Inadmitida 22/02/2022 · 41 días en resolverse

Inadmisión de reclamación sobre acceso a relación certificada de documentación de actividades mineras en Mondoñedo

Una asociación solicitó a la Consellería de Economía, Industria e Innovación de Galicia una relación certificada de la documentación sobre actividades mineras no autorizadas en Mondoñedo. La asociación alegó que esta petición difería de solicitudes previas. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por existir un régimen jurídico específico.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud se considera coincidente con una petición anterior sobre el mismo expediente sancionador por actividades mineras.
2 Se aplica la Disposición Adicional Primera de la Ley 19/2013, que establece la prevalencia de regímenes jurídicos específicos sobre la normativa general de transparencia.
3 La materia solicitada está regulada específicamente por la Ley 27/2006 sobre el acceso a la información medioambiental, participación pública y justicia en materia de medio ambiente.
4 El régimen específico de la Ley 27/2006 rige tanto el procedimiento de acceso a la información como los procedimientos de recurso, siendo la normativa de transparencia solo supletoria.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno , en representación mediante escrito do 12 de xaneiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de febreiro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES en representación da presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12 de xaneiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 27 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, lndustria e lnnovación pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á relación certificada da documentación pública, que obre en poder da Consellería, onde se recollan as accións levadas a cabo tras detectar no ano 2019 que na parcela - do polígono do catastro de Mondoñedo se estaban a realizar actividades mineiras posiblemente sen a preceptiva autorización. A entidade reclamante expón que a súa solicitude de consulta da documentación pública e a solicitude de consu ltar unha relación certificada da documentación pública non son a mesma solicitude nin aportan información coincidente, aínda que ambas solicitudes estean Comisión da e (•34)981569740 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela transparencia ACoruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 relacionadas coas accións levadas a cabo pola Consellería de Economía na parcela polígono do catastro de Mondoñedo, dado que unha parte relevante da información que aportaría a relación certificada da documentación pública solicitada non vai figurar na documentación pública á que, en principio, ten concedida, e que a mesma se pode obter do - cunha simple recompilación e agregación de datos obtidos dun tratamento informático simple e de uso ordinario nesa Consellería, sen que requira un traballo previo específico de elaboración de documentación e sen que teña carácter repetitivo ou abusivo. Coa reclamación achega copia da solicitude presentada, asinada con certificado dixital de representante de asociación e copia do seu DNI. Segundo. Con data do 14 de xaneiro de 2022, déuselle traslado da documentación achegada pola entidade reclamante á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 19 de xaneiro de 2022, sen que pola citada Consellería se remitise o informe e copia do expediente solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as . .,... ::..•••• Comisión da ""'. transparencia e (+34) 98156 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santia&o de Compostela ACoruña •••••• ••••., de Galicia e [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Comisión da e (•34)981569740 transparencia ACoruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación resolveu a solicitude o 27 de decembro de 2021, e a reclamación presentouse con data do 12 de xaneiro de 2022, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A asociación interesada solicitou acceso á relación certificada da documentación pública, que - obre en poder da Consellería, onde se recollan as accións levadas a cabo tras detectar no ano 2019 que na parcela do polígono do catastro de Mondoñedo se estaban a realizar actividades mineiras posiblemente sen a preceptiva autorización. Considérase que esta solicitude é coincidente coa presentada por esta mesma Asociación con data do 12 de xullo de 2021 ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sobre a que a Asociación presentou reclamación ante esta Comisión con data do 7 de outubro de 2021 (expediente RSCTG 169/2021), que foi inadmitido por esta Comisión, ao tratarse dunha solicitude de acceso a un expediente sancionador polas actividades mineiras realizadas por unha entidade mercantil nunha determinada parcela, e ser de aplicación, de conformidade co disposto na Disposición Adicional Primeira da Lei 19/2013, o disposto na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información medio ambiental, participación pública e xustiza en materia de medio ambiente, ao ter esta materia previsto un réxime xurídico específico, tanto no procedemento de acceso á información como nos procedementos de recurso, pola súa normativa específica, e supletoriamente, no non previsto, pola normativa en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por , en representación contra a Resolución do 27 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á relación certificada da documentación pública, que obre en poder da Consellería, onde se recollan as accións levadas a cabo tras detectar no ano 2019 que na parcela do polígono do catastro de Mondoñedo se estaban a realizar actividades mineiras posiblemente sen a preceptiva autorización. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/178, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.02.24 11:21:19 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia