Estimada 29/03/2022 · 39 días en resolverse

Reclamación contra el Concello de Monforte de Lemos por denegación de acceso a pólizas de seguros de trabajadores (2016-2021) estimada por la Comisión da Transparencia

Se solicitó al Concello de Monforte de Lemos copia de las pólizas de seguros de vida y accidentes de sus trabajadores (2016-2021). El Ayuntamiento denegó el acceso alegando la necesidad de reelaborar la información. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al considerar que la búsqueda de expedientes no constituye una reelaboración.

Puntos clave de la argumentación

1 La reelaboración debe entenderse como la acción de volver a elaborar algo, no pudiendo confundirse con la mera agregación, suma de datos o el mínimo tratamiento de los mismos.
2 La causa de inadmisión por reelaboración es aplicable solo cuando la información deba elaborarse expresamente usando diversas fuentes o cuando la entidad carezca de medios técnicos para extraerla.
3 Cualquier causa de inadmisión basada en la necesidad de reelaboración debe estar debidamente motivada en la resolución, algo que en este caso el Ayuntamiento no hizo.
4 El volumen o complejidad de la información que requiera un proceso específico de manipulación justifica una ampliación del plazo para resolver, pero no la denegación del acceso.
5 El hecho de que los datos no consten en un único documento preexistente no justifica la inadmisión de la solicitud de acceso a la información pública.
6 El acceso a contratos de seguros de un periodo de seis años implica una simple búsqueda y examen de expedientes, lo cual no constituye una labor de reelaboración.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , en representación do , mediante escrito do 18 de febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. en representación presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de febreiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 9 de febreiro de 2022, do Concello de Monforte de Lemos, pola que se desestima a súa solicitude de acceso a copia das pólizas de vida e accidentes e calquera outro seguros subscrito polo Concello en relación aos seus traballadores nos anos 2016 a 2021. O reclamante indicaba que o entende que non se dan as circunstancias recollidas no artigo 18.1.c da Lei 19/2013 para que o Concello non entregue unha copia das pólizas de seguros contratadas para os traballadores a través da súa representación legal, dado que a información que se solicita está perfectamente concretada e non reúne as condicións de complexidade ou reelaboración expostas na devandita Resolución. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e da resolución que se impugna. A requirimento da Comisión da Transparencia, o interesado remitiu acta na que se lle elixe como , certificación sobre a composición do e Regulamento do mesmo onde, no artigo 4.2 se recollen as funcións de representación da presidencia. Segundo. Con data do 3 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Concello de Monforte de Lemos para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de marzo de 2022. Terceiro. Con data do 18 de marzo de 2022 Concello de Monforte de Lemos contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, reitérase o motivo da denegación á información solicitada, debido a que se precisa unha acción previa de elaboración (busca e elaboración de listados), sen prexuízo de que lle sexa facilitada a información concreta que sexa precisa para o desenvolvemento das súas funcións. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución ditouse con data do 9 de Febreiro de 2022 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 18 de Febreiro de 2022, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou do concello acceso a copia das pólizas de vida e accidentes e calquera outro seguros subscrito polo Concello en relación cos seus traballadores nos anos 2016 a 2021, sendo denegado o acceso á dita información por ser necesaria unha labor previa de reelaboración, consistente na busca e elaboración de listados. Respecto do concepto de reelaboración, o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno pronunciouse en numerosas ocasións e a interpretación que realiza da dita dicha causa de inadmisión quedou recollido no criterio interpretativo 7/2015, no que se establece que o concepto de reelaboración, debe entenderse desde o punto de vista literal que reelaborar é volver elaborar algo, e é esta circunstancia a que é esixible para entender que estamos ante un suposto de reelaboración. Se por reelaboración se aceptase a mera agregación, ou suma de datos, ou o mínimo tratamento dos mesmos, o dereito de acceso á información converterase no dereito ao dato ou á documentación, que non é o que sanciona o artigo 12 ao definir o dereito como dereito á información. O concepto de reelaboración como causa de inadmisión pode entenderse aplicable cando a información que se solicita, pertencendo ao ámbito funcional de actuación do organismo ou entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o citado organismo ou entidade careza dos medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada. A aplicación de toda causa de inadmisión e, concretamente a baseada na necesidade de reelaboración regulada no artigo 18. 1 e), debe quedar debidamente motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No presente caso, a resolución ditada polo Concello, carece de toda motivación relativa á aplicación da indicada causa de inadmisión máis aló da mención a que a considera de aplicación. Non se pode entender que no presente caso sexa necesaria unha labor de reelaboración no acceso a expedientes, que deben ser expedientes de contratación dos seguros contratados polo Concello e correspondentes aos anos 2016 a 2021. A reelaboración debe distinguirse dos casos nos que o volume ou complexidade da información que se solicita fai necesario un proceso específico de traballo ou manipulación para conseguila, que xustifica, como prevé o artigo 20.1 da Lei 19/2013, unha ampliación do prazo para resolver. Non se pode facer unha interpretación estrita do dereito de acceso no senso de conceder o acceso unicamente no caso de que se soliciten documentos concretos existentes: o simple feito de que a entidade pública teña que refundir ou concentrar a información que se deriva ou deduza de varios documentos, salvo que exista unha norma con rango legal que impoña esta tarefa adicional, non sempre xustifica que se poda inadmitir a solicitude. Nestes caos é necesario valorar factores tales como o volume de información que se está a solicitar, o esforzo que para o órgano vai a supoñer recompilar a información e a repercusión sobre o cumprimento das súas funcións que vaia a supoñer e o interese público existente na difusión da información. O simple feito de que os datos requiridos non consten reflectidos nun único documento concreto preexistente á solicitude, non debe baleirar de contido ao dereito de acceso á información. No presente caso, conceder acceso a contratos de seguros asinados polo Concello nun período de seis anos, non se considera que necesiten unha labor de reelaboración, senón a simple busca dos expedientes e o exame dos mesmos, como en calquera expediente de solicitude de acceso á información, a fin de determinar si concorre no mesmo algunha límite ou causa de inadmisión, que en caso de aplicarse debe xustificarse convenientemente no expedientes. De acordo co anterior, ao non considerarse xustificado o motivo de inadmisión da solicitude presentada, procede a estimación da presente reclamación. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en representación con data do 18 de febreiro de 2022, contra a denegación de Resolución do 9 de febreiro de 2022, pola que se desestima a súa solicitude de acceso a copia das pólizas de vida e accidentes e calquera outro seguros subscrito polo Concello en relación aso seus traballadores e nos anos 2016 a 2021. Segundo: Instar ao Concello de Monforte de Lemos a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Monforte de Lemos, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.03.31 08:39:41 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.