Se solicitó a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda información detallada sobre los vertederos de Sogama. El reclamante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por falta de competencia, ya que la información es de naturaleza medioambiental y debe tramitarse según la Ley 27/2006.
Puntos clave de la argumentación
1
La información solicitada sobre vertederos, capacidades y superficies tiene carácter medioambiental según la definición del artículo 2 de la Ley 27/2006.
2
La Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013 establece que las materias con régimen jurídico específico, como la información ambiental, deben tramitarse por su normativa propia.
3
La normativa de transparencia general tiene un carácter supletorio frente a la regulación específica de acceso a la información medioambiental.
4
El concepto de información ambiental es amplio y abarca cualquier actividad administrativa que pueda afectar o proteger el estado de los elementos del medio ambiente.
5
La Comisión da Transparencia carece de competencia para resolver la reclamación debido a que el objeto de la solicitud se rige por el procedimiento de recurso de la Ley 27/2006.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada mediante escrito do 16 de decembro
de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2022,
adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 16 de decembro de 2021, reclamación contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda, á listaxe de todos os lugares utilizados por Sogama para verteduras, incluíndo a
capacidade estimada da instalación, a capacidade utilizada, a superficie, as porcentaxes de
verteduras, o ano de apertura, e ano estimado de enchido das instalación e se o xestiona unha
empresa subcontratada.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 20 de decembro de 2021, déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que,
en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e
ordenada do expediente.
(+34} 98156 97 4C Rua do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
www.torn i ~io nd a t r;;1 n:, pi:!¡ er 1<.: ia. g<:1 l
A recepción da solicitude pola administración foi o 22 de decembro de 2021.
Terceiro. Con data do 14 de xaneiro de 2022, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda contesta a petición remitindo copia do expediente de acceso á información e informe
elaborado polo Secretario Xeral de Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A (SOGAMA).
No informe faise constar que a solicitude do interesado presentouse a través do formulario
do procedemento PRlO0A relativo a cuestións de transparencia no marco da Lei 19/2013, e
que se considera que as cuestións formuladas, algunhas das cales son reiterativas, trátanse
de solicitudes de información ambiental, polo que, de conformidade coa Disposición adicional
primeira, punto 2 da Lei 19/2013, deben tramitarse pola súa normativa específica, Lei
27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio
ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, tanto no
procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso.
Informa que tanto na páxina web de Sogama, como na propia da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda, pódense atopar a meirande parte das respostas as cuestión
formuladas, a pesares do cal, elaborouse unha contestación conxunta ás solicitudes do
interesado, que lle foi remitida con data do 13 de xaneiro de 2022.
Na contestación, informa da infraestrutura industrial que xestiona SOGAMA (plantas de
transferencia existentes e a súa distribución, vertedoiro de resíduos non perigosos e planta
de compostaxe industrial), da estrutura do Complexo cercedense (planta de clasificación de
envases lixeiros, planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, planta de
recuperación de materiais contidos no lixo en masa, planta de coxeración e planta
termoeléctrica ligada a unha subestación de distribución de electricidade).
Informa que Sogama non ten previsto pór en marcha instalacións de vertedura, senón unha
rede industrial de infraestruturas para facilitar que os concellos teñan acceso á valorización
da materia orgánica, contando a empresa pública unicamente cun vertedoiro de residuos non
perigosos. As previsións de crecemento nos próximos anos de dito vertedoiro e dos
vertedoiros de escouras e de cinzas son públicas e figuran na plataforma de contratos de
Galicia (do que indica os seus links de acceso).
Respecto dos datos sobre as cantidades anuais de lixo procesadas, vertidas e separadas para
enviar aos recicladores dende a data da creación da sociedade, e dado que Soga ma foi creada
no ano 1992, non se dispón de datos automatizados en bases de datos de antes do ano 2008,
e a recompilación de datos acarrearía un traballo desmesurado ao que a empresa pública non
pode dedicar recursos humanos nestes intres, centrados noutras tarefas urxentes, polo que
remite datos referentes á evolución anual segundo os datos procesados desde 2008, que
considera que proporcionan unha visión nítida de conxunto e contesta amplamente a
i' ,4.' 981 56 97 40 Ru¡1 do Hórreo. 65
15700, Sant:ago cle Cornpostrla
/\ Cortir1o
irifo(2cor111<_;ÍOl\dat1 .:111•::,p<irt:>rK Íi:.l.ga'.
información solicitada (entradas envases lixeiros, depósito directo no vertedoiro de residuos
non perigosos, porcentaxe de vertido directo sobre o total de bolsa negra recepcionada,
porcentaxes de reciclado, valorización enerxética, vertedoiro {directo e rexeitamentos) e
compost).
