexético-deportivos e explotacións cinexéticas comerciais en Galicia, xunto coas hectáreas de cada un e o ano de comezo da actividade. A Consellería, se ben non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que a Lei establece, ditou resolución expresa con posterioridade, na que concede o acceso á información solicitada e se lle remite a información solicitada. Entrando na análise da información solicitada, esta Comisión non pode compartir a consideración da Consellería de que a información solicitada é información ambiental, non procedendo por tanto a aplicación da Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, que establece que nos casos de que a materia teña previsto un réxime específico de acceso á información, debe aplicarse a súa normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de transparencia. A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións. e (+34) 9S1559740 J Rua da Hó1reo, 65 15700, !.>ntiago de Corr.p.,.tcla ''e t,-,:inspar 0 r tl A Coruña ,~" Galída ) 1nfo@comi5iond~tr.;¡1isp-arenôc1.:;cil $ WW\\'.comlsiondattJnspc:ircncia.g4ll Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Di rectivas Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas se ntencias do Tribu nal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información medioam bienta l abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do medio ambiente, debendo ser interpret ada a directiva no senso de que no concepto de medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a autoridade pública, debendo incluírse t odas as formas de exercicio de actividade administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se conside re que versa sobre med io ambiente a efectos da Directiva, bast a que un informe da Administración constituíse un act o que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio am biente aos que se retire a Directiva. No presente caso, est ase a solicitar o acceso a unha relación de propietarios, extensión e ano de comezo da actividade de terreos cinexeticamente ordenados, polo que en liña coas resolucións do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno 246/2019 de 26 de xuño, 489/2019, do 16 de outubro e 129/2020, do 19 de xuño, non se pode considerar que se t rate de información relativa ao esta do, actividades ou medidas que que poidan afectar ou protexer o estado dos elementos do medio am biente. De acordo co anterior, considérase que se debe aplicar a normativa xeral en materia de acceso á información e non a normativa am biental. Se ben a Consellería non resolveu a solicitude presentada no prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, ditou resolución expresa dando acceso á información solicitada na mesma data na que o interesado presentou a reclamación ante esta Comisión, polo que procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, sen prexuízo de que se a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ant e esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poida n ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por con data 7 de outubro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da relación de propieta rios de Tecores, t erreos cinexético-deportivos e explotacións cinexéticas comerciais en Galicia, xunto coas hectáreas de cada un e o ano de comezo da actividade. (+34) 9Sl 56 97 40 Rúa do Hórreo) 65 15700, Santiago de Compostela ACorwla ,, info/Vcomisiondztransparcncia.ga; wwi.v.corni.siondatransparcncia.gat Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2022.01.26 13:53:59 +Ol '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.