Una ciudadana solicitó al Ayuntamiento de A Cañiza acceso a un expediente de orden de ejecución en el que es interesada, alegando vulneración de sus derechos procedimentales. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque, al ser la solicitante parte interesada en un procedimiento administrativo en curso, debe aplicar la normativa procedimental común y no la de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
La Disposición adicional primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa del procedimiento administrativo común es la aplicable al acceso de los interesados a los documentos de un expediente en curso.
2
Para aplicar dicha exclusión deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento específico, que el reclamante sea interesado y que el procedimiento esté en tramitación.
3
En el caso analizado, se confirma que la reclamante es interesada en una orden de ejecución en curso, cumpliéndose así los requisitos para la inadmisión por vía de transparencia.
4
La resolución determina que el derecho de acceso a la información pública no desplaza la normativa reguladora del procedimiento administrativo cuando el solicitante tiene la condición de interesado.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , en representación de
, mediante escrito do 7 de xaneiro de 2022, e considerando
os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2022, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
-
Único .- , en representación de
presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de
xaneiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a o escrito do Concello
de A Cañiza no se lle permite acceso a un expediente de orde de execución no que é
interesada, nas dependencias municipais.
A reclamante considera que se incumpre o artigo 17 da lei 39/2015 do procedemento
administrativo común, e se lle indica ao concello a imposibilidade de asistir ese día e que se
lle facilite a copia, ben en papel ou ben a través da carpeta electrónica que ten habilitada nese
concello. Engade que se prescindiu total e absolutamente do procedemento establecido, se
lle impediu coñecer o estado de tramitación do seu expediente, se lle impediu o acceso ó
mesmo , así como a obter copia completa do expediente, e se lle impide por non ser notificado
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
do inicio do procedemento, formular alegacións e aportar documentos e non respectar a
presunción de non existencia de responsabilidade.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, o escrito contra o que presenta a
reclamación ten data do 10 de decembro de 2021, e a reclamación a presentou o 7 de xaneiro
de 2022, debe admitirse por estar presentada en prazo.
Comisión da e (•34)981569740
15700, Santiago de Compostela
transparencia ACoruña
de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Quinto. Análise do expediente
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública.
No presente caso a interesada, tal e como figura no seu escrito reclama contra unha resolución
ditada no seno dun expediente de orde de execución forzosa, que se atopa en curso, e no que
ten a condición de interesada.
Neste sentido, tal e como se manifestou por esta Comisión en anteriores pronunciamentos
sobre a materia que agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do seu artigo 13 en
relación co artigo 12, a Lei 19/2013 recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a
información pública en mans dos organismos e entidades incluídos no seu ámbito de
aplicación -artigo 2-, non é menos certo que dita norma indica na súa Disposición adicional
primeira parágrafo primeiro, que a normativa reguladora do correspondente procedemento
administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesados
nun procedemento administrativo en curso aos documentos que se integren no mesmo.
Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos
para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe
existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, o reclamante
debe ser interesado no mesmo e terceiro, o procedemento debe estar en curso. Analizando
estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se realiza a
reclamación, concorren no caso que nos ocupa, dado que a reclamante esta a solicitar acceso
a un expediente que está en tramitación, e no que ten a condición de interesada por estar
tramitándose contra a mesma unha orde de execución, polo que debe ser a normativa que
rexe o dito procedemento, a aplicable á súa solicitude de acceso.
De acordo co anterior, en aplicación da dita disposición adicional, procede a inadmisión da
reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por , en
representación de con data do7 de xaneiro de 2022, contra
o escrito do Concello de A Cañiza no se lle permite acceso a un expediente de orde de
execución no que é interesada, nas dependencias municipais .
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2022.01.26 13:53:07 +01'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.