Estimada 29/03/2022 · 63 días en resolverse

Solicitud de datos sobre eutanasia y médicos objetores en Galicia con resultado estimatorio por motivos formales

Se solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia datos sobre solicitudes de eutanasia, procesos finalizados y médicos objetores por área sanitaria. Ante el silencio administrativo, se reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia. El organismo estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó facilitando la información extemporáneamente.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación fue admitida por presentarse en plazo contra una resolución presunta por silencio administrativo.
2 Se reconoce que la Consellería de Sanidade no resolvió la solicitud de acceso dentro del plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
3 La resolución es estimatoria por motivos formales debido a que la administración facilitó la información requerida tras la interposición de la reclamación.
4 Se advierte a la administración que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 25 de xaneiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 25 de xaneiro de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade, aos datos e número de solicitudes para aplicar a eutanasia que se rexistraron en Galicia dende a entrada en vigor da Lei Orgánica 3/2021, de 24 de marzo, indicando cantos procesos chegaron ao seu fin en Galicia (eutanasias que efectivamente se aplicaron), áreas sanitarias, e número de médicos que se rexistraron como obxectores para esta práctica por área sanitaria. A reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 27 de xaneiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante a Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 A recepción da solicitude pola administración foi o 31 de xaneiro de 2022. Terceiro. Con data do 22 de febreiro de 2022 Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 18 de febreiro de 2022, en base ao informe da Subdirección Xeral de Atención Hospitalaria, a Secretaría Xeral Técnica resolve conceder o acceso á información a que se refire a solicitude, remitíndolle os datos das actuacións solicitadas por área sanitaria e o estado das mesmas. Cuarto.- con data do 22 de febreiro de 2022, a interesada comunica que con data do 21 do mesmo mes, recibiu notificación da Xunta na que se aportan os datos requiridos, o que comunica para os efectos que poida ter sobre o expediente. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón que resolveu unha vez que a interesada tiña presentado recurso ante esta Comisión pola desestimación por silencio administrativo, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou acceso ante a Consellería de Sanidade, aos datos e número de solicitudes para aplicar a eutanasia que se rexistraron en Galicia dende a entrada en vigor da Lei Orgánica 3/2021, de 24 de marzo, con indicación de cantos procesos chegaron ao seu fin en Galicia (eutanasias que efectivamente se aplicaron), áreas sanitarias, e número de médicos que se rexistraron como obxectores para esta práctica por área sanitaria. A Consellería de Sanidade non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou resolución expresa que notificou á interesada con posterioridade a que esta presentase reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información. A interesada remitiu escrito no que comunica que o seu dereito foi satisfeito aínda que de forma extemporánea, polo que procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, e sen prexuízo de que si a reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. Debe lembrarse á Consellería de Sanidade que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, Comisión da e (•34)981569740 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela transparencia A Coruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 ACORDA Único : Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por con data do 25 de xaneiro de 2022, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade, aos datos e número de solicitudes para aplicar a eutanasia que se rexistraron en Galicia dende a entrada en vigor da Lei Orgánica 3/2021, de 24 de marzo, indicando cantos procesos chegaron ao seu fin en Galicia (eutanasias que efectivamente se aplicaron), áreas sanitarias, e número de médicos que se rexistraron como obxectores para esta práctica por área sanitaria. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.03.31 08:31:56 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.