Estimada 29/03/2022 · 49 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre el acceso a informes de reequilibrio económico de contratos del Sergas, estimada por motivos formales

Se solicitó al Servicio Galego de Saúde el acceso a informes y dictámenes sobre el reequilibrio económico de sus contratos. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no resolvió en plazo y la resolución expresa posterior fue emitida cuando la reclamación ya estaba interpuesta.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración inadmitió la solicitud basándose en el artículo 18.1.c de la Ley 19/2013, alegando que la búsqueda de la información requería una labor de reelaboración no razonable debido a la amplitud de la petición y la dispersión de los archivos.
2 Se invocó subsidiariamente el límite del artículo 14.1.f de la Ley 19/2013 para proteger la igualdad de las partes y la tutela judicial efectiva, dado que el solicitante mantiene procesos judiciales abiertos contra el Sergas por la misma materia.
3 La Comisión determina que la Consellería de Sanidade no resolvió la solicitud dentro del plazo legal establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
4 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la resolución expresa de la Asesoría Xurídica Xeral fue dictada con posterioridad a la interposición de la reclamación ante la Comisión.
5 Se recuerda a la Administración que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , en nome e representación de mediante escrito do 8 de febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. , en nome e representación de presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 8 de febreiro de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o Servizo Galego de Saúde, de acceso aos informes e ditames razoados emitidos en relación co reequilibrio ou restablecemento do equilibrio económico dos contratos do dito servizo e as súas unidades dependentes. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, asinada con certificado dixital en representación de e do seu DNI. Segundo. Con data do 11 de febreiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de febreiro de 2022 Terceiro. Con data do 8 de marzo de 2022 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. No informe a Consellería de Sanidade comunica que ao considerar que a competencia para resolver a cuestión correspóndelle á Asesoría Xurídica Xeral (Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo) remitiulle a solicitude con data do 3 de marzo de 2022 e con data do 4 de marzo de 2022, a dita Asesoría resolveu inadmitir a petición de acceso. No informe remitido pola Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, en resumo que por resolución de 4 de marzo de 2022 do Director Xeral da Asesoría Xurídica Xeral se inadmitiu a solicitude de referencia por aplicación do artigo 18.1.c da Lei 19/2013, na medida en que para acceder á mesma é preciso realizar unha amplísima labor de reelaboración da información que non é razoable e desborda as posibilidades desa unidade. A concorrencia deste causa de inadmisión argumentouse na resolución notificada ao recorrente en base a que a doutrina do Tribunal Supremo impón a interpretación restritiva das causas de inadmisión esixindo a oportuna xustificación da necesidade do tratamento previo ou reelaboración da información. A petición remitida formúlase en termos extraordinariamente amplos, que abarcan todos os informes emitidos en relación co reequilibrio ou restablecemento do equilibrio económico dun contrato do Sergas e as súas unidades dependentes, sen introducir limitación ou concreción algunha, nin desde o punto de vista temporal, expediente concreto, Asesoría Xurídica do Sergas emisora do informe, área sanitaria afectada ou réxime xurídico aplicable ao contrato. O restablecemento do equilibrio dun contrato, é unha materia extraordinariamente xenérica que abarca todos os informes sobre reequilibrio contractual emitidos pola Asesoría Xurídica do Sergas respecto de calquera contrato, en calquera momento desde o inicio do funcionamento do SERGAS (creado pola Lei 1/1989, de 2 de xaneiro) , que afecten a todas as áreas sanitarias. Os informes elaborados polas Asesorías Xurídicas do Sergas foron arquivados, desde os seus comezos, nos arquivos propios de cada Asesoría Xurídica (servizos centrais e delegacións), os iniciais en formato papel, se ben posteriormente ditos arquivos foron complementados (inicialmente) ou substituídos (despois) por arquivos informáticos con distintas datas de transición das distintas asesorías, non existindo un único sistema ou arquivo electrónico para arquivar os informes (o sistema principal é o Sistema de Seguimento de Preitos e Consultivo (SISAX), desenvolvido no ano 2012, que non se emprega por todas as asesorías xurídicas do Sergas e as