Inadmitida 25/01/2022 · 12 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por solicitud de certificación de méritos en concurso público

El interesado solicitó a la Consellería de Cultura, Educación y Universidad una certificación motivada sobre la revisión de sus méritos en un concurso público. Ante la falta de respuesta, recurrió a la Comisión da Transparencia de Galicia, que decidió inadmitir la reclamación por considerar que la solicitud de un certificado no es un acceso a información existente, sino una petición de actuación material.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos ya elaborados o adquiridos en el ejercicio de las funciones públicas.
2 Un certificado es un documento que acredita una situación o realidad, lo que implica una actuación material de la Administración y no la mera entrega de información preexistente.
3 Las peticiones cuyo objetivo sea la acreditación de circunstancias específicas quedan fuera del ámbito de aplicación de la Ley 1/2016 de transparencia.
4 La solicitud de un certificado no constituye un ejercicio del derecho de acceso a la información pública, sino una pretensión administrativa ajena a la competencia de este organismo.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 13 de xaneiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único .- , presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 13 de xaneiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falla de contestación á súa solicitude de certificación da parte individual da revisión da reclamación que presentou á acta de revisión dos méritos das publicacións presentadas na súa condición de participante, no concurso de méritos convocado mediante a Orde do 4 de xuño de 2020 para acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O interesado expón que participou no concurso de méritos, convocado mediante a Orde do 4 de xuño de 2020 para acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas dependentes desa consellería, e con data do 10 de novembro de 2021 formulou reclamación ante o Tribunal por detectar diferenzas significativas na autobaremación dos méritos relativos ás publicacións incluídas na documentación xustificativa. Na Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 Humanos pola que se fan públicas as puntuacións definitivas do baremo do procedemento non se modificou a puntuación provisional, polo que solicitou a efectos de motivar os seguintes actos administrativos, que se lle remitise certificación da parte individual da revisión da reclamación que presentou á acta de revisión dos méritos das publicacións presentadas na súa condición de participante e que nesa certificación da parte individual da acta correspondente ao solicitante, se lle motive a improcedencia da valoración das restantes autobaremadas na Táboa 1 do seu escrito de reclamación presentado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, a súa solicitude a presentou con data do 11 de decembro de 2021 e a reclamación a presentou o 13 de xaneiro de 2022, debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto. Análise do expediente O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso o reclamante, tal e como figura no seu escrito reclama contra a falla de contestación a unha solicitude de emisión dunha certificación sobre unha parte dunha acta que forma parte dun procedemento de concurso de méritos, que debemos entender que está en curso, e do que é interesado en canto a súa condición de participante. Neste sentido, tal e como se manifestou por esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia que agora nos ocupa, un certificado é un documento emitido por que ten atribuída a competencia para a súa emisión, na que se acredita unha situación ou realidade. A Lei 1/2016 no seu artigo 24, define a información pública como os contidos ou documentos que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións. Por tanto, a Lei define o obxecto dunha solicitude de acceso á información en relación con información que xa existe, por canto está en posesión do organismo que recibe a solicitude, ben porque el mesmo a elaborou ou ben porque a obtivo en exercicio das funcións e competencias que ten encomendadas. Este concepto debe ser entendido no marco do ámbito da transparencia pública, cuxo principal obxectivo é outorgar á cidadanía a capacidade de render contas da actuación dos responsables públicos. Tendo en conta o anterior, non poden entenderse amparadas pola Lei 1/2016 peticións nas que o obxectivo sexa a acreditación de determinadas circunstancias ou elementos, na medida que non supón o acceso a unha información xa elaborada e existente en poder da administración, senón que leva unha actuación material pola súa banda. Este tipo de pretensións quedan fóra do ámbito da transparencia pública e o dereito de acceso á información e, xa que logo, da actuación deste organismo, polo que procede a inadmisión da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, Comisión da e (•34)981569740 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela transparencia A Coruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data do 13 de xaneiro de 2022, contra a falla de contestación á súa solicitude de emisión de certificación nun concurso de méritos no que ten a condición de interesado. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.01.26 13:52:52 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.