Inadmitida 26/01/2022 · 41 días en resolverse

Reclamación sobre acceso a información de futuras instalaciones de vertedura de Sogama y resultado de inadmisión

El ciudadano solicitó a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda una lista de futuras instalaciones de vertedura de Sogama. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia decide inadmitir la reclamación porque la información solicitada es de naturaleza medioambiental y debe tramitarse según la Ley 27/2006.

Puntos clave de la argumentación

1 La información solicitada sobre instalaciones de vertedura tiene carácter medioambiental según la definición del artículo 2.3 de la Ley 27/2006.
2 La Ley 19/2013 tiene un carácter supletorio respecto a materias con regulación específica de acceso a la información, como es el caso de la información ambiental.
3 El concepto de información medioambiental es amplio y abarca cualquier actividad o medida administrativa que pueda afectar o proteger el estado de los elementos del medio ambiente.
4 Al tratarse de información ambiental, el procedimiento de acceso y recurso debe seguir la normativa específica de la Ley 27/2006 y no la general de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada mediante escrito do 16 de decembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na s,esión celebrada o día 22 de xaneiro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 16 de decembro de 2021, reclamación contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, á listaxe de todas as instalación de vertedura que prevé pór en marcha no futuro por Sogama ou empresas subcontratadas, incluíndo o estado da proposta de novos lugares para verteduras (se está programada, en trámite, en proceso ...), o t ipo de vertedura previsto, a capacidade e superfície prevista e o ano previsto para a execución do proxecto. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 20 de decembro de 2021, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. (+34}981569740 Rua do Hórreo, 65 15700, Santiago cie Compostela A Coruña www (umision<lalr dnspdrericia.gal A recepción da solicitude pola administración foi o 22 de decembro de 2021. Terceiro. Con data do 14 de xaneiro de 2022, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda contesta a petición remitindo copia do expediente de acceso á información e informe elaborado polo Secretario Xeral de Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A (SOGAMA). No informe faise constar que a solicitude do interesado presentouse a través do formulario do procedemento PRl00A relativo a cuestións de transparencia no marco da Lei 19/2013, e que se considera que as cuestións formuladas, algunhas das cales son reiterativas, trátanse de solicitudes de información ambiental, polo que, de conformidade coa Disposición adicional primeira, punto 2 da Lei 19/2013, deben tramitarse pola súa normativa específica, Lei 27 /2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, tanto no procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso. Informa que tanto na páxina web de Sogama, como na propia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pódense atopar a meirande parte das respostas as cuestión formuladas, a pesares do cal, elaborouse unha contestación conxunta ás solicitudes do interesado, que lle foi remitida con data do 13 de xaneiro de 2022. Na contestación, informa da infraestrutura industrial que xestiona SOGAMA (plantas de transferencia existentes e a súa distribución, vertedoiro de residuos non perigosos e planta de compostaxe industrial), da estrutura do Complexo cercedense (planta de clasificación de envases lixeiros, planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, planta de recuperación de materiais contidos no lixo en masa, planta de coxeración e planta termoeléctrica ligada a unha subestación de distribución de electricidade). Informa que Sogama non ten previsto pór en marcha instalacións de vertedura, senón unha rede industrial de infraestruturas para facilitar que os concellos teñan acceso á valorización da materia orgánica, contando a empresa pública unicamente cun vertedoiro de residuos non perigosos. As previsións de crecemento nos próximos anos de dito vertedoiro e dos vertedoiros de escouras e de cinzas son públicas e figuran na plataforma de contratos de Galicia (do que indica os seus links de acceso). Respecto da rede de novas infraestructuras referenciada estará conformada por tres novas plantas de biorresiduos (Cervo, Vilanova de Arousa e Verín), que se sumarán á que xa está operando en Cerceda, e 13 plantas de transferencia que serán adaptadas para poder transvasar nas mesmas a materia orgánica recollida de forma diferenciada, o que permitirá que a meirande parte dos concellos adscritos a Soga ma disporán dunha planta de biorresiduos ou de transferencia a unha distancia inferior a 50 quilómetros. ( i 3419815697 4() Rua do Hórreo. 65 Ei700. S,1ntiago de Compostela A Coruña O obxectivo último desta planificación é transformar a materia orgánica en compost de alta calidade que se aplicará na agricultura e xardinería. Os rexeitamentos do proceso serán trasladados ao Complexo Medioambiental de Cerceda, onde recibirán tratamento. Estas infraestruturas estarán cofinanciadas con Fondos FEDER e as características das distintas instalacións proxectadas figuran nos correspondentes concursos públicos, que figuran na plataforma de contratos da Xunta de Galicia, cuxa ligazón especifica. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no (+34! 98156 97 tlO Rua do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostel.1 /\ Coruña i11 fo(Wcorn i'::>iond a tr a I l'>pare rl( ii.l .ga, www. c.:on 1i<::.io nU a t ran ::.par e 'K ia. gd l ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e ( +3-1) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo. 65 15700. Santiago rle Compostela /\ Coruña www comi~iontJalran::,pJre11cia.gd! reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación presentada con data do 16 de decembro de 2021 por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso á listaxe de todas as instalación de vertedura que prevé pór en marcha no futuro SOGAMA, o estado da proposta de novos lugares para verteduras, o tipo de vertedura previsto, capacidade e superfície prevista e o ano previsto para a execución do proxecto. Entrando na análise da información solicitada, debemos considerar que a información que se solicita ten carácter medioambiental como así o considera a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A (SOGAMA). De conformidade coa Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, deben tramitarse, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico específico, tanto no procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola súa normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de transparencia. A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc .. ) os factores, tales como substancias, enerxía, ruído, radiacións ou resíduos, emisións, verteduras e outras liberacións no medio ambiente, que afecten ou poidan afectar aos seus elementos, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como políticas, normas, plans, programas, acordos en materia de medio ambiente e actividades que afecten ou poidan afectar os elementos e factores anteriores, así como as actividades ou as medidas destinadas a protexer estes elementos, os informes sobre a execución da lexislación ambiental e as análises da relación custo-beneficio e outras análises e supostos de carácter económico utilizados na toma de decisións relativas ás ditas medidas e actividades, así como as referidas ao estado da saúde e seguridade das persoas, incluída, no seu caso, a contaminación da cadea alimentaria ou condicións de vida \,f.:, ( •34) 981569740 Rua do Horreo. 65 15700. S.lntiago de Compo~tct.J humana, cando se vexan ou poidan verse afectados polo estado dos elementos do medio ambiente citados. Certamente, o concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Directivas Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas sentencias Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que o concepto de información medioambiental abrangue ca lquera información relativa ao estado dos distintos elementos do medio ambiente, as act ividades ou medidas que poidan afectar ou protexer o estado dos devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas e os programas de xestión do medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso de que no concepto de medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades que desenvolve a autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercício de actividade administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere que versa sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da Administración constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos sectores do medio ambiente aos que se refíre a Directiva. De acordo co anterior, non cabe senón concluír que a solicitude, polo seu contido relativo a materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do concepto de información ambiental do artigo 2 da citada Lei 27 /2006, referida á listaxe das instalación de vertedura que prevé pór en marcha SOGAMA, tipo de vertedura, capacidade e superfície prevista, debe ser tramitada de acordo co procedemento establecido na mesma, incluíndo os procedementos de recurso, carecendo por tanto esta Comisión de competencia para resolver sobre esta materia, polo carácter ambiental da información que se solicita . En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único : lnadmitir a reclamación presentada por con data do 16 de decembro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, á listaxe de todas as instalación de vertedura que prevé pór en marcha no futuro por Sogama ou empresas subcont ratadas, incluíndo o estado da proposta de novos lugares para verteduras (se está programada, en trámite, en proceso ... ), o tipo de vertedura previsto, a capacidade e superfície prevista e o ano previsto para a execución do proxecto. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- : 131_! 98156 97 40 Rúa do Hórrro, 65 15700, Santiago de Compo')te!a www (Olni':>ior 1 t.lalrdrl':>[J<"H€( ida.gal administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2022.01.26 14:11 :59 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.