Se solicitó a la Consellería do Medio Rural el acceso a los datos identificativos de solicitantes de talas de eucalipto. La administración denegó los datos personales disociándolos. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación para retroactuar el expediente, al no haberse realizado la ponderación de intereses ni el trámite de audiencia a los afectados.
Puntos clave de la argumentación
1
La resolución de la administración no fue de acceso parcial, sino una denegación de los datos personales solicitados.
2
El acceso a datos personales no especialmente protegidos requiere una ponderación razonada entre el interés público de la divulgación y el derecho fundamental a la protección de datos.
3
La Administración no realizó la ponderación necesaria ni justificó los criterios para denegar el acceso a los datos identificativos.
4
Se omitió la apertura del periodo de audiencia a los terceros afectados, requisito indispensable según el artículo 19.3 de la Ley 19/2013.
5
Procede la retroacción del expediente a la fase anterior a la resolución para tramitar la audiencia y realizar la ponderación debidamente motivada.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada , mediante escrito do 17 de
decembro de 2021, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de
febreiro de 2022, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.- presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 17 de decembro de 2021, unha reclamación ao amparo do
disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra
a Resolución da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal do 24 de novembro de
2021, pola que se estima, con disociación dos datos de carácter persoal, a súa solicitude de
acceso ante a Consellería do Medio Rural, de obtención de copia de documentos nos que
figuren datos identificativos de solicitantes de determinadas talas de de eucalyptus giabutus.
A reclamante indicaba que na resolución se lle facilita a información, con disociación dos
datos persoais expresamente solicitados para poder presentar a reclamación xudicial
pertinente, contra as persoas solicitantes ou presentadoras.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
Segundo. Con data do 4 de xaneiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante á Consellería de Medio Rural para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A solicitude foi recibida pola Consellería con data do 12 de xaneiro de 2022.
Terceiro. Con data do 27 de xaneiro de 2022, a Consellería de Medio Rural remite copia do
expediente tramitado e informe sobre a reclamación presentada.
No informe asinado polo Dirección Xeral de Planificación e ordenación forestal, faise constar
que se lle deu acceso á documentación solicitada das distintas parcelas, cos datos de carácter
persoal disociados. A información remitida é a que figura na aplicación CORPRI utilizada pola
dirección xeral para a xestión dos aproveitamentos forestais e a Dirección Xeral considera
adecuada a contestación dada por dúas ocasións na que se lle comunico á administrada a
imposibilidade de facilitarlle os datos solicitados e remitirlla a una posible actuación xudicial
que puidera proporcionarlle os ditos datos, previa disociación dos datos persoais.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
No presente caso, a reclamación presentouse o 17 de decembro de 2021, contra a resolución
ditada o 24 de novembro de mesmo ano, polo que debe admitirse a mesma por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A interesada solicitou da Consellería de Medio Rural acceso aos datos identificativos dos
solicitantes de talas de determinadas arbores nas parcelas catastrais que indica.
A Consellería resolveu dándolle o que considera acceso parcial á información, xa que lle remite
a información que figura na aplicación utilizada pola dirección xeral para a xestión dos
aproveitamentos forestais, pero disociando os datos de carácter persoal, que era o que
precisamente solicitaba a interesada. Por tanto, considérase que a resolución non foi de
acceso parcial, senón de denegación dos datos solicitados.
No relativo á protección de datos de carácter persoal, o artigo 15 da Lei 19/2013, establece
que se a información solicitada contén datos persoais que revelen a ideoloxía, afiliación
sindical, relixión ou crenzas, o acceso unicamente poderase autorizar no caso de que se
contase co consentimento expreso e por escrito do afectado, agás que o afectado fixese
manifestamente públicos os datos con anterioridade a que se solicitase o acceso, e se fan
referencia á orixe racial, á saúde ou á vida sexual, datos xenéticos ou biométricos ou datos
relativos á comisión de infraccións penais ou administrativas unicamente se pode autorizar si
se conta co consentimento expreso do afectado ou se está amparado por unha norma con
rango de Lei.
Nos casos nos que a información solicitada non contivese datos especialmente protexidos,
concederase o acceso previa ponderación suficientemente razoada do interese público na
divulgación e os dereitos dos afectados, en particular o seu dereito fundamental á protección
de datos de carácter persoal, para o que o órgano tomará en consideración, entre outros
criterios, a xustificación polos solicitantes da súa petición no exercicio dun dereito, o menor
prexuízo dos dereitos dos afectados no caso de que os documentos unicamente contivesen
datos de carácter meramente identificativo daqueles ou a maior garantía dos dereitos dos
afectados no caso de que os datos contidos no documento poidan afectar á súa intimidade ou
á súa seguridade.
No presente caso, non figura nin na resolución impugnada, nin no informe remitido, que se
fixese tal ponderación, nin consta que, dado que a información solicitada afecta a dereitos ou
intereses de terceiros debidamente identificados, se abrise o correspondente período de
audiencia aos mesmos, de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, para que
Comisión da e (•34)981569740
15700, Santiago de Compostela
transparencia ACoruña
de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
puidesen realizar as alegacións que estimasen oportunas, para tras analizar as mesmas, a
Administración actuante valorase se debe primar o interese público na difusión da
información, concedendo neste caso acceso á mesma, ou debe primar a protección dos
intereses privados que estes terceiros poidan alegar, denegándoa neste caso, previa
xustificación debidamente motivada.
Procede por tanto a retroacción do expediente á fase anterior á súa resolución, debéndose
abrir o correspondente trámite de audiencia, e unha vez feita a ponderación e xustificada
convenientemente, se resolva o que proceda sobre o acceso.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
-
Único: Estimar para a retroacción, a reclamación presentada por
con data do 17 de decembro de 2021, contra a Resolución da Dirección Xeral de
Planificación e Ordenación Forestal do 24 de novembro de 2021, pola que se estima, con
disociación dos datos de carácter persoal, a súa solicitude de acceso ante a Consellería do
Medio Rural, de obtención de copia de documentos nos que figuren datos identificativos de
solicitantes de determinadas talas.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.02.24 11:29:18 +01'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.