Se solicitó a la Deputación da Coruña copia de un convenio con la Asociación Vento Noso y su documentación previa. El solicitante alegó silencio administrativo al no recibir respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque la administración no dictó resolución expresa ni facilitó el acceso directo a la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
La publicidad activa y el derecho de acceso son dos dimensiones de la misma obligación de transparencia, obligando a las administraciones locales a publicar información relevante según el artículo 5 de la Ley 19/2013.
3
No es suficiente una remisión genérica al portal web; es preceptivo señalar el enlace exacto y los epígrafes específicos que lleven de forma inequívoca y directa a la información solicitada.
4
El órgano reclamado debe elegir entre entregar la información solicitada o proporcionar el enlace preciso que permita el acceso directo a la misma.
5
Se estima la reclamación debido a que la Deputación Provincial no dictó resolución expresa ni indicó la forma concreta de acceder a la información en tiempo y forma.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 19 de xaneiro
de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 19 de xaneiro de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto na
disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a
Deputación da Coruña, de obtención de copia do convenio asinado entre a dita Deputación
Provincial e a Asociación Vento Noso e da documentación previa á sinatura do mesmo.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 26 de xaneiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Deputación Provincial da Coruña para que, en cumprimento da normativa
de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
A recepción da solicitude pola administración foi o 28 de xaneiro de 2022.
Terceiro. Con data do 17 de febreiro de 2022 a Deputación Provincial da Coruña contesta a
petición remitindo o informe e o expediente instruído.
No informe do servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica da Deputación
Provincial infórmase que o convenio, na data da petición do interesado, xa podía consultarse
no Portal de Transparencia da Deputación, de acceso totalmente aberto, e do que indica o link
para acceso ao mesmo.
Co informe, remite a documentación ordenada cronoloxicamente do expediente de Proposta
de formalización do convenio.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Deputación Provincial da Coruña non resolveu a solicitude de acceso á información
expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
Como xa ten explicado esta comisión noutras resolucións a publicidade activa e o dereito de
acceso á información pública son dous caras da mesma obriga de transparencia. As
administracións locais galegas non está obrigadas á publicidade activa prevista no artigo 6 da
Lei 1/2016, pero están obrigados á mesma de acordo co disposto no artigo 5 da Lei básica
estatal 19/2013. Esta obriga consiste en que os titulares da información publicarán a
información, de forma periódica e actualizada, cuxo coñecemento sexa relevante para
garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e control da
actuación pública.
Pola súa banda o dereito de acceso á información pública é o dereito de toda persoa a acceder
á información pública, entendéndose esta como os contidos ou documentos, calquera que
sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito
de aplicación desta Lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.
Cando se presenta unha solicitude de acceso á información, o órgano que a posúen debe ditar
resolución expresa sobre a solicitude, e no caso de que a información estea publicada, pode a
indicar como se pode accederse a ela, tendo en conta que como establece o criterio
interpretativo 9/2015, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, en ningún caso é
suficiente unicamente a remisión xenérica a portal ou á sede ou páxina web, senón que é
necesario que se concrete sinalando expresamente o link que accede á información e, dentro
deste, os epígrafes, capítulos, datos e informacións exactas que se refiran ao solicitado, sendo
Comisión da e (•34)981569740
15700, Santiago de Compostela
transparencia ACoruña
de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
requisito que a remisión sexa precisa e concreta e leve, de forma inequívoca, rápida e directa
á información sen necesidade de requisitos previos, nin de sucesivas procuras.
Por tanto, o órgano reclamado que pode elixir entre ofrecer a información solicitada por vía
do exercicio de dereito de acceso exposto, ou ofrecer o link ou ligazón exacta que ofreza de
forma directa a información de que se trate. No presente caso, non costa que a Deputación
Provincial ditase resolución expresa remitindo a información solicitada ou indicando a forma
de acceder a ela, polo que procede a estimación da reclamación presentada.
Lémbrase á Deputación Provincial que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013,
o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de
infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario
previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 19 de
xaneiro de 2022, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de
acceso ante a Deputación da Coruña, de obtención de copia do convenio asinado entre a dita
Deputación Provincial e a Asociación Vento Noso e da documentación previa á sinatura do
mesmo.
Segundo: Instar á Deputación Provincial da Coruña, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar á Deputación Provincial da Coruña, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2022.03.31 08:32:15 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.