Una asociación solicitó a la Consellería de Facenda de Galicia datos sobre denuncias en el sector del juego, responsabilidades patrimoniales y declaraciones de compatibilidad. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración resolvió la solicitud solo tras la intervención del organismo.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación fue admitida al haberse interpuesto dentro del plazo de un mes posterior a los efectos del silencio administrativo.
2
El derecho de acceso a la información pública permite a cualquier persona obtener documentos elaborados o adquiridos en ejercicio de funciones públicas sin necesidad de motivar la solicitud.
3
La Consellería de Facenda y Administración Pública emitió una resolución expresa el 21 de marzo de 2022, posterior a la interposición de la reclamación y tras el requerimiento de la Comisión.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la administración no resolvió la solicitud original en el plazo legal, recurriendo a una resolución tardía inducida por el procedimiento de reclamación.
5
Se advierte a la administración que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , en representación da
mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 21 de xaneiro de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. , en representación
presentou, mediante escrito con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 21 de xaneiro de 2022, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante
Consellería de Facenda, á información sobre o número de denuncias contra os grandes
operadores do xogo en Galicia, número de denuncias penais, querelas ou actuacións da
Consellería contra inspectores de xogo, denuncias administrativas y/o actuacións de oficio por
faltas cometidas por algún inspector de xogo, reclamacións de responsabilidade patrimonial
iniciadas por accións, omisións ou disfuncións da Consellería contra os seus responsables, e
informe sobre falla dunha información na declaración de compatibilidade do Sr. Conselleiro
de Facenda.
•••• Comisión da o
. ... transparencia
::,,,.
"e
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
......
,. de Galicia
15700, Santia&o de Compostela
A Coruña
..••••••
•• [email protected]
• www.comisiondatransparencia.ga1
A entidade interesada en resumo, alega que non obtivo resposta á súa solicitude.
Segundo. Con data do 3 de marzo de 2022, déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 8 de marzo de 2022.
Terceiro. Con data do 23 de marzo de 2022, a Consellería de Facenda e Administración Pública
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que no escrito presentado pola Asociación reclamante, se
realizan numerosas consideracións e alusións inconexas, e dedúcese que solicita o acceso á
información en relación co número de denuncias contra grandes operadores do xogo en
Galicia, número de denuncias penais, querelas ou actuacións da Consellería de Facenda e
Administración Pública contra os inspectores de xogo, denuncias administrativas e/ou
actuacións de oficio por faltas cometidas por algún inspector de xogo, reclamacións de
responsabilidade patrimonial iniciadas por accións, omisións ou disfuncións da consellería
contra os seus responsables, así como declaración de incompatibilidade do titular da
Consellería de Facenda e Administración Pública.
A Consellería logo de analizar o escrito presentado e centrándose na petición de datos que se
poden considerar información pública, con data do 21 de marzo de 2022 resolveuse a dita
solicitude, que foi notificada e aceptada polo interesado ese mesmo día.
Fai constar que para dar resposta a determinadas cuestións, se requiría contar cos datos
actualizados que se publican no Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de
Galicia, tendo en conta que os altos cargos da Xunta de Galicia dispoñen de tres meses, a
contar desde a súa toma de posesión ou cese, para presentar as súas declaracións de bens
patrimoniais e de actividades.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
•••• Comisión da o
. ... transparencia
::,,,.
"e
......
,. de Galicia
15700, Santia&o de Compostela
A Coruña
..••••••
•• [email protected]
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2028, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2028 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2028, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2028, do 7 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2028, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2028, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que a solicitude presentouse o 20 de xaneiro de 2022 sen obter resposta e a reclamación
tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 21 de febreiro de 2022, debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación reclamante solicitou da Consellería de Facenda e Administración Pública
información sobre o número de denuncias en materia de xogo (grandes operadores,
inspectores de xogo), reclamacións de responsabilidade patrimonial, e informe sobre falla
dunha información nunha declaración de compatibilidade.
A Consellería, unha vez solicitado informe pola Comisión, resolveu de forma expresa a
solicitude, resolución que foi notificada á Asociación interesada.
Procede por tanto a estimación por motivos formais da reclamación presentada, sen prexuízo
de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión
fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os
seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
Comisión da e (•34)981569740
o Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
transparencia A Coruña
de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Debe lembrarse á Consellería de Facenda e Administración Pública, de conformidade co
establecido no artigo 20.6 da Lei 19/2013, que o incumprimento reiterado da obrigación de
resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos
responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por
, en representación
con data do 21 de febreiro de 2022, contra a desestimación por
silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante Consellería de Facenda, á información
sobre o número de denuncias contra os grandes operadores do xogo en Galicia, número de
denuncias penais, querelas ou actuacións da Consellería contra inspectores de xogo,
denuncias administrativas y/o actuacións de oficio por faltas cometidas por algún inspector
de xogo, reclamacións de responsabilidade patrimonial iniciadas por accións, omisións ou
disfuncións da Consellería contra os seus responsables, e declaración de compatibilidade.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.03.31 08:38:29 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.