que o utilizan non sempre inclúen todos os informes emitidos pola unidade. Adicionalmente, este sistema non está concibido coa finalidade de permitir buscas por materias e carece dunha parametrización homoxénea dos informes por materias ou categorías. As asesorías que non utilizan o sistema dispoñen dos seus propios arquivos electrónicos, normalmente ordenados pola data de entrada dos informes, sen entrar noutro tipo de consideracións ou parámetros. Respecto doas informes en papel, cada Asesoría ou unidade da Asesoría dispoñía do seu propio arquivo, ordenado habitualmente por ano e departamento, clasificando habitualmente os informes pola súa data de entrada ou de saída, e nunca por materia do informe. De acordo co anterior, a busca dos informes solicitados resulta terriblemente complexa e dificultosa e a razón de ser desta situación, ademais de razóns históricas derivadas da propia evolución desta administración e da súa asesoría xurídica, é a de que realmente non se considera necesaria para a prestación do servizo da asesoría xurídica dispoñer dunha base de datos de informes que permita unha busca por materias no sentido que o solicitante parece presumir que existe, polo que para atender a solicitude sería preciso unha amplísima labor de reelaboración que non é razoable e desborda as posibilidades da unidade. Ademais destaca con carácter subsidiario, a concorrencia do límite de acceso á información pública previsto no artigo 14.1.f (igualdade das partes nos procesos xudiciais e a tutela xudicial efectiva) da Lei 19/2013, por existir diversos procedementos xudiciais iniciados polo recorrente contra a Xunta de Galicia (en concreto contra o Sergas) nos que reclama o reequilibrio económico de certos contratos (procedementos , inicialmente ante o Xulgado contencioso administrativo nº2 de Ourense e posteriormente de Santiago de Compostela, procedemento aínda pendente de reparto e , ante o Xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Lugo no que suplica que se anule e deixe sen efecto a actuación administrativa recorrida e que se declare o dereito de ao restablecemento do equilibrio económico do contrato), polo que o acceso á información pública podería comprometer a defensa do Sergas en dito procedemento, sen que exista un interese que xustifique o acceso neste momento a dita información pois o solicitante xa ten acceso aos expedientes concretos que lle afectan (a través do procedemento contencioso administrativo iniciado polo mesmo), e sen que o acceso aos informes da Asesoría Xurídica da Xunta sobre reequilibrio de contratos sexan precisos para a súa defensa. Ademais existe outro procedemento ordinario interposto contra o Sergas tamén en relación co reequilibrio dun contrato, por , persoa xurídica diferente da solicitante mais que comparte o mesmo administrador único e representante (que é a persoa física que presenta a presente solicitude de acceso á información pública). FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, solicitude sobre a que se ditou resolución expresa pola Asesoría Xurídica Xeral con data do 4 de marzo de 2022, data na que a entidade reclamante xa tiña presentada reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O reclamante solicitou da Consellería de Sanidade acceso aos informes e ditames emitidos en relación co reequilibrio económico ou o seu restablecemento nos contratos do Servizo Galego de Saúde, solicitude sobre a que se ben non se resolveu dentro do prazo establecido na normativa de Transparencia, ditouse resolución expresa pola Asesoría Xurídica Xeral con posterioridade e se notificou á entidade interesada. A dita resolución, inadmite a solicitude de acceso á información en base á causa que establece o artigo 18.1.c, información para a que a súa divulgación requira unha acción previa de reelaboración e o límite do artigo 14.1.f), igualdade das partes nos procesos xudiciais e a tutela xudicial efectiva que xustifica na resolución ditada e no informe remitido a esta Comisión. De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente reclamación, sen prexuízo de que se o reclamante estímao conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á resolución expresa que se lle notificou, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. Debe lembrarse á Administración autonómica que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por , en nome e representación de con data do 8 de febreiro de 2022, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante o Servizo Galego de Saúde, de acceso aos informes e ditames razoados emitidos en relación co reequilibrio ou restablecemento do equilibrio económico dos contratos do dito servizo e as súas unidades dependentes. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.03.31 08:35:10 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.