Inadmitida 22/02/2022 · 15 días en resolverse

Inadmisión de reclamación contra el Ayuntamiento de Ourense por solicitar la incoación de un expediente sancionador vía transparencia

Una asociación reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia la falta de respuesta del Ayuntamiento de Ourense a una solicitud de incoación de expediente sancionador contra un local. La Comisión inadmitió la reclamación porque no se solicitó acceso a información pública, sino que se exigió una actuación administrativa sancionadora.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión da Transparencia de Galicia es el órgano competente para resolver reclamaciones sobre acceso a la información pública en entidades locales gallegas según la Ley 1/2016.
2 El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos elaborados o adquiridos en el ejercicio de funciones públicas para someter la acción de los responsables al escrutinio ciudadano.
3 La solicitud del recurrente no constituye un ejercicio del derecho de acceso a la información, sino una exigencia de actuación administrativa ante una situación considerada contraria a derecho.
4 La petición de incoar un expediente sancionador debe tramitarse a través del procedimiento administrativo correspondiente y no mediante la normativa de transparencia.
5 Se procede a la inadmisión de la reclamación conforme al artículo 116.c) de la Ley 39/2015 por no encuadrarse en el objeto de las leyes de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 7 de febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de febreiro de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. A presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de febreiro de 2022, unha reclamación contra a falla de contestación por parte do Concello de Ourense da súa solicitude de incoación de expediente sancionador contra un local situado na rúa do dito Concello. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2018, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2018, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 18 da Lei estatal 19/2018 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2018, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28 da mesma Lei. Na tramitación das reclamacións, debe analizar se a información solicitada é información pública ou non, e de selo, se á información solicitada lle son aplicables ou non os límites establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2018, ou se concorre na mesma algunha causa de inadmisión das establecidas no artigo 18 da mesma Lei. De acordo coa documentación presentada pola Asociación interesada, debe concluírse que non presenta reclamación contra a falla de contestación ou desconformidade cunha solicitude de acceso á información pública, senón que presenta unha reclamación contra a Reclamación contra a falla de contestación por parte do Concello de Ourense da súa solicitude de incoación de expediente sancionador contra un establecemento de hostaleira. As solicitude presentada ante o Concello, e por tanto a reclamación presentada ante esta Comisión, non pode considerarse enmarcada no exercicio do dereito de acceso á información regulado na Lei 19/2018. A este respecto, hai que indicar que o obxectivo da Lei 19/2018 é someter a escrutinio a acción dos responsables públicos, coñecer como se toman as decisións que afectan aos cidadáns, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións. No presente caso, a solicitude presentada pola Asociación interesada, diríxese a esixir ao Concello unha actuación ante unha situación que considera non conforme a dereito, que debe tramitarse polo procedemento administrativo que corresponda, sen que proceda a aplicación ao presente caso, da normativa en materia de Transparencia. Por tanto, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da reclamación presentada, ao non poder considerarse a solicitude presentada, unha solicitude de acceso á información pública de conformidade co disposto nos artigos 24 da Lei 1/2016 e 18 da Lei 19/2018. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada pola contra a Reclamación contra a falla de contestación por parte do Concello de Ourense da súa solicitude de incoación de expediente sancionador contra un local situado na rúa do dito Concello. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 18 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.02.24 11:22:16 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia