Desestimada 22/02/2022 · 55 días en resolverse

Reclamación contra la resolución del Concello de Baiona que concede a un tercero el acceso al expediente de comunicación previa de obras

Un ciudadano solicitó al Concello de Baiona la denegación de acceso a un expediente de obra pública concedido a un tercero. Alegó vulneración de su intimidad y falta de fundamento de la acción pública. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación, confirmando el derecho de acceso a la información pública.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no obliga al solicitante a motivar su petición ni a acreditar un interés particular.
2 La solicitud de acceso a un expediente de licencia urbanística se considera válida independientemente de si la obra es legal o no.
3 El acceso a la información solo puede limitarse por los supuestos de protección de datos personales o causas de inadmisión legal, los cuales no concurren en este caso salvo la necesaria disociación de datos personales.
4 El Concello cumplió con el procedimiento legal al abrir el trámite de alegaciones al tercero interesado antes de resolver la solicitud de acceso.
5 Debido a la oposición del tercero, el acceso efectivo a la información queda supeditado a que transcurra el plazo para interponer recurso contencioso-administrativo sin que este se formalice o resuelva.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de febreiro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. Con data do 3 de xaneiro de 2022, tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo oficio do Concello de Baiona co que remite expediente no que figura resolución da alcaldía do dito Concello, do 29 de decembro de 2021, pola que se inadmite a reclamación presentada por contra resolución do 10 de decembro de 2021 desa alcaldía pola que se lle concede a un terceiro, acceso ao expediente de comunicación previa de obras , e se acorda a remisión á Comisión da Transparencia de Galicia para a súa resolución. O reclamante indicaba no dito escrito, en resume, que a resolución de concesión de acceso á información vulnera a súa intimidade xa que se solicitou o acceso ao devandito expediente a través dos seus datos persoais, e non a través do número de expediente da obra, polo que considera que debería térselle negado de oficio a información solicitada. Considera que a solicitude baséase na acción pública recollida na normativa urbanística e que o Concello debería de negar a apertura de expediente para a consulta do seu expediente de obra, tendo en conta que dita obra é legal, e por tanto a execución da acción pública non ten acollida xa que tanto o Concello como Patrimonio teñen coñecemento da legalidade da obra e da súa execución. Segundo. Con data do 13 de xaneiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante ao Concello de Baiona para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola Administración foi o 14 de xaneiro de 2022. Terceiro. Con data do 27 de xaneiro de 2022, o Concello de Baiona contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe emitido polo Técnico de Administración Xeral en resumo, faise constar que a solicitude presentouse con data do 29 de xullo de 2021 e que se tramitou o correspondente procedemento de acceso á información, con notificación tanto ao solicitante como ao interesado titular, expediente que se resolveu sen que conste a presentación de alegación algunha. Que o reclamante presentou tras a resolución, un escrito no que solicita que non se acceda á pretensión interesada, que foi inadmitido por Decreto da alcaldía, no que se acorda a remisión da reclamación formulada á Comisión da Transparencia a fin de que proceda á súa Resolución. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Na tramitación do presente expediente de reclamación, non se abriu trámite de audiencia ao solicitante de acceso á información en base ao disposto no artigo 118 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, dado que non se tiveron en conta feitos ou documentos non recollidos no expediente orixinario, e sen que aos efectos do citado artigo 118, se lle poida dar ao recurso, informes e propostas, o carácter de documento novo. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que o interesado presentou a reclamación ante o Concello o 29 de decembro de 2021, contra a resolución do 10 do mesmo mes, debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública. O posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. O feito de que poida ser obxecto dunha solicitude de acceso á información calquera información que posúa o organismo ou entidade ao que se dirixa a mesma, así como que non sexa necesario motivar a solicitude, xa que non está vinculada á titularidade dun interese por parte do solicitante, fai difícil cando non imposible, subtraer do marco da normativa de transparencia unha solicitude de información que cumpra estas condicións. O obxectivo final da Lei é o escrutinio da acción pública, mediante o coñecemento do proceso de toma de decisións como medio de rendición de contas dos responsables públicos. Os Tribunais de Xustiza pronunciáronse no senso de que o acceso á información debe recoñecerse con carácter amplo, e así, o Xulgado Central do Contencioso-Administrativo nº 4 de Madrid, en sentenza nº 93/2017, do 17 de xullo de 2017, establece que o artigo 12 da Lei 19/2013 recoñece do dereito de acceso á información pública a todas as persoas, sen distinción. De acordo co anterior, a solicitude por un cidadán, de acceso a un expediente de licencia urbanística do que é promotor o reclamante, debe entenderse como unha solicitude de acceso á información válida, con independencia de si esa licencia fose ou non concedida conforme á normativa que lle é de aplicación, e debe concederse, salvo naquela parte da información, que estea afectada por algún límite dos establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013 (como pode ser na referente á protección de datos de carácter persoal) ou concorra algunha causa de inadmisión das establecidas no artigo 18 da mesma Lei. No presente caso, non se alega polo reclamante a existencia de límite algún, agás o referido aos datos de carácter persoal sobre os que a resolución impugnada ordena a súa disociación, nin se alega causa de inadmisión algunha. Por parte do Concello, consta a tramitación do expediente de acceso, no que se abriu o correspondente trámite de alegacións ao reclamante como terceiro interesado, de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, sen que se presentasen alegacións, en sen que pola Administración actuante se apreciase a existencia de límite ou causa de inadmisión algunha. Procede por tanto a desestimación da reclamación presentada, se ben de conformidade co disposto no artigo 22 da Lei 19/2013, ao existir oposición do terceiro, o acceso só debe ter lugar cando transcorra o prazo para interpoñer recurso contencioso administrativo sen que se formalizase ou fose resolto confirmando o dereito a recibir a información. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por contra a resolución do 10 de decembro de 2021 do Concello de Baiona pola que se lle concede a un solicitante, acceso ao expediente de comunicación previa de obras . Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.02.24 10:46:56 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia