Se solicitó al Concello de Gondomar el acceso a un expediente urbanístico. Tras el silencio administrativo, el ciudadano presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento accedió a la información solo después de que se interpusiera la reclamación ante el órgano de transparencia.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se admite por haber sido presentada en plazo contra el silencio administrativo, siguiendo la doctrina de que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento.
2
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que el Concello de Gondomar resolvió la solicitud dando acceso al expediente solo después de la intervención de la Comisión.
3
Se advierte al Ayuntamiento que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , en representación de
, mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do
Pobo o 19 de xaneiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que
se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de
-
febreiro de 2022, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. O Consejo de Transparencia y Buen Gobierno remitiu, con data do 19 de xaneiro de
2022, unha reclamación presentada por , en representación de
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 -
de outubro de 2021, de mellora da súa solicitude de acceso ao expediente .
-
de xaneiro, de Transparencia e Bo Goberno, contra o oficio do Concello de Gondomar do 26
O reclamante indicaba que solicitou ao Concello de Gondomar con data do 19 de febreiro de
2021, acceso ao expediente , sen ter obtido o mesmo.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e a acreditación da
representación que ostenta.
Segundo. Con data do 26 de xaneiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Gondomar para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Comisión da e (•34)981569740
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
transparencia ACoruña
de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
A recepción da solicitude pola administración foi o 9 de febreiro de 2022.
Terceiro. Con data do 11 de febreiro de 2022 Concello de Gondomar contesta a petición
remitindo o informe sobre a reclamación presentada.
Neste informe, en resumo, faise referencia a distintas solicitudes e actuacións municipais
respecto dunha franxa de terreo inventariada a nome do Concello e que o interesado
púxose a disposición do interesado o expediente
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
considera que pertence á propiedade, e comunica que con data do 10 de febreiro de 2022,
.
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Comisión da e (•34)981569740
transparencia ACoruña
de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que segundo consta no informe do Concello, a resolución pola que se lle da acceso ao
expediente solicitado ditouse con data do 10 de febreiro de 2022, cando o interesado xa tiña
presentada a súa reclamación con data do 19 de xaneiro de 2022, contra o silencio
administrativo, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou ao Concello o acceso a un expediente urbanístico, solicitude sobre a
que non obtivo resposta dentro do prazo que establece o artigo 20.1 da Lei 19/2013.
O Concello, unha vez solicitado informe pola Comisión, resolveu de forma expresa a solicitude
dando acceso ao interesado ao expediente solicitado, polo que procede a estimación por
motivos formais da reclamación presentada, sen prexuízo de que si o reclamante o estima
conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución
expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos,
pronunciándose a resolución que corresponda.
Debe lembrarse ao Concello de Gondomar, de conformidade co establecido no artigo 20.6 da
Lei 19/2013, que o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a
consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime
disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por ,
en representación de con data do 19 de xaneiro de 2022,
solicitude de acceso ao expediente
contra o oficio do Concello de Gondomar do 26 de outubro de 2021, de mellora da súa
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.02.24 11:20:31 +01'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia