Desestimada 29/03/2022 · 55 días en resolverse

Reclamación sobre el acceso al registro documental de un procedimiento de investigación en la Universidad de Santiago de Compostela y su desestimación

Un ciudadano solicitó a la Universidad de Santiago de Compostela el acceso a un expediente de investigación sobre un profesor. El solicitante alegó ser interesado y que los datos sensibles eran ya conocidos. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque, tras el test de daño, el perjuicio a la privacidad supera el beneficio público.

Puntos clave de la argumentación

1 La información es considerada pública al ser contenidos elaborados por un sujeto obligado en el ejercicio de sus funciones, tratándose de dilixencias preliminares a un expediente disciplinario ya finalizadas.
2 No es aplicable el límite de reserva relativo a la prevención, investigación y sanción de ilícitos penales o disciplinarios al haber concluido ya las actuaciones.
3 El contenido de la solicitud responde a un conflicto interpersonal sin trascendencia para conocer la toma de decisiones públicas o el funcionamiento de la Administración.
4 La documentación contiene datos sensibles sobre salud, denuncias y procesos penales de terceros que no pueden ser anonimizados sin perder la privacidad.
5 El test de daño concluye que la difusión de la información ocasionaría un perjuicio que no se compensa con el beneficio de la publicidad de los datos.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 2 de febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 2 de febreiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 31 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela pola que se desestima a súa solicitude de acceso ao rexistro documental correspondente ao procedemento de investigación realizado y referenciado en comunicación do Reitorado con O reclamante indica que presentou reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia, contra resolución do Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela do 6 de outubro de 2021, pola que se desestima a súa solicitude de acceso a un expediente de investigación sobre o profesor director da súa tese, da que obtivo resolución estimatoria. (Expediente RSCTG 177/2021). •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 Con data do 31 de xaneiro de 2022 recibiu notificación do Reitorado no que se sinala que non se lle considera interesado no procedemento e baseándose no dito argumento reitérase a desestimación da petición formulada, mantendo que a investigación só podería facerse pública se afectasen o funcionamento da propia Administración. A resolución fai referencia aos límites establecidos no artigo 14 da Lei 19/2013, en concreto á prevención, investigación e sanción dos ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios que considera que non existen. Respecto da xustificación da denegación na existencia de datos sensibles, considera que non serían aplicables por ser coñecidos por el previamente, de xeito que a confidencialidade non se vería vulnerada co acceso á mesma. O escrito viña acompañado de copia da resolución impugnada e do seu DNI. Segundo. Con data do 11 de febreiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Universidade de Santiago de Compostela para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de febreiro de 2022. Terceiro. Con data do 24 de febreiro de 2022 a Universidade de Santiago de Compostela contesta a petición remitindo o informe en o expediente instruído. Neste informe, en resumo indícase que en execución do acordo da Comisión de Transparencia de Galicia polo que se resolve o expediente RSCTG 177/2021, a Universidade de Santiago de Compostela abriu un período de audiencia para que o profesor interesado puidese presentar as alegacións que considerase oportunas, trámite que se lle comunicou ao reclamante. O profesor formulou alegacións en prazo e con data do 31 de xaneiro de 2022 resolveuse a solicitude de acceso á información. A documentación solicitada é un informe con correos electrónicos anexos que foi enviado polo profesor no contexto dun procedemento de dilixencias previas á apertura ou non dun expediente disciplinario. Na Resolución impugnada, realizouse a ponderación entre a publicidade do expediente e a súa reserva, así como o test de dano, concluíndo que procede manter a reserva do mesmo, considerando as limitacións ao acceso establecidas no artigo 14 da Lei 19/2013, relativas a materias de control do seu persoal e de réxime disciplinario. Respecto ao contido do escrito de reclamación, considera que no mesmo non se conteñen argumentos xurídicos que desvirtúen a resolución impugnada. O reclamante parece chamar a •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] atención sobre o que considera que foi unha actuación irregular no expediente de denegación de continuación dos seus estudos de doutoramento, asunto que xa foi obxecto de sentenza firme do xulgado contencioso-administrativo n° 1 de Santiago de Compostela no que se conclúe que foi correcta a actuación da Universidade. O reclamante parece seguir mantendo que ten a condición de interesado cando o que aquí se analiza non é a súa intervención nun procedemento administrativo, xa concluído, senón unha solicitude de acceso á información pública como cidadá. Considera o informe que o procedemento de acceso non é o foro para debater quen ten razón sobre a presunta falta de dedicación dun doutorando aos seus estudos, nin revisar se poderían existir motivos para iniciar un procedemento disciplinario, senón determinar se a información debe ser pública e se calquera cidadán ten dereito a ela. O reclamante recoñece que no expediente solicitado existe documentación sensible que afecta ás dúas partes e que o debate neste procedemento non son os intereses persoais académicos ou económicos, nin avaliar una actuación de dudoso encaixe xurídico senón de se o reclamante ten ou non dereito de acceso como calquera cidadán, a determinados datos que obran en poder da Administración. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución ditouse con data do 31 de xaneiro de 2022, e o interesado presentou a reclamación con data do 2 de febreiro de 2022, debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O reclamante solicitou o acceso a un expediente de información reservada, solicitude que foi desestimada por Resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 6 de outubro de 2021, e fronte ao que presentou reclamación ante a Comisión da Transparencia (RSCTG 177/2021), reclamación que foi estimada, instando á Universidade de Santiago de Compostela a, previa audiencia á persoa que foi obxecto das dilixencias, e ponderación entre os dereitos en xogo, instar a Universidade da responder á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. A Universidade, tras finalizar o período de audiencia e a ponderación entre a publicidade do expediente e a súa reserva, así como o test de dano, concluíu que procede manter a reserva do mesmo, dado que a documentación solicitada é un informe con correos electrónicos anexos que foi enviado polo profesor no contexto dun procedemento de dilixencias previas á apertura ou non dun expediente disciplinario. Na Resolución impugnada faise constar que a información obxecto da petición carece de transcendencia pública, tal e como se reflicte nas alegacións do profesor no trámite de audiencia, consistentes en correos electrónicos acreditativos de que o alumno non seguiu as indicacións que se lle fixeron chegar polos directores da tese, e na mesma figuran correos electrónicos de carácter persoal non relacionados cos estudos de doutoramento e que Comisión da e (•34)981569740 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela transparencia A Coruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 conteñen información que fan referencia a revelación de problemas de saúde e datos clínicos dunha persoa, acusacións graves por parte do alumno de neglixencia contra profesionais do Servizo Galego da Saúde en relación coa atención sanitaria prestada, interposición de querelas por parte do alumno contra varios profesionais do Servizo Galego de Saúde e solicitudes de intermediación para presionar a unhas das posibles testemuñas dos procesos penais emprendidos polo alumno contra profesionais do Servizo Galego de Saúde, e nos que incluso realizando unha anonimización, sería facilmente determinable a súa autoría no contexto en que as manifestacións foron formuladas. Esta Comisión non comparte a xustificación que figura na resolución impugnada de que as pescudas realizadas perante unha denuncia nun caso concreto, carecen de relevancia para o cumprimento dos principios reitores da lexislación de transparencia, e non son por tanto información pública, porque como xa se expresou na resolución do expediente RSCTG 177/2021, a información reservada finalizada, cumpre os requisitos para ser considerada información pública, por canto se trata de contidos elaborados por un suxeito incluído no ámbito de aplicación da Lei (artigo 3.1.c da Lei 1/2016 e 2.1.e da Lei 19/2013 ) no exercicio das súas función, dado que constitúe un procedemento accesorio, de carácter preliminar ou preparatorio respecto dun procedemento disciplinario, cuxa finalidade é depurar de maneira previa, se concorren indicios suficientes para a iniciación deste, e sen que lle sexa aplicable o límite referido á prevención, investigación e sanción de ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios por tratarse dunhas dilixencias finalizadas, nin o referido ás funcións administrativas de vixilancia, inspección e control polos mesmos motivos. Pero si comparte que o obxecto da solicitude ten como fondo un posible conflito interpersoal no que o contido da información solicitada non ten transcendencia aos efectos coñecer como se toman as decisións públicas ou do sistema de funcionamento da Administración e que no seu contido hai información referida a saúde e a denuncias, procedementos penais e acusacións de neglixencias de profesionais alleos ao expediente e nos que realizado o test do dano se conclúe que difundir esta información ocasionaría un dano que non se compensa co beneficio que comportaría o cumprimento das finalidades de difusión pública desta información, que non é posible anonimizar preservando a privacidade, polo que se considera realizada correctamente a ponderación de intereses en xogo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por con data do 2 de febreiro de 2022, contra a Resolución do 31 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Comisión da e (•34)981569740 o Rúa do Hórreo, 65 transparencia A Coruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Universidade de Santiago de Compostela pola que se desestima a súa solicitude de acceso ao rexistro documental correspondente ao procedemento de investigación realizado y referenciado en comunicación do Reitorado con Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.03.31 08:34:53 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.