Estimada 22/02/2022 · 68 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso a la Estratexia galega de atención á soidade non desexada estimada por motivos formales

El solicitante pidió a la Consellería de Política Social la Estratexia galega de atención á soidade non desexada. Tras no recibir respuesta (silencio administrativo), reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no resolvió en plazo y solo lo hizo tras la intervención de la Comisión.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que, según el Criterio Interpretativo 1/2016 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y la Ley 39/2015, los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento.
2 La Consellería de Política Social no resolvió la solicitud dentro del plazo establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016, incurriendo en silencio administrativo.
3 La administración solo emitió una resolución expresa inadmitiendo la solicitud (alegando que el documento estaba en curso de elaboración) después de que la Comisión de Transparencia solicitara el informe.
4 Se estima la reclamación por motivos formales debido al incumplimiento del plazo de respuesta por parte de la administración.
5 Se advierte a la Consellería que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 16 de decembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de febreiro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 16 de decembro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Política Social, á Estratexia galega de atención á soidade non desexada. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 22 de decembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Política Social para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 28 de decembro de 2021. . .,... ::..•••• Comisión da ""'. transparencia e (+34) 98156 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santia&o de Compostela ACoruña •••••• ••••., de Galicia e [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 Terceiro. Con data do 15 de febreiro de 2022, a Consellería de Política Social contesta a petición remitindo copia do expediente tramitado e resolución da solicitude. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. . .,... ::..•••• Comisión da ""'. transparencia e (+34) 98156 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santia&o de Compostela ACoruña •••••• ••••., de Galicia e [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Comisión da e (•34)981569740 15700, Santiago de Compostela transparencia ACoruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 A Consellería de Política Social non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón unha vez que o interesado tiña presentada a reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso á Estratexia galega de atención á soidade non desexada. A Consellería, unha vez solicitado informe pola Comisión, resolveu de forma expresa a solicitude inadmitindo a mesma por tratarse dun documento que está en curso de elaboración ou publicación xeral, constando na copia do expediente remitido, que a resolución foille notificada ao interesado. Procede por tanto a estimación por motivos formais da reclamación presentada, sen prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. Debe lembrarse á Consellería de Política Social, de conformidade co establecido no artigo 20.6 da Lei 19/2013, que o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por , con data do 16 de decembro de 2021, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Política Social, á Estratexia galega de atención á soidade non desexada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.02.24 11:23:00 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia