Se solicitó a la Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia información sobre el expediente del Centro Galego de Londres. El solicitante alegó que, pese a la resolución estimatoria, no recibió la documentación real. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración admitió un error material y envió los documentos posteriormente.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue admitida al presentarse dentro del plazo de un mes posterior a la notificación del acto impugnado, conforme al artículo 24 de la Ley 19/2013.
2
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
3
Se constató la existencia de un error material en la notificación original de la Secretaría Xeral de Emigración, al omitir la resolución que expresamente se indicaba remitir.
4
La administración procedió a la rectificación del error y al envío de la documentación solicitada el 22 de febrero de 2022.
5
La estimación de la reclamación se basa en motivos formales, dado que la información fue efectivamente entregue tras la interposición del recurso.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 10 de febreiro
de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 10 de febreiro de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra Resolución da
Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2022, pola que se
resolve a súa solicitude de acceso á información sobre o Centro Galego de Londres.
O reclamante en resumo, considera que tan só se proporcionaron certos documentos que
unicamente dan resposta ao derradeiro apartado da solicitude. Considera que se ben a
resolución é formalmente estimatoria, na práctica non se concedeu acceso a toda a
información solicitada.
Os tres primeiros apartados presentaban diferentes escenarios e a Secretaría Xeral da
Emigración non facilitou ningunha da información solicitada sen máis aclaración, cando
podería ser que aínda non resolvera nin revogar a condición de Comunidade Galega ao Centro
Galego de Londres nin se arquivase a denuncia, ao estar aínda investigando os feitos, polo que
poderiamos atoparnos ante unha situación onde aínda non se podería conceder o aceso a
información porque aínda non existiría. Considera que se ese fora o caso, a Secretaría Xeral
•••• Comisión da o
. ... transparencia
::,,,.
"e
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
......
,. de Galicia
15700, Santia&o de Compostela
A Coruña
..••••••
•• [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
da Emigración debería indicalo, co fin de que o solicitante puidera repetir a mesma petición
transcorrido un prazo de tempo razoable.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución impugnada e do
seu DNI.
Segundo. Con data do 17 de febreiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Secretaría Xeral de Emigración para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 21 de febreiro de 2022.
Terceiro. Con data do 24 de febreiro de 2022 Secretaría Xeral de Emigración contesta a
petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 11 de xaneiro de 2022, o secretario xeral
da Emigración resolve conceder o acceso á información solicitada, que se notifica ao
interesado coa indicación de que se lle remite a Resolución da Secretaría Xeral da Emigración
pola que se resolve o procedemento para a revogación da condición de Comunidade galega á
entidade Centro Galego de Londres (CG_0065/201 5), respecto da información solicitada nos
tres primeiros puntos do seu escrito, por ser este o procedemento tramitado.
Ao recibirse a solicitude de informe da Comisión da Transparencia respecto da reclamación
presentada polo interesado, unha vez revisada a documentación efectivamente posta á súa
disposición, constátase que se produciu un erro material nos documentos achegados coa
resolución, dado que non se incluíu a Resolución que expresamente se lle indicaba.
Por tanto, con data do 22 de febreiro de 2022 procedeuse á rectificación do erro material e
déuselle traslado da mesma ao interesado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
•••• Comisión da o
. ... transparencia
::,,,.
"e
......
,. de Galicia
15700, Santia&o de Compostela
A Coruña
..••••••
•• [email protected]
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 13 de xaneiro de 2022 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do
Pobo con data do 10 de febreiro de 2022, debe admitirse a reclamación por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou da Secretaría Xeral de Emigración acceso á información referida a un
expediente dun procedemento aberto a un Centro Galego no exterior, do que descoñecía o
seu estado de tramitación, polo que solicita que en caso de que a Secretaría Xeral decidira
non iniciar o procedemento, se lle remitise a resolución para non inicialo, no caso de que se
decidira iniciar e posteriormente arquivar o procedemento, se lle remitise copia da resolución
de arquivo, no caso de que ao centro se lle revogase a condición de Comunidade Galega, a
data de revogación e no caso de que o Centro proporcionara nova documentación, se lle
remitise copia da mesma.
A Secretaría Xeral de Emigración resolveu conceder o acceso á información solicitada, pero na
notificación enviada ao interesado, por erro, non remitiu a Resolución pola que se resolve o
procedemento, que foi remitida, segundo consta no expediente remitido, con data do 22 de
febreiro de 2022, unha vez constatado o erro producido.
Comisión da e (•34)981569740
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
transparencia A Coruña
de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
De acordo co anterior, ao terse remitido ao interesado a documentación solicitada con
posterioridade á presentación da súa reclamación a esta Comisión, procede a estimación por
motivos formais da reclamación presentada.
Sexto. Audiencia ao interesado.
O interesado solicita que antes de redactar a proposta de resolución, se lle dea traslado de
todos os documentos incorporados ao expediente e se outorgue trámite de audiencia, de
conformidade co disposto no artigo 82.1 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo
Común das Administracións Públicas.
Non procede a apertura do trámite de audiencia, de conformidade co disposto no artigo 118
da Lei 39/2015, dado que non se tiveron en conta para a elaboración da proposta de
resolución, novos feitos ou documentos non recollidos no expediente orixinario.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único : Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por con
data do 10 de febreiro de 2022, contra a Resolución da Secretaría Xeral de Emigración da
Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2022, pola que se resolve a súa solicitude d acceso á
información sobre o Centro Galego de Londres.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.03.31 08:37:35 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.