El solicitante presentó una denuncia contra la Consellería de Cultura, Educación y Universidad por presuntos delitos penales e irregularidades contractuales. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque el escrito no constituye una solicitud de acceso a la información pública, sino una denuncia administrativa o judicial.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión debe analizar si la información solicitada es pública y si existen límites legales o causas de inadmisión aplicables.
2
El escrito presentado no constituye una reclamación contra la falta de respuesta o disconformidad con una solicitud de acceso a la información pública.
3
El contenido de la solicitud es una denuncia sobre actuaciones docentes y prácticas administrativas y contractuales, lo cual debe tramitarse por la vía administrativa o judicial correspondiente.
4
La solicitud no se enmarca en el ejercicio del derecho de acceso a la información regulado en la Ley 19/2013 y la Ley 1/2016.
5
Se procede a la inadmisión de la reclamación conforme al artículo 116.c) de la Ley 39/2015 por no ser una solicitud de acceso a la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 15 de
febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 15 de febreiro de 2022, no que denuncia a presunta Comisión de ilícitos
penais por determinador órganos da Consellería, tramitación dun expediente disciplinario e
denuncia polo que considera irregularidades en materia de contratación dun Instituto de
Educación Secundaria.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
. .,...
::..•••• Comisión da
""'. transparencia
e (+34) 98156 97 40
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santia&o de Compostela
ACoruña
••••••
••••., de Galicia e [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
A Comisión da Transparencia de Galicia, tal e como establece o artigo 33 da Lei 1/2016, é un
órgano colexiado de carácter independente que ten como función a resolución de
reclamacións fronte ás resolucións de acceso á información pública establecidas no artigo 28
da mesma Lei.
Na tramitación das reclamacións, debe analizar se a información solicitada é información
pública ou non, e de selo, se á información solicitada lle son aplicables ou non os límites
establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, ou se concorre na mesma algunha causa de
inadmisión das establecidas no artigo 18 da mesma Lei.
De acordo coa documentación presentada polo reclamante, debe concluírse que non presenta
reclamación contra a falla de contestación ou desconformidade cunha solicitude de acceso á
información pública, senón que presenta denuncias contra a Consellería polas súas actuacións
no exercicio da súa actividade docente, e contra prácticas administrativas e contractuais no
Instituto de Educación Secundaria no que exerce as súas funcións.
A reclamación presentada ante esta Comisión, non pode considerarse enmarcada no exercicio
do dereito de acceso á información regulado na Lei 19/2013. A este respecto, hai que indicar
que o obxectivo da Lei 19/2013 é someter a escrutinio a acción dos responsables públicos,
coñecer como se toman as decisións que afectan aos cidadáns, como se manexan os fondos
públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións. No presente caso, a solicitude
presentada ten o contido dunha denuncia, que debe tramitarse polo procedemento
administrativo ou xudicial que corresponda, sen que proceda a aplicación ao presente caso,
da normativa en materia de Transparencia.
Por tanto, de conformidade co disposto no artigo 116.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da
reclamación presentada, ao non poder considerarse a solicitude presentada, unha solicitude
de acceso á información pública de conformidade co disposto nos artigos 24 da Lei 1/2016 e
13 da Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
Comisión da e (•34)981569740
15700, Santiago de Compostela
transparencia ACoruña
de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
ACORDA
Único: Inadmitir a denuncia presentada por contra distintos cargos
e persoal da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 23/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.03.31 08:30:47 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.