Se solicitó a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda el acceso a mapas y datos de cotos y reservas de caza. El solicitante alegó falta de respuesta administrativa. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración no resolvió en plazo, aunque posteriormente facilitó la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión desestima que la información solicitada sea de naturaleza ambiental, rechazando la aplicación de la Ley 27/2006 y determinando que debe aplicarse la normativa general de transparencia.
2
Se establece que el acceso a mapas de cotos y reservas de caza no constituye información relativa al estado, actividades o medidas que afecten o protejan los elementos del medio ambiente.
3
Se fundamenta la decisión en la jurisprudencia del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno (resoluciones 246/2019, 489/2019 y 129/2020) para excluir la calificación de información ambiental.
4
La reclamación se estima por motivos formales debido a que la Consellería no resolvió la solicitud dentro del plazo establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada mediante escrito do 23 de outubro
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 23 de novembro de 2021, reclamación contra a falla de contestación á
súa solicitude presentada ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de
acceso ao mapa cos tecores, reservas de caza, terreos cinexético -deportivos, explotacións
cinexéticas comerciais e áreas libres de caza en Ga licia, xunto cunha list axe das hectá reas de
cada unha das entidades e as coordenadas referidas no mapa.
O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude, senón unicamente un oficio
do 4 de outubro de 2021, do Xefe do Servizo de Caza e Pesca Fluvial da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda polo que se comunica a ampliación do prazo para resolver a
súa solicitude de acceso ao acceso aos mapas e información ambiental solicitada.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 29 de novembro de 2021, déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que,
(t-34\ 9815697 40 Rua do Horreo, 65
15700, SJ":tíago de Compostela
nc A Co'ur'1a
info@com isiond.:nranspJ re nci a. ga ! www co:nisiondatrJnspa1encia.gal
en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 23 de decembro de 2021, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio
e Vivenda contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que que con data do 4 de outubro de 2021, comunícaselle
ao interesado a ampliación do prazo para a resolución da súa solicitude de información
ambiental por un mes máis, de acordo co establecido no artigo 10.2.c.2 da Lei 27 /2006, do 18
de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e
de acceso á xustiza en materia de ambiente e con data do 3 de decembro de 2021, notifícase
ao interesado a resolución da súa solicitude de acceso á información ambiental coa que se lle
achega a información solicitada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
" ( ,34, 98156 97 40 Rua do Horreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A CO'U"ª
info01com,siondatrJnsparencia.gal www. com isl on dJtra nspa ren eia .gal
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acceso ao mapa
cos tecores, reservas de caza, terreos cinexética ~deportivos, explotacións cinexéticas
comerciais e áreas libres de caza en Galicia, xunto cunha listaxe das hectáreas de cada unha
das entidades e as coordenadas referidas no mapa.
A Consellería remitiulle oficio do 4 de outubro de 2021, do Xefe do Servizo de Caza e Pesca
Fluvial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda polo que se comunica a
(t34)9815G9740 Rua do Horreo, 65
15700, Sa· t,ag0 de Composte!J
ínfo1_g;com Isiond Jtra nsparenc ia_ ga: e wv1w_comisiondc1transpa•encia_gal
ampliación do prazo para resolver a súa solicitude de acceso, de acordo co establecido na Lei
27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio
ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente.
Entrando na análise da información solicitada, esta Comisión non pode compartir a
consideración da Consellería de que a información solicitada é información ambiental, non
procedendo por tanto a aplicación da Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, que
establece que nos casos de que a materia teña previsto un réxime específico de acceso á
información, debe aplicarse a súa normativa específica, e supletoriamente, no non previsto,
pola normativa en materia de transparencia.
A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha
regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información
ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os
dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de
medio ambiente.
O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita,
visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos
elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como
substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio
ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como
políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes
sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas,
condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións.
Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27 /2006, e nas Directivas
Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas
sentencias Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información
medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos
do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos
devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do
medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de
medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a
autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de actividade
administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa
sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración
constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio
ambiente aos que se retire a Directiva.
,..
.,,1• ,"r,,•,·.¡--,
'·" '; .. , ..,, 1 .
')•.,. '··
,;::: transparencía
o RUd do Ho1-reo~ 6$
! 5700, Sdrittago de Con1postN.'.l
ACofuñJ
'!:: de Gali cia (;} info@com1siondatranspar~nci.,).ga! • www.comi~iondz.tran~pa~enci3.ga 1
No presente caso, estase a solicitar o acceso ao mapa dos tecores, xunto cunha listaxe das
hectáreas de cada unha das entidades e as coordenadas referidas no mapa, polo que en liña
coas resolucións do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno 246/2019 de 26 de xuño,
489/2019, do 16 de outubro e 129/2020, do 19 d,e xuño, non se pode considerar que se trate
de información relativa ao estado, actividades ou medidas que que poidan afectar ou protexer
o estado dos elementos do medio ambiente . De acordo co anterior, considérase que se debe
aplicar a normativa xeral en materia de acceso á información e non a normativa ambiental.
Se ben a Consellería non resolveu a solicitude presentada no prazo que establece o artigo 27.4
da Lei 1/2016, ditou resolución expresa dando acceso á información solicitada con data do 3
de decembro de 2021, polo que procede a estimación por motivos formais da reclamación
presentada, sen prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar
reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da
mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que
corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por con
data 23 de novembro de 2021, contra a falla de resolución da súa solicitude á Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de acceso ao mapa cos tecores, reservas de caza,
terreos cinexético -deportivos, explotacións cinexéticas comerciais e áreas libres de caza en
Galicia.
Contra esta resolución que pon fin á vía admin istrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2022.01.27 09:04:30 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.