Estimada 25/01/2022 · 63 días en resolverse

Reclamación por falta de respuesta sobre el listado de batidas de caza autorizadas en 2020 y 2021 y estimación formal de la misma

El solicitante pidió a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda el listado de batidas de caza 2020-2021. Alegó falta de respuesta administrativa. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la Administración no resolvió en el plazo legal, aunque posteriormente facilitó parte de la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión determina que el listado de batidas de caza no constituye información ambiental según la Ley 27/2006, por lo que debe aplicarse la normativa general de transparencia y no la específica de medio ambiente.
2 Se establece que para que la información sea ambiental debe versar sobre el estado de elementos del medio ambiente o medidas que los afecten o protejan, criterio respaldado por la jurisprudencia del Tribunal de Justicia de las Comunidades Europeas.
3 Se cita la doctrina del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno (resoluciones 246/2019, 489/2019 y 129/2020) para reforzar la aplicación de la normativa general de acceso a la información en este caso.
4 La reclamación se estima por motivos formales debido a que la Consellería no resolvió la solicitud dentro del plazo establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada mediante escrito do 23 de outubro de 2021, e considerando os antecedent es e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2022, adopta a seguinte resolución : ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 23 de novembro de 2021, reclamación contra a falla de contestación á súa solicitude presentada ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de acceso ao listaxe de batidas de caza autorizadas en 2020 e 2021, con indicación do lugar, data e especies. O reclamant e ind icaba que non obtivo resposta á súa solicitude, senón unicament e un oficio do 4 de outubro de 2021, do Xefe do Servizo de Caza e Pesca Fluvial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda polo que se comunica a ampliación do prazo para resolver a súa solicitude de acceso ao listaxe de batidas de caza autorizadas en 2020 e 2021, con ind icación do lugar, data e espedes. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. (+34,< 9815697 40 RJa do Horreo, 65 15700, S,Jf1t1ago de Compo::i.tdd i nfoipcom i sio nd atrJ nspa re nci J. gJ ! www _com ¡siond at rJ n spa rencí a.gal Segundo. Con data do 29 de novembro de 2021, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 23 de decembro de 2021, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 23 de setembro de 2021 comunícaselle ao interesado, a ampliación do prazo para a resolución da súa solicitude de información ambiental por un mes máis, de acordo co establecido no artigo 10.2.c.2 da Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente. E con data do 27 de outubro de 2021, notifícase ao interesado a resolución da súa solicitude, coa que se lle traslada a listaxe das 16.033 cazarías da modalidade batida realizadas na tempada 2020-2021, con indicación do terreo cinexético afectado para as especies xabarín, corzo e cervo, que son as espedes de caza maior coas que se practicou esta modalidade. Non é posible facilitar a data de cada unha das 16.033 batidas, xa que os informes resumo da base de datas de actividade cinexética non conteñen ese dato e extraelo de forma manual requiriría un tratamento que obrigaría a paralizar o resto da xestión dos servizos obrigados a subministrar a información ambiental, impedindo a atención xusta e equitativa do seu traballo e servizo público que teñen encomendado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión ~ (+34 98156 97 40 Rua do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela ren A Coruña IJ e [email protected] www .com i si o nd atranspa rencia .ga 1 da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. '9 /•34 981569740 Rua do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coru'la in fo@com !sio nd atra nspJ re ncí a. ga! www comisiondatranspar·encia.gal Cuarto. Análise do expediente O interesado solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Reclamación acceso ao listaxe de batidas de caza autorizadas en 2020 e 2021, con indicación do lugar, data e especies. A Consellería lle remitiu oficio do 4 de outubro de 2021, do Xefe do Servizo de Caza e Pesca Fluvial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda polo que se comunica a ampliación do prazo para resolver a súa solicitude de acceso, de acordo co establecido na Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente. Entrando na análise da información solicitada, esta Comisión non pode compartir a consideración da Consellería de que a información solicitada é información ambiental, non procedendo por tanto a aplicación da Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, que establece que nos casos de que a materia teña previsto un réxime específico de acceso á información, debe aplicarse a súa normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de transparencia. A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información ambiental, que se atopa regulada na Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas, condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións. Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27 /2006, e nas Directivas Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas sentencias Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de ~ (·•34) 98 156 97 40 (:) Rúa do Hó,reo, 65 15700, Santfogo d t> Compostela ACoruña Ô inío-@corni~io,, catraospa,encía.g.J! medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercício de actividade administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio ambiente aos que se refire a Directiva . No presente caso, estase a solicitar o acceso ao listaxe de batidas de caza autorizadas, que non se pode considerar que se trate de información relativa ao estado, actividades ou medidas que que poidan afectar ou protexer o estado dos elementos do medio ambiente. De acordo co anterior, e en liña coas resolucións do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno 246/2019 de 26 de xuño, 489/2019, do 16 de outubro e 129/2020, do 19 de xuño, considérase que se debe aplicar a normativa xera l en materia de acceso á información e non a normativa ambiental. Se ben a Consellería non resolveu a solicitude presentada no prazo que establece o artigo 27.4 da lei 1/2016, ditou resolución expresa dando acceso á información solicitada con data do 23 de decembro de 2021, polo que procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, sen prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por con data 23 de novembro de 2021, contra a falla de resolución da súa solicitude á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de acceso ao listaxe de batidas de caza autorizadas. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Gal icia, de conformidade co previsto no ~ :•34)981569740 Rua do Horreo, 65 15700, Sant,agç de Compostela in fo@corn isiond atrJ n spar enc iJ, gal wv•.'w .cain isi on datra r,spa "€ nc iJ .gJ l artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.01.27 09:04:45 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.