Se solicitó a la Secretaría Xeral de Medios y a la Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia acceso a documentos sobre anticipos de caja fija. El reclamante desistió del procedimiento al recibir respuesta administrativa. La Comisión da Transparencia de Galicia acuerda aceptar la desistencia y dar por concluido el procedimiento.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública comprende contenidos o documentos en cualquier formato elaborados o adquiridos por sujetos obligados en ejercicio de sus funciones
2
El solicitante no está obligado a motivar su solicitud de acceso a la información pública según el art. 26.4 de la Ley 1/2016
3
La Administración debe aceptar de plano la desistencia y declarar concluido el procedimiento conforme al artículo 94.4 de la Ley 39/2015
4
Al comunicar el interesado que se da por satisfecho con la respuesta recibida y no existir terceros interesados, procede el archivo de la reclamación
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , en representación da
,
mediante escrito do 11 de xaneiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada
o día 22 de febreiro de 2022, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. , en representación
presentou, mediante escrito con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo o día 11 de xaneiro de 2022, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, por entender desestimada unha solicitude de acceso presentada ante a Secretaría
Xeral de Medios e Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia, de acceso aos
documentos públicos sobre anticipos de caixa fixa das entidades públicas e da Xunta de
Galicia.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude.
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
Segundo. Con data 14 de xaneiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á administración para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegaran informe e copia completa e ordenada do expediente
Terceiro. Con data do 17 de xaneiro de 2022 recibiuse escrito da entidade reclamante no que
comunica que se ben fóra de prazo, se lle notificou resolución que dá resposta á súa solicitude,
polo que da por respondida a mesma.
Cuarto. Con data do 2 de febreiro de 2022, a Secretaría Xeral de Medios remite copia do
expediente tramitado e informe sobre a solicitude de acceso á información presentado.
No informe, en resumo, faise constar que con data do 17 de xaneiro de 2022, ditouse
resolución na que se admite a solicitude e se concede ao interesado acceso á información,
comunicándolle que no ámbito da Secretaría xeral de Medios non está implantado o sistema
de anticipo de caixa fixa polo non existe ningunha información que trasladar.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O artigo 94.4 da Lei 39/2015, establece que a Administración aceptará de plano a desistencia,
e declarará concluso o procedemento salvo que, persoándose no mesmo terceiros
interesados instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foran
notificados.
No presente caso, o interesado comunica a esta Comisión que recibiu, aínda que fóra de prazo,
a resposta a súa solicitude de aceso á información presentada, dándose por satisfeito coa
mesma, polo que, non constando no mesmo terceiros interesados cuxos dereitos ou intereses
poidan resultar afectados, procede o arquivo da reclamación presentada.
De acordo co anterior, a Comisión da Transparencia
ACORDA
Único: Aceptar a desistencia e declarar concluso o procedemento.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.02.24 11:18:50 +01'00'
Mª Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia