Estimada 22/02/2022 · 46 días en resolverse

Reclamación contra el Concello de Quiroga por el cobro de una tasa municipal ante una solicitud de acceso a la información sobre la titularidad de una vía

Una ciudadana solicitó al Concello de Quiroga información sobre la titularidad de una vía. El Ayuntamiento respondió exigiendo el pago de 101 euros en concepto de tasa por informe urbanístico. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, determinando que el acceso a la información es gratuito y que no se solicitó un certificado urbanístico.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es gratuito, pudiéndose exigir tasas únicamente para la expedición de copias o la transposición de la información a un formato diferente al original.
2 Las corporaciones locales están obligadas a mantener un inventario actualizado de sus bienes y derechos para otorgar publicidad posesoria y garantizar su patrimonio.
3 La investigación sobre la titularidad de un bien, en caso de duda, es una obligación de la Administración que no puede repercutirse económicamente al solicitante de información.
4 La solicitud consistía en conocer la titularidad de un camino y no en la emisión de un informe urbanístico, por lo que no procede el cobro de la tasa municipal aplicada.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 7 de xaneiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de febreiro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de xaneiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a remisión dunha liquidación polo Concello de Quiroga, dunha taxa municipal en contestación á súa solicitude de acceso á información sobre a titularidade dunha vía. A reclamante indicaba que solicitou información sobre a titularidade dunha vía, xuntando fotos e planos identificando suficientemente a mesma, a efectos de poder efectuar unha reclamación en materia de responsabilidade patrimonial, por ter sufrido unha serie de lesións a raíz de un accidente acontecido na referida vía. O Concello notificoulle unha liquidación de taxa municipal requirindo o abono de 101 euros para a expedición de documentos. Considera a reclamante que a taxa, ademais de ser desproporcionada, non garda relación con la solicitude formulada. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. . .,... ::..•••• Comisión da ""'. transparencia e (+34) 98156 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santia&o de Compostela ACoruña •••••• ••••., de Galicia e [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 Segundo. Con data do 13 de xaneiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante ao Concello de Quiroga para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 14 de xaneiro de 2022. Terceiro. Con data do 31 de xaneiro de 2022 o Concello de Quiroga contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a interesada solicitou que se lle informase se o concello era titular dun camiño que identificaba con fotos e planos adxuntos a súa solicitude e que con data do 23 de decembro o técnico do concello emitiu informe técnico en relación a solicitude de titularidade do camiño, polo que notificouse á interesada a liquidación de taxas municipais pola expedición de informe urbanístico, segundo a ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, para que unha vez feito o pago remitirlle o informe. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. . .,... ::..•••• Comisión da ""'. transparencia e (+34) 98156 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santia&o de Compostela ACoruña •••••• ••••., de Galicia e [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello non ditou resolución expresa sobre a solicitude de acceso á información presentada, senón que remitiu á interesada unha liquidación de taxas por expedición de informe urbanístico, polo que procede admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso, a interesada solicitou información sobre se un determinado camiño, do que identificou mediante a remisión de planos e fotos, era de titularidade municipal. O Concello, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 19/2013, debe ter publicado dentro da súa información económica, a relación dos bens inmobles sobre os que ostente algún dereito real. De conformidade co establecido no artigo 17 do Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, as Corporacións locais están obrigadas a formar inventario de todos os seus bens e dereitos, calquera que sexa a súa natureza ou forma de adquisición. No mesmo senso, o artigo 32 da Lei 33/2003 de patrimonio do estado, establece que as Administracións públicas están obrigadas a inventariar os bens e dereitos que integran o seu patrimonio, facendo constar, co suficiente detalle, as mencións necesarias para a súa identificación e as que resulten precisas para reflectir a súa situación xurídica e o destino ou uso a que están a ser dedicados. Neste senso, o inventario de bens das entidades locais é un instrumento esencial para o funcionamento de calquera entidade local, xa que é o medio a través do cal se outorga publicidade posesoria aos bens de dominio público e patrimoniais, e é un instrumento de garantía do seu patrimonio, xa que permite a conservación de defensa do mesmo. O artigo 86 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, engade ademais que o inventario debe reflectir a realidade patrimonial de cada Ente Local, a situación legal na que se atopan os seus bens e as limitacións que os afectan, sendo necesario manter actualizada a información, para así garantir unha xestión eficaz e eficiente dos bens que se adapten da mellor forma posible ao interese xeral. Ante unha solicitude de información sobre si un determinada camiño é ou non de titularidade municipal, o Concello debe, previa consulta do seu inventario, resolver o que proceda en función do mesmo. Se como consecuencia da solicitude, ou por calquera outro motivo, existen dúbidas sobre si a titularidade dun ben é ou non municipal, de conformidade co disposto no artigo 45 do Real Decreto 1372/1986 citado, o Concello debe investigar a súa situación a fin de determinar a súa titularidade, e se procede, de conformidade co disposto no artigo 44, exercer a súa potestade de deslinde e recuperación de oficio, en defensa do seu patrimonio e da adecuada utilización do mesmo, sen que se poida impoñer o custe desta investigación a unha persoa solicitante de información. A interesada, como así consta no informe remitido polo Concello, solicitou que se lle informase si o concello era titular dun camiño, non a emisión dun informe urbanístico. O artigo 22.4 da Lei 19/2013, establece que o acceso á información será gratuíto, podendo dar lugar á esixencia de exaccións nos termos previstos na Lei 8/1989, do 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos, ou, no seu caso, conforme á normativa autonómica ou local que resulte aplicable, nos casos nos que se solicite a expedición de copias ou a transposición da información a un formato diferente ao orixinal. No mesmo senso, a Disposición adicional cuarta da Lei 1/2016, referida aos custos de acceso á información, establece a gratuidade do acceso, podendo a obtención de copias e a transposición a formatos diferentes do orixinal, estar suxeitas ao pagamento das taxas establecidas na normativa da Comunidade Autónoma de Galicia sobre o particular, taxas ou prezos que de ser esixibles, deben ser de coñecemento por parte da cidadanía, por ser esta unha garantía establecida no artigo 24.2.d) da referida Lei. Resulta claro por tanto, que o principio que debe rexer no acceso á información pública por parte da cidadanía é o de gratuidade, sendo unicamente esixible o cobro de taxas ou prezos nos casos nos que sexa necesaria a realización de copias, por non existir a información solicitada en formato electrónico ou por solicitalo así o cidadán, ou nos casos nos que sexa necesaria a transposición da información a un formato diferente ao existente. Comisión da e (•34)981569740 15700, Santiago de Compostela transparencia ACoruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 No presente caso, a resolución da solicitude de acceso á información debe conter a información referente a se o camiño é ou non de titularidade municipal, non procedendo o cobro de taxas da emisión dun certificado urbanístico non solicitado, ou o custe que supuxese ao Concello a realización dunha investigación sobre a titularidade do camiño, polo que procede a estimación da reclamación presentada, debendo o Concello resolver expresamente sobre a información solicitada sen esixencia de abono de taxa, ao non solicitarse a expedición de copias nin transposición da información a un formato diferente. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 7 de xaneiro de 2022, contra a remisión dunha liquidación polo Concello de Quiroga, dunha taxa municipal en contestación á súa solicitude de acceso á titularidade dunha vía. Segundo: Instar ao Concello de Quiroga, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Quiroga, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.02.24 10:47:12 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia