Desestimada 22/02/2022 · 67 días en resolverse

Reclamación sobre el acceso a los criterios de reparto económico y categorías profesionales en transplantes de la EOXI de A Coruña desestimada por falta de concreción de la recurrente

Una ciudadana solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia los criterios de reparto económico y categorías profesionales en transplantes de la EOXI de A Coruña. Tras recibir la información, alegó que la respuesta era insuficiente e inespecífica. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque la recurrente no concretó qué documentos faltaban.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación fue admitida a trámite al haberse interpuesto dentro del plazo de un mes posterior a la notificación del acto impugnado
2 La Administración ya había facilitado la Resolución del Servizo Galego de Saúde del 15 de enero de 2007 que contiene los criterios de asignación de cuantías y categorías
3 El derecho de acceso a la información pública no obliga al solicitante a motivar su petición, pero sí requiere que la impugnación de una respuesta sea fundada
4 Según el artículo 115.b de la Ley 39/2015, los recursos deben expresar la razón de su impugnación
5 La reclamación se desestima al limitarse la interesada a afirmar que la respuesta es insuficiente sin concretar ni justificar qué contenidos o documentos específicos fueron omitidos

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 17 de decembro 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de febreiro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 17 de decembro de 2021, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade do 15 de decembro de 2021, pola que se lle concede o acceso á información sobre os criterio de reparto entre as distintas unidades, categorías profesionais de garda ou que participan na súa quenda habitual, responsables de referencia nos diferentes servizos, encargados da organización dos recursos humanos e económicos, implicadas no transplante, hospitalización, unidades de coidados críticos, reanimación, quirófano...etc., no ámbito hospitalario da EOXI da Coruña. A reclamante indicaba que a resposta por parte da Administración é insuficente e inspecífica. O escrito viña acompañado de copia da resolución impugnada e do seu DNI. . .,... ::..•••• Comisión da ""'. transparencia e (+34) 98156 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santia&o de Compostela ACoruña •••••• ••••., de Galicia e [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 Segundo. Con data do 27 de decembro de 2021 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 30 de decembro de 2021 Terceiro. Con data do 11 de xaneiro de 2022 A Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a interesada solicitou acceso ás partidas económicas destinadas a todas e cada unha das categorías profesionais que colaboran nos transplantes no ámbito hospitalario da EOXI da Coruña, con indicación do criterio de reparto entre as distintas unidades implicadas no Transplante, hospitalización, unidades de coidados críticos, Reanimación, quirófano...etc., entre as diferentes categorías profesionais que participan en cada transplante e as contías percibidas, a relación das categorías que cobran mediante gorda localizada no seu domicilio, ou participan no transplante na propia garda ou quenda habitual de traballo, e perciben unha remuneración a maiores da súa xornada e a relación dos responsables de referencia nos diferentes servizos, que se resolveu pola Secretaría Xeral Técnica con data do 18 de novembro de 2021. Tras a resolución da Comisión da Transparencia (expediente RSCTG 138/2021) na que se estima reclamación da interesada, a Secretaría Xeral Técnica con data do 15 de decembro de 2021, resolve conceder o acceso á información pública achegando Resolución do Servizo Galego de Saúde remitida ás Xerencias de Área do 15 de xaneiro de 2007. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. . .,... ::..•••• Comisión da ""'. transparencia e (+34) 98156 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santia&o de Compostela ACoruña •••••• ••••., de Galicia e [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que a resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade é do 15 de decembro de 2021, e a reclamación se presentou con data do 17 de decembro de 2021, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou da Consellería de Sanidade acceso aos criterios de reparto entre as distintas unidades e categorías profesionais implicadas nos transplantes, hospitalización, unidades de coidados críticos, reanimación, quirófano, etc., no ámbito hospitalario da EOXI da Coruña. Pola Comisión da Transparencia resolveuse a reclamación presentada pola interesada contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude (expediente RSCTG 138/21), no que se produciu unha resolución posterior á reclamación. Nesa resolución, dáselle acceso á información mediante a información remitida pola Subdirección de Calidade Asistencial da Área Sanitaria da Coruña e Cee na que lle informa dos criterios para a confección de nóminas, a relación de responsables de referencia nos distintos servizos encargados da organización dos recursos humanos e económicos, a identificación dos responsables das unidades e servizos que a integran, e as partidas orzamentarias correspondentes, datos económicos e relación de responsables médicos e de enfermería de cada GFH e a referencia da publicación da memoria anual da OCT (Oficina de Coordinación de Transplantes) da que se indica o seu enlace. Respecto dos criterios de asignación de contías e categorías correspondentes, esta información está contida nunha Resolución do Servizo Galego de Saúde do 15 de xaneiro de 2007, e a súa actualización realízase de acordo coa actualización anual segundo as leis de orzamentos da Comunidade Autónoma, resolución que non foi obxecto de publicación no DOG e que a Consellería deixou a criterio da Comisión da Transparencia no expediente RSCTG 138/21, a pertinencia do seu acceso. O criterio da Comisión da Transparencia nese expediente, foi que debía aportarse a información pedida. En cumprimento da resolución desta Comisión, a Consellería na súa resolución do 15 de decembro de 2021, resolveu conceder o acceso remitíndolle a Resolución do Servizo Galego de Saúde do 15 de xaneiro de 2007. Comisión da e (•34)981569740 15700, Santiago de Compostela transparencia ACoruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 O artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece que contra as resolucións administrativas poderán interpoñerse polos interesados os recursos de alzada e potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 desta Lei. O artigo 115.b) establece que os recursos deberán expresar a razón da súa impugnación. No presente caso, a interesada non alega ningún motivo concreto de desconformidade coa resolución da Consellería, limitándose a afirmar que a resposta foi insuficiente e inespecífica, sen concretar nin xustificar a que contidos ou documentos non se lle deu acceso, polo que procede a desestimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por con data do 17 de decembro de 2021, contra a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade do 15 de decembro de 2021, pola que se lle concede o acceso á información sobre os criterio de reparto entre as distintas unidades, categorías profesionais de garda ou que participan na súa quenda habitual, responsables de referencia nos diferentes servizos, encargados da organización dos recursos humanos e económicos, implicadas no transplante, hospitalización, unidades de coidados críticos, reanimación, quirófano...etc., no ámbito hospitalario da EOXI da Coruña. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.02.24 11:29:53 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia