El solicitante reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia por el silencio administrativo del Concello da Coruña respecto al acceso a un expediente de licencia. El organismo desestimó la reclamación porque el Ayuntamiento sí había concedido el acceso a través de su sede electrónica, aunque el interesado no descargó los documentos en el plazo previsto.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se admitió a trámite considerando que fue presentada en plazo, computando desde la expiración del envío electrónico de la información el 6 de octubre de 2021.
2
No se produjo el silencio administrativo alegado, ya que el Concello da Coruña autorizó el acceso a la información el 20 de septiembre de 2021 y la puso a disposición el día 21 del mismo mes.
3
La falta de descarga de la documentación por parte del interesado en la plataforma AIVAI, a pesar de los avisos recibidos, no constituye una denegación de acceso por parte de la Administración.
4
La resolución desestima la reclamación al comprobarse que existió una resolución expresa favorable, invalidando así el presupuesto de desestimación presunta.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 4 de
novembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Com isión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de
xaneiro de 2022, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro.- presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 4 de novembro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a desestimación por silencio administ rativo da súa solicitude de acceso ante o Concello
da Coruña, de acceso ao expediente de licenza 621/2019/1083.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 12 de novembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello da Coruña para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A solicitude foi recibida polo Concello con data do 15 de novembro de 2021.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Cornpo.-;t,~!3
ACoruña
info@comisiondatransparc()cla.gal wW'·N.comlsiondatranspan::ncia.gal
Terceiro. Con data do 14 de decembro de 2021, o Concello da Coruña remite informe sobre a
reclamación presentada.
No informe faise constar que o interesado solicitou con data do 15 de setembro de 2021 por
correo electrónico acceso á licenza de obras dun soar preto do seu edificio. Con data do 20 de
setembro de 2021 autorizouse o acceso á información solicitada, poñéndose a disposición do
solicitante a mesma o 21 de setembro de 2021, a través da Plataforma do Concello da Coruña
AIVAI, enviándolle aviso da súa disposición ao correo facilitado polo solicitante.
O interesado non descargou o documento en prazo, expirando o dito envío o 6 de outubro de
2021, a pesar dos diferentes avisos enviados para a súa recollida.
Con data do 27 de setembro de 2021 o interesado presenta escrito no que solicita acceso ao
expediente. Tras conversas telefónicas co interesado, con data do 19 de novembro de 2021,
ponse novamente a súa disposición a documentación solicitada a través da plataforma do
Concello, accedendo no mesmo día o interesado á mesma.
Non existe por tanto denegación de acceso ao expediente, senón que o interesado non
accedeu á información que se lle facilitou en forma e prazo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, rnn carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo 1 65
15700, Santi-Jgo de Cornposr~!a
A Coruri?J
ínfo~@comisíondt;transparcncia.ga\ WW\A/.corn!siondatranspJrcnda.gal
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
_,
'.)
(+34) 98156 97 40 Rúa do Horreo 1 65
15700, Santiago de Compostela
A Conina
WW'N.cornislondatransparcncia.gal
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
No presente caso, o Concello puxo a disposición a resolución pola que se lle concede acceso á
información solicitada con data do 21 de setembro de 2021, se ben este non accedeu á mesma
sen que conste o motivo do non acceso, expirando o dito envío o 6 de outubro de 2021, prazo
dende o que debe computarse o prazo dun mes, polo que ao ter interposta a reclamación con
data do 4 de novembro de 2021, aínda que contra unha desestimación presunta que non se
produciu, debe considerarse presentada en prazo, e por tanto admitirse.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou o acceso a un expediente de licenza, e ao non ter constancia da súa
resolución, por non ter accedido á sede electrónica do Concello, presentou reclamación
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude. Pero tal e como informa
o Concello, tal silencio non se produciu, dado que a solicitude se presentou o 15 de setembro
de 2021, e con data do 20 de setembro de 2021 autorizouse o acceso á información solicitada,
poñéndose á súa disposición o 21 de setembro de 2021, a través da sede electrónica do
Concello.
Ao non descargar o interesado o documento en prazo, expirou o dito envío o 6 de outubro de
2021, segundo informa o Concello, a pesar dos diferentes avisos enviados para a súa recollida.
Se ben con posterioridade o Concello volveu a poñer a disposición do interesado a
documentación solicitada, procede a desestimación da reclamación presentada contra a
~ (+34j981559740 Rúe do Hórreo, €5
15700; SanHvgo de Compostda
ACoruñ~
e iofo@comisiond¿;tran5varcnciJ .gai ww..... comlsiondJt.ransparenCfa.t;,JI
desestimación por silencio administrativo da solicitude, ao non terse producido este, e se
prexuízo de que o interesado poida presentar recla mación ante a resolución expresa ditada
polo Concello, en caso de desconformidade coa información remitida.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por contra a
desestimación por silencio administrat ivo da súa sol icitude de acceso a un expediente de
licencia presentada ante o Concello da Coruña.
Contra esta resolución que pon f in á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sa la do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2022.01.26 13:53:34 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.