Una asociación solicitó al Concello de Moaña acceso al expediente de una vivienda. Alegó que la respuesta municipal era genérica y no atendía a una resolución previa de la Comisión de Transparencia de Galicia. Dicho organismo resuelve retrotraer las actuaciones para que el Ayuntamiento dé audiencia al titular de la finca según el art. 19.3 de la Ley 19/2013.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue admitida al presentarse dentro del plazo de un mes posterior a la notificación del acto impugnado.
2
Se constata que el Concello de Moaña emitió una resolución con consideraciones generales y citas jurisprudenciales sin concretar el acceso a la información solicitada.
3
El organismo advierte a la Administración sobre la necesidad de cumplir los plazos legales y no dilatar la respuesta, evitando conductas contrarias al espíritu de agilidad de la Ley de Transparencia.
4
De acuerdo con el artículo 19.3 de la Ley 19/2013, es obligatorio abrir un periodo de audiencia a los terceros cuyos derechos o intereses puedan verse afectados por la difusión de la información.
5
Se determina que el acceso efectivo debe consistir en la remisión de copias o vista por comparecencia, y no simplemente en informar sobre el número y objeto del expediente.
6
Se deniega la solicitud de traslado de los autos a la Fiscalía de Galicia al no existir constancia de hechos presuntamente delictivos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , en representación da
mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 14 de xaneiro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación l
presentou, mediante escrito con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 14 de xaneiro de 2022, unha reclamación ao
amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 13 de xaneiro de 2022, da alcaldía de
Moaña, pola que se resolve a súa solicitude de acceso a un expediente dunha vivenda situada
.
A entidade interesada en resumo, alega na súa reclamación que a resolución impugnada
contén fundamentos que ninguén solicitou e que nada teñen que ver coa súa solicitude e que
o Concello debe entregar a documentación que se lle solicitou, ao non recorrer en prazo, a
resolución da Comisión da Transparencia de Galicia recaída no expediente RSCTG 106/2021.
Así mesmo, solicita que se lle dea traslado de oficio a totalidade do expediente á Fiscalía de
Galicia ante as presuntas irregularidades que presentan os datos do expediente.
Segundo. Con data do 27 de xaneiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Moaña para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de febreiro de 2022.
Terceiro. Con data do 16 de marzo de 2022 o Concello de Moaña contesta a petición remitindo
un oficio no que fai constar que recibiu a petición de informe sobre a reclamación con data do
14 de marzo de 2022 e que se solicitou a emisión de informe xurídico aos asesores municipais,
que se remitirá unha vez que sexa redactado por estes.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que a resolución impugnada ten data do 13 de xaneiro de 2022, e a reclamación se
interpuxo con data do 14 do mesmo mes, debe admitirse a reclamación por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou acceso ante o Concello, diversa documentación que poida existir sobre
unha vivenda situada na , e ante a falla de contestación,
presentou reclamación ante esta Comisión, que foi tramitada no expediente RSCTG 106/2021.
No dito expediente, a Comisión con data do 26 de outubro de 2021, resolveu, estimar a
reclamación presentada, instando ao Concello a resolver expresamente, abrindo período de
audiencia para que os terceiros interesados identificados puidesen realizar as alegacións que
estimasen oportunas, examinando si a información solicitada esta afectada por algún dos
límites de acceso previstos na Lei 19/2013, disociando os datos de carácter persoal existentes
ou eliminar, se procede e de forma motivada, os contidos parciais que poidan verse afectados
de forma clara polos límites legalmente previstos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, salvo no
caso de que despois da ponderación, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou
privado que xustifique en calquera caso o acceso, ou si concorre algunha causa de inadmisión
na solicitude presentada, que en todo caso debe motivarse adecuadamente na resolución.
A Asociación reclamante remitiu copia da resolución do Concello, resolución na que se fan
unha serie de consideracións xerais sobre o acceso á información en materia de ordenación
do territorio e urbanística, a ponderación que debe facerse entre a prevalencia do acceso en
caso de que o mesmo conteña datos de carácter persoal, o dereito de acceso por parte do
interesado nun procedemento administrativo en curso, a aplicación dos límites do dereito de
acceso do artigo 14 da mesma Lei, facendo abundantes citas xurisprudenciais e doutrinais,
sen concreción algunha sobre o acceso á información solicitada.
A resolución conclúe que en canto aos expedientes de licenza sobre a parcela, autorizáronse
tres, (comunicación previa para reforma interior, licenza de obra para construción de piscina
e muro de contención e comunicación previa para cerramento de parcela); respecto das actas
do Pleno municipal, remite unha ligazón á sede electrónica do Concello e respecto de cambio
de titular, e informes técnicos e xurídicos, informa que non consta ningún cambio de titular
de licenza e os informes técnicos ou xurídicos de cada título habilitante de obras, constan no
propio expediente.
Entrando na análise da resolución impugnada, debe terse en conta que a solicitude de informe
e copia do expediente tramitado foi recibida polo Concello o 7 de febreiro de 2022 (segundo
consta no acuse de recibo no expediente nesta Comisión), e non o 16 de marzo de 2022 como
figura no oficio remitido polo Concello.
Con data do 16 de marzo de 2022 o Concello de Moaña contesta a petición remitindo un oficio
no que fai constar que recibiu a petición de informe sobre a reclamación con data do 14 de
marzo de 2022 e que se remitirá informe cando sexa redactado polos asesores municipais.
Neste sentido, debe lembrarse á Administración a necesidade de cumprir cos prazos
legalmente establecidos á hora de contestar as solicitudes de acceso que se lle presenten,
para facilitar o exercicio dun dereito de base constitucional como e o dereito de acceso á
información pública e de remitir os informes que por esta Comisión se lle soliciten, e non
dilatar no tempo o mesmo, o que resulta contrario ao espírito da Lei, que previu un
procedemento áxil, cun breve prazo de resposta, que é garantía do exercicio dun dereito pola
cidadanía.
Tendo en conta que o Concello non remitiu o informe sobre a reclamación presentada nin
copia do expediente tramitado, da resolución remitida polo interesado non poden deducirse
que, tal e como se indicou na resolución da Comisión da Transparencia no expediente RSCTG
106/2021, se dera audiencia á persoa titular da parcela ou das obras sobre a que se solicita a
información. De conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, se a información
solicitada pode afectar a dereitos ou intereses de terceiros debidamente identificados (neste
caso a persoa titular da finca sobre a que se solicita a información), debe abrirse período de
audiencia para que poida realizar as alegacións que estimen oportunas, e no caso de que se
presenten alegacións, deben analizarse pola Administración actuante e valorar se debe primar
o interese público na difusión da información, concedendo neste caso acceso á mesma, ou
debe primar a protección dos intereses privados que estes terceiros poidan alegar, denegando
neste caso parcial ou totalmente o acceso á información solicitada, previa xustificación
debidamente motivada na resolución que se dite.
Unha vez que se leve a cabo o período de audiencia, debe terse en conta que a Asociación
solicitou acceso aos expedientes, non simplemente que se lle informara do número de
expediente e o seu obxecto, polo que no caso de que se resolva conceder o acceso, debe darse
acceso efectivo, ben mediante remisión de copia, ou ben mediante vista por comparecencia
de representante da Asociación.
Respecto da solicitude da entidade interesada de que por parte da Comisión da Transparencia
se dea traslado de oficio da totalidade do expediente á Fiscalía de Galicia, non procede a
mesma por non ter constancia esta Comisión da existencia de ningún feito presuntamente
delictivo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Retrotraer as actuacións a fin de que o Concello de Moaña remita a solicitude de
dereito de acceso á información pública á persoa titular da finca/inmoble aos efectos de dar
cumprimento ao disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia,
acceso á información pública e bo goberno.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.03.31 08:30:14 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.