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
(+34) 98156 97 40 Rua do Hórreo. 65
15700. S,1nt1,3go de Composte!.1
A Coruña
irifo(_ciJc..omi~io11dat1 a11'Sp<1ren<. ia,ga: INWW comi':>iondatran:,,pc1re11eia.gdl
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
(+34)981569740 Rua do Hórrro. 65
15700, Santiago cit? Compostela
i I tfo(Xrn n 1i')ÍOf 1d a tr d n~¡:.w r l:''K i i:l.ga: www. eorn i ~iontJ alranspc.1 renc ia .gd 1
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda non resolveu a solicitude de acceso á
información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación presentada con
data do 16 de decembro de 2021 por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso á listaxe dos lugares utilizados por Sogama para verteduras,
capacidade estimada da instalación, capacidade utilizada, superficie, porcentaxes de
verteduras, ano de apertura, e ano estimado de enchido das instalación e se o xestiona unha
empresa subcontratada.
Entrando na análise da información solicitada, debemos considerar que a información que se
solicita ten carácter medioambiental como así o considera a Sociedade Galega do Medio
Ambiente, S.A (SOGAMA).
De conformidade coa Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, deben tramitarse, ao ter
esta materia previsto un réxime xurídico específico, tanto no procedemento de acceso á
información como nos procedementos de recurso, pola súa normativa específica, e
supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de transparencia.
A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha
regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información
ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os
dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de
medio ambiente.
O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita,
visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos
elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como
substancias, enerxía, ruído, radiacións ou residuos, emisións, verteduras e outras liberacións
no medio ambiente, que afecten ou peidan afectar aos seus elementos, as medidas, incluídas
as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas, acordos en materia de
medio ambiente e actividades que afecten ou poidan afectar os elementos e factores
anteriores, así como as actividades ou as medidas destinadas a protexer estes elementos, os
informes sobre a execución da lexislación ambiental e as análises da relación custo-beneficio
e outras análises e supostos de carácter económico utilizados na toma de decisións relativas
ás ditas medidas e actividades, así como as referidas ao estado da saúde e seguridade das
persoas, incluída, no seu caso, a contaminación da cadea alimentaria ou condicións de vida
. .; {~
;;¡: •
. (•34) 98156q740 .,, ¡ Rúa do Houco. 65
¡~ J.S700, S.1nuag-o de Compoit el,1
i t ,m'>Pª' e, .. -
..~ ¡ A Coruña
,r !~~- ~
......~..
\
·•
e .;;,: t3 ;) : f i ,. ,~·. i11fo€i,'X.on1i~io11ddt1.:Jn-,partm,cia.¡dl
;..,' } ww,.v <.0-1Tif'oiondatra,1).pcUti11oa gal
'
humana, cando se vexan ou poidan verse afectados polo estado dos elementos do medio
ambiente citados.
Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Directivas
Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas
sentencias Tribuna l de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información
medioambiental abrangue calquera información relativa ao estado dos distintos elementos
do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos
devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do
medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de
medidas administrativas, non se debe excluir ningunha das actividades que desenvolve a
autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de actividade
administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa
sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración
constituíse un acto que pu idese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio
ambiente aos que se refíre a Directiva.
De acordo co anterior, non cabe senón conclu ír que a solicitude, polo seu contido relativo a
materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental
do artigo 2 da citada Lei 27/2006, referida aos os lugares utilizados para verteduras, a súa
capacidade, a capacidade utilizada, superfície, porcentaxes de vertedu ras etc. debe ser
tramitada de acordo co procedemento establecido na mesma, incluíndo os procedementos
de recurso, carecendo por tanto esta Comisión de competencia para resolver sobre esta
materia, polo carácter ambiental da información que se solicita.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único : lnadmitir a reclamación presentada por con data do 16 de
decembro de 2021, contra a desestimación por silencio admin istrativo da súa solicitude de
acceso ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, á listaxe de todos os
lugares utilizados por Sogama para verteduras, incluíndo a capacidade estimada da
instalación, a capacidade utilizada, a superfície, as porcentaxes de verteduras, o ano de
apertura, e ano estimado de enchido das i nstalación e se o xestiona unha empresa
subcontratada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-adm inistrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
;+34) 98156 97 40 Rúa do HÓrrf'O, 65
15700. Santiago de Cornpostr,J.1
r f012c.on 1i':.io '1dat ra r1:,pc1 re'.K ia .ga:
11 www.torni':,ionúalran'.:.porpqcia gcl!
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
56500009()
Fecha: 2022.01.26 14:06:57 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.