Se solicitó a la Consellería de Medio Rural información sobre la capacidad máxima de explotaciones ganaderas (2016 y 2021). La interesada alegó que la información remitida estaba incompleta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración omitió datos existentes sobre explotaciones porcinas y posteriormente los remitió.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos ya existentes y disponibles en poder del organismo en el momento de la solicitud.
2
Cuando la información solicitada no existe porque no se ha elaborado o no es posible hacerlo, el sujeto obligado cumple con informar claramente al solicitante sobre dicha inexistencia.
3
Se considera correcta la denegación de datos de capacidad máxima para bovinos, pequeños rumiantes y apicultura al no existir normativa sectorial que defina tales datos en el Registro General de Explotaciones Ganaderas.
4
La reclamación se estima por motivos formales debido a que la Consellería admitió que la información sobre capacidades máximas de explotaciones porcinas sí existía y no había sido facilitada inicialmente.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do
22 de novembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de
xaneiro de 2022, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 22 de novembro de 2021 , unha reclamación ao amparo do
disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra
a Resolución do 20 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e
lndustrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural, pola que se lle concede acceso á
información pública presentada sobre determinados datos de explotacións gandeiras de
Galicia nos anos 2016 e 2021.
A reclamante indicaba que solicitou determinada información sobre as explotacións gandeiras
de produción e reprodución que constaban no r,existro de explotacións gandeiras de Galicia o
1 de xullo de 2016 e o 1 de xullo de 2021.
Na información que lle foi remitida coa resolución estimatoria, se lle remiten arquivos en excel
nos que figura a información solicitada agás as r eferentes á apicultura (capacidade máxima),
bovino (capacidade máxima, data de actualización do censo), équidos (capacidade máxima),
pequenos rumiantes (capacidade máxima, data de actualización do censo) e porcino
(capacidade máxima).
(t34) 98156 97 40 Rua do Hóm.'.o, 65
l.S700. Sant1.12,o de Compostela
/\ Coruña
Considera que os datos que non se lle remitiron son clave, xa que coñecer a capacidade
máxima das explotacións é importante para contextualizar o dato do censo que teñen nun
momento dado, pois non sempre unha explotación funciona á súa máxima capacidade e que
en porcino e avicultura se indique se as explotacións son de autoconsumo ou reducidas axuda
á interpretación dos datos, pero non satisfai de forma completa a necesidade mencionada
anteriormente. Indica que nas aclaracións do correo electrónico non explican por que non se
achega o dato de capacidade máxima mentres que si o fan noutros casos.
Respecto do censo de bovino e pequenos rumiantes parece expresarse como animais
presentes, pero non se inclúe unha data para este dato máis aló da do arquivo (1 de xullo de
2016 ou 1 de xullo de 2021) e dado que os censos son cambiantes, é esencial localizar no
tempo o grao de ocupación que tiña cada explotación.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 29 de novembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 9 de decembro de 2021.
Terceiro. Con data do 12 de xaneiro de 2022 a Consellería de Medio Rural contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a capacidade máxima autorizada nas explotacións,
que se corresponde co número máximo de animais que pode albergar unha explotación dunha
especie concreta, ven definida en función da lexislación vixente para a especie en cuestión e
no caso das explotacións de gando bovino e de pequenos rumiantes non existe ningunha
normativa sectorial, polo que non están definidas, nin se contempla esta información no
Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.
No caso das explotacións de équidos, a normativa sectorial, define unicamente as
explotacións de pequena capacidade (máximo de 5 unidades de gando maior e 10 de abasto),
non contemplando capacidades máximas para o resto das explotacións, polo que no Rexistro
de Explotacións Gandeiras Equinas figura a información daquelas explotacións que son de
capacidade reducida, pero non as capacidades máximas autorizadas das restantes
explotacións.
No caso das explotacións apícolas, na normativa sectorial non se definen como tal as
capacidades máximas, (salvo para as de autoconsumo), aínda que si están definidas as
capacidades produtivas.
