Estimada 25/01/2022 · 49 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Vigo para acceder a un expediente administrativo, estimada por la Comisión da Transparencia de Galicia

Se solicitó al Concello de Vigo el acceso a una copia de un expediente administrativo. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), el interesado presentó una reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento responder a la solicitud en un plazo de 10 días hábiles, ya que se trata de información pública.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible al haberse interpuesto tras producirse los efectos del silencio administrativo, conforme a la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno.
2 La información solicitada se considera pública al ser un expediente elaborado o adquirido por el Ayuntamiento en el ejercicio de sus funciones.
3 El Concello de Vigo incumplió su obligación de colaborar al no remitir el informe ni la copia del expediente solicitados por la Comisión da Transparencia durante la tramitación.
4 El acceso a la información debe respetar los límites legales de los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013, procediendo a la disociación de datos personales si fuera necesario.
5 Se advierte al Ayuntamiento que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el régimen disciplinario.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a recla mación presentada por en representación de mediante escrito do 7 de decembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2022, adopta a seguinte resolución : ANTECEDENTES Primeiro. en representación de presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de decembro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o Concello de Vigo, de acceso a copia do expediente - O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 13 de decembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. ,+34) 98156 97 40 f~ua do Hórreo, 65 15700, Santiago dt? Compostela /\ Coruña WWW.lOrllÍ'é,ÍOnJ<1trr1rl'.::,[Jdfer1ci.:1.gdl A recepción da solicitude pola administración foi o 14 de decembro de 2021, sen que por parte do Concello se remitise a copia do expediente e o informe solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas ¡t-34,\ 98156 97 40 í<u,1 do Hórreo. 6S 15700, Santiago de Compostela ii 1fuc:i:con11'::,Í(,.1•1d dtr d I i·,,p<1rl:''H. id.f;<l: funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e í f34) 981 56 97 40 Rúa do Hóm~o. 65 Eí700. Santiago de Compostela A Coruña inf o(Xrn m h:ilrnd ~~ tr d rr.:ipa re 'K ic1. ga: reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que segundo consta no expediente remitido, o Concello non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo previsto no artigo 20 da Lei 19/2013, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou ao Concello de Vigo, copia dun expediente concreto, que identifica co seu número de referencia. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. Considérase que a información solicitada é información pública, por tratarse do acceso a un expediente do Concello, identificado coa súa numeración polo reclamante, e por tanto, trátase de documentación elaborada ou adquirida polo Concello no exercicio das súas funcións, polo que debe este resolver expresamente sobre a solicitude de acceso. Da documentación remitida polo reclamante, parece deducirse que o reclamante pode ter a condición de interesado nun expediente administrativo en curso, polo que de ser así, sería de aplicación a normativa que rexe ese procedemento, de acordo coa disposición adicional primeira 3. da Lei 19/2013. Noutro caso, debe darse audiencia se procede, aos terceiros que podan resultar afectados pola resolución que se dite, de conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, e previo exame de si a información solicitada esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en cuxo caso deberá, de forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei). A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse ao Concello de Vigo que, consonte o disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de f[) RI);) do Hórreo, 65 J5700. s.,ntiago de Compostela A Coruña infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na correspondente normativa reguladora. Asi mesmo, debe lembrarse ao Concello de Vigo, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes que se lle requ iran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en representación de con data do 7 de decembro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o Concello de Vigo, de acceso a copia do expediente- Segundo: Instar a Concello de Vigo, a que, de acordo co fundamento xurídico quinto desta resolución, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Concello de Vigo , a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- admin istrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- admin istrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.01.26 14:01 :33 +01 '00' María Dolores Fernández Ga liño Presidenta da Comisión da Transparencia.