Una asociación solicitó al Concello de Ourense expedientes de la Policía Local sobre terrazas de hostelería. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento entregar la información, previa disociación de datos personales y trámite de audiencia a los afectados.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública implica la obligación de recibir una respuesta documentada, completa y satisfactoria para ejercer el control de la actuación pública.
2
El incumplimiento de los plazos legales de respuesta es contrario al espíritu de la Ley 19/2013, que prevé un procedimiento ágil para garantizar un derecho de anclaje constitucional.
3
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
4
La información solicitada es accesible siempre que se proceda a la disociación de datos personales y se realice el trámite de audiencia a los terceros interesados.
Texto completo
Segundo. Con data do 23 de febreiro de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Ourense para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de febreiro de 2022.
Terceiro. Con data do 11 de marzo de 2022 Concello de Ourense contesta a petición remitindo
o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que o Concello non deu resposta expresa á solicitude, nin
realizou ningún trámite ao respecto por sobrecarga de traballo do Negociado de Comercio.
A información á que se refire a solicitude consiste nunha serie de informes (un total de 21) da
Policía Local, emitidos entre o 16 de xaneiro e o 14 de febreiro de 2017, relativos á situación
das terrazas de veladores de 21 establecementos de hostalería emprazados en distintas rúas
do casco histórico da cidade e ao seu axuste á normativa aplicable das licenzas concedidas.
Considera o informe que en principio, a información non supera os límites ao dereito de
acceso, polo que procedería conceder o acceso, previa disociación dos datos persoais contidos
e previo trámite de audiencia aos interesados, xa que a información solicitada podería afectar
a dereitos ou intereses dos titulares das licenzas de terrazas de veladores dos
establecementos afectados, polo que o Concello procederá, á maior brevidade posible, a
iniciar a tramitación da solicitude mediante a comunicación aos titulares do trámite de
audiencia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Ourense non resolveu a solicitude de acceso á información polo que tendo
presentada a reclamación con data do 17 de febreiro de 2022, debe admitirse a mesma por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación interesada solicitou acceso ao expediente da Policía Local en relación
coas terrazas de distintos locais de hostalaría que identifica.
O Concello no seu informe, considera que en principio o acceso ao expediente solicitado, é
información pública no que, salvo a disociación dos datos de carácter persoal, non
concorrerían no mesmo límite algún dos establecidos na normativa de Transparencia, se ben
faise necesaria a apertura do trámite de audiencia aos terceiros cuxos dereitos e intereses
poidan resultar afectados polo acceso á información.
O dereito dos cidadáns, e neste caso dunha Asociación, de solicitar aos suxeitos incluídos
dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia
calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada,
completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable
para poder exercer o control da actuación pública, resposta que neste caso non se produciu.
O artigo 20.1 da Lei 19/2013, establece que a resolución na que se conceda ou denegue o
acceso deberá notificarse ao solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitaron no prazo
máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver. Este
prazo poderá ampliarse por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da
información que se solicita así o fagan necesario e previa notificación ao solicitante.
Neste sentido, debe lembrarse á Administración a necesidade de cumprir cos prazos
legalmente establecidos á hora de contestar as solicitudes de acceso que se lle presenten,
para facilitar o exercicio dun dereito de base constitucional como é o dereito de acceso á
información pública e non dilatar no tempo o mesmo, o que resulta contrario ao espírito da
Lei, que previu un procedemento áxil, cun breve prazo de resposta e dispón a creación de
unidades de información nas administracións, o que facilita o coñecemento por parte do
cidadán do órgano ante o que deba presentarse a solicitude así como do competente para a
súa tramitación.
O respecto dos prazos establecidos na norma, alén de significar o cumprimento dunha obriga
legal, permite a adecuada garantía dun dereito que tanto a propia Lei 19/2013 como a
interpretación que da mesma fan os Tribunais de Xustiza cualifican como de configuración
ampla e escasos límites. Neste sentido, resulta relevante lembrar que nos atopamos ante un
dereito de ancoraxe constitucional que debe ser destacado como un valor intrínseco ao
concepto de democracia (Sentenza nº 46/2017, do 22 de xuño de 2017, do Xulgado Central
do Contencioso-Administrativo nº2 de Madrid, pronunciada no PO38/2016) e cuxa protección
e garantía, por tanto, ten que ter en conta esta natureza.
Debe lembrarse ao Concello que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por , en representación da
con data do 17 de febreiro de 2022, contra a desestimación por
silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Ourense ao Expediente
da Policía Local en relación coas terrazas dos distintos locais das rúas
do dito Concello.
Segundo: Instar a ao Concello de Ourense, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, tras a
finalización do trámite de audiencia, responda á petición de información solicitada,
respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da
mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Ourense, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.03.31 08:35:41 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.