; ,34) 98156 97 40 Rua do Hórreo. 6~
l.G700, Santiago de Compostela
ir I fo\Wcon 11<:.i o 11d at r i:1 n;;pc1 re 'KÍô ,ga, www. t o rni~ iond ~1t rr1r1~ par er ,e ia. gd l
No caso das explotacións porcinas, no Rexistro de Explotacións Gandeiras si que se contempla
tanto a clasificación segundo a capacidade produtiva, como as capacidades máximas
autorizadas, comprobándose que esta información non foi facilitada á persoa interesada.
Respecto dos censos das explotacións bovinas e de pequenos ruminantes facilitados á persoa
interesada refírense aos existentes nas correspondentes explotacións nas datas para as que
esta solicitou a información segundo os respectivos arquivos remitidos.
De acordo co anterior, con data do 3 de xaneiro de 2022 remitiuse por correo electrónico á
persoa interesada a relación de explotacións equinas, nas datas solicitadas, coa indicación
das que son de pequena capacidade, a relación de explotacións apícolas, coa indicación das
capacidades produtivas en función de se son explotacións de autoconsumo, profesionais, e
non profesionais, a relación de explotacións porcinas, nas datas solicitadas, coa indicación das
capacidades máximas autorizadas e unha explicación das circunstancias sinaladas neste
informe.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
( i 3ii; 98156 97 iio Rua do Hórreo, 65
15700, s,1nt1,1go de Compostel.1
A Coruña
www. com isio ncJ a l rd n~pc1 renc i;;1. gd l
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
(+34) 98156 9710 RUa do Hóm.1 0, 65
15700. Santiago de Compostela
/\ Coruña
i11fo(2<.orni~io•1ddtt an~p;:1renz:ia.g¡.¡ www. t o rn i-:-;ion d atran~ par e: icia. ga 1
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, á interesada notificóuselle a resolución con
data do 26 de Outubro de 2021 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
con data do 22 de novembro de 2021, debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada presentou unha solicitude de acceso á información ante a Consellería de Medio
Rural que non foi respondidas en prazo, presentando reclamación ante esta Comisión pola
desestimación por silencio administrativo (expediente RSCTG 171/2021), que se resolveu
estimando a reclamación por motivos formais ao ditarse e notificarse resolución sobre o
acceso con posterioridade á presentación da reclamación. Iso non impide que a interesada
puidese, como así fixo, presentar reclamación contra a resolución expresa da súa solicitude,
por considerar que a información que se lle remitiu, non estaba completa. Deste xeito,
considera que faltan arquivos referidos á apicultura, bovino, équidos, pequenos rumiantes e
porcino.
No informe remitido pola Consellería de Medio Rural, faise constar que a capacidade máxima
autorizada nas explotacións vén definida en función da lexislación aplicable a cada especie e
sinala que para bovino, pequenos ruminantes e explotacións apícolas non existe, polo que
non se contempla esta información no Rexistro de Explotacións Gandeiras.
De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e
dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce
a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercido das súas
competencias.
No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou
unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose obrigatorio
facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou ben simplemente porque non é necesario
ou non é posible elabora la porque non se dan as circunstancias para facelo, o suxeito obrigado
cumpre, indicando ao solicitante con claridade, que a información solicitada non existe. De
.t-...,. Rua do Hor·,eo. 65
IS700. Saflt1a&0 de Compc>\lcla
ACom"a
Ñ
..... iufu(Wc.omisio11d a11ttnltpilrt>11<:i~.gal
acordo co anterior, considérase axeitada a resposta dada pola Consellería de Medio Rural
respecto da dita información.
No referente ás explotacións porcinas, a información referente á capacidade produtiva e
capacidades máximas autorizadas si existe, polo que ao comprobar a Consellería que a dita
información non fora faci litada á persoa interesada, remitíuselle con data do 3 de xaneiro de
2022 a relación de explotacións equinas, apícolas, e porcinas e unha explicación das
circunstancias sinaladas no seu informe, polo que procede a estimación da presente
reclamación por motivos formais.
En base aos feitos e fundament os de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por
- con data do 22 de novembro de 2021, contra a Resolución do 20 de novembro de
2021, da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e lndustrias Agroalimentarias da Consellería
de Medio Rural, pola que se lle concede acceso á información pública presentada sobre
determinados datas de explotacións ga ndeiras de Galicia nos anos 2016 e 2021.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
admin istrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digital mente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2022.01.26 13:57:1 O +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
1,