Se solicitó a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda el acceso a los informes de seguimiento del Pacto Ambiental entre la Xunta y Ence (2016). Tras el silencio administrativo, el interesado reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por falta de competencia, al determinar que la información es de naturaleza ambiental.
Puntos clave de la argumentación
1
La Ley 19/2013 tiene carácter supletorio frente a materias con regulación específica de acceso a la información, como ocurre con la información ambiental regulada en la Ley 27/2006.
2
Se considera información ambiental cualquier dato sobre el estado de los elementos del medio ambiente, medidas administrativas, planes o acuerdos en materia ambiental, así como actividades que puedan afectarlos.
3
La jurisprudencia del Tribunal de Justicia de las Comunidades Europeas establece que el concepto de medidas administrativas abarca todas las formas de ejercicio de la actividad administrativa que afecten o protejan el medio ambiente.
4
Al versar la solicitud sobre acuerdos y actividades que afectan a elementos ambientales, la tramitación y los procedimientos de recurso deben seguir la normativa específica ambiental y no la general de transparencia.
5
La Comisión da Transparencia carece de competencia para resolver reclamaciones sobre información que encaje en el régimen jurídico especial de la Ley 27/2006.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 11 de
xaneiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de febreiro de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 11 de xaneiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda aos informes de seguimento sobre o denominado Pacto Ambiental
asinado entre a Xunta e Ence en 2016.
O reclamante indicaba que non tivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 12 de xaneiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que, en
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 17 de xaneiro de 2022.
Terceiro. Con data do 9 de febreiro de 2022, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda contesta a petición, informando que a Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental
informou que non conta coa información solicitada.
Indica que se trata dunha solicitude de información ambiental, xa que se trata de información
referida a acordos en materia de medio ambiente e actividades que afecten ou poidan afectar
aos seus elementos, así como as actividades ou as medidas destinadas a protexer estes
elementos polo que considera que se debe inadmitir a reclamación ao carecer a Comisión da
Transparencia de competencias, debendo tramitarse a solicitude de conformidade co disposto
na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio
ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente.
Cuarto.- Con data do 9 de febreiro de 2022 o interesado remite escrito no que comunica que
recibiu resposta á súa solicitude na que se lle inadmite a mesma por que a Consellería carece
da información e descoñece quen é o competente. Considera que se os informes non están
en poder dunha Dirección Xeral da Consellería, e están en poder dalgún outro departamento
desa consellería, ou doutra Consellería da Xunta de Galicia, debera ser a consellería quen lle
respondese ao respecto.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda non resolveu dentro do prazo ordinario
dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que procede admitir a reclamación
presentada con data do 29 de novembro de 2021.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado presentou reclamación ante a falla de resolución por parte da Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da súa solicitude de acceso aos informes de
seguimento sobre o denominado Pacto Ambiental asinado entre a Xunta e Ence en 2016.
A Consellería, se ben non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que
a Lei establece, ditou resolución expresa o 9 de febreiro de 2022, unha vez que o interesado
tiña presentado recurso ante esta Comisión, inadmitindo a solicitude de acceso á información.
No expediente remitido, se ben existe unha contradición entre a resolución da solicitude de
acceso á información ditada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
Cambio Climático, que xustifica a súa inadmisión en base ao disposto na Lei 19/2013 e a Lei
1/2016, indicando que contra a mesma pode interporse recurso ante a Comisión da
Transparencia en base ao artigo 28.1 da Lei 1/2016, e o informe emitido por esa mesma
Dirección Xeral na mesma data, no que se considera que o expediente debe tramitarse, de
acordo coa disposición adicional primeira da Lei 19/2013, polo réxime especial da Lei 27/2006,
e por tanto carece a Comisión da Transparencia de competencia para resolvelo, esta
Comisión considera que a vía de tramitación correcta é a establecida pola normativa
ambiental.
O obxecto da solicitude é o acceso aos informes de seguimento sobre o Pacto Ambiental
asinado entre a Xunta e Ence. Como xa se sinalou en diversas resolucións desa Comisión, polo
contido da información que se solicita, débese considerar, de acordo co informe da dirección
xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático como información
ambiental, polo que de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira da Lei
19/2013, deben tramitarse, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico específico, tanto
no procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola súa
normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de
transparencia.
A Lei 19/2013 ten un carácter supletorio respecto daquelas materias que teñan unha
regulación específica de acceso á información, como sucede no caso da información
ambiental, que se atopa regulada na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os
dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de
medio ambiente.
O artigo 2.3 desta Lei considera información ambiental toda información en forma escrita,
visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma que verse sobre o estado dos
elementos do medio ambiente (aire, atmosfera, a auga, o chan etc..) os factores, tales como
substancias, enerxía, ruído etc que afecten ou poidan afectar os elementos do medio
ambiente citados anteriormente, as medidas, incluídas as medidas administrativas, como
políticas, normas, plans, programas e acordos en materia de medio ambiente, os informes
sobre a execución da lexislación ambiental, o estado da saúde e seguridade das persoas,
condicións de vida humana, bens do patrimonio histórico, cultural e artístico e construcións.
O concepto de información ambiental contido na Lei 27/2006, e nas Directivas Europeas
2003/4/CE e 2003/35/CE é dunha gran amplitude, afirmándose en diversas sentencias
Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas que abrangue calquera información relativa
ao estado dos distintos elementos do medio ambiente, as actividades ou medidas que poidan
afectar ou protexer o estado dos devanditos elementos, incluídas as medidas administrativas
e os programas de xestión do medio ambiente, debendo ser interpretada a directiva no senso
de que no concepto de medidas administrativas, non se debe excluír ningunha das actividades
que desenvolve a autoridade pública, debendo incluírse todas as formas de exercicio de
actividade administrativa. O Tribunal mantén que para que unha información se considere
que versa sobre medio ambiente a efectos da Directiva, basta que un informe da
Administración constituíse un acto que puidese afectar ou protexer o estado dalgún dos
sectores do medio ambiente aos que se refire a Directiva.
Comisión da e (•34)981569740
15700, Santiago de Compostela
transparencia ACoruña
de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
De acordo co anterior, non cabe senón concluír que a información sobre a que se solicita o
acceso, referida a acordos en materia de medio ambiente e actividades que afecten ou poidan
afectar aos seus elementos, son materias que sen dúbida deben ser incluídas dentro do
concepto de información ambiental do artigo 2 da citada Lei 27/2006, polo que deben ser
tramitadas, como así foi, de acordo co procedemento establecido na mesma, incluíndo os
procedementos de recurso, carecendo por tanto esta Comisión de competencia para resolver
sobre esta materia, polo carácter ambiental da información que se solicita.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data do 11 de
xaneiro de 2022, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de
acceso ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aos informes de
seguimento sobre o denominado Pacto Ambiental asinado entre a Xunta e Ence en 2016.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.02.24 11:19:06 +01'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia