Desestimada 29/03/2022 · 29 días en resolverse

Reclamación contra el Instituto de Estudios do Territorio por denegación de acceso a planimetría de ordenación y gestión del suelo de las Illas Cíes y A Guía

Se solicitó al Instituto de Estudios do Territorio (IET) la planimetría de las Illas Cíes y A Guía utilizada para informes sobre el PXOM de Vigo. La recurrente alegó que no se le entregó la serie de planos del cartafol 03 (Ordenación y gestión del suelo). La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque dicha información no existe al carecer esas zonas de determinaciones urbanísticas.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se refiere a contenidos o documentos ya existentes y disponibles en poder del organismo en el momento de la solicitud.
2 Cuando se solicita documentación que no ha sido elaborada o no es posible elaborar por no darse las circunstancias necesarias, el sujeto obligado cumple informando claramente de su inexistencia.
3 Los planos del cartafol 03 tienen por finalidad recoger la ordenación del suelo urbano, mientras que las Illas Cíes están categorizadas como suelo rústico de especial protección de espacios naturales.
4 Dada su naturaleza de suelo rústico y su pertenencia al Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, las zonas solicitadas carecen de determinaciones urbanísticas y, por ende, no figuran en la carpeta de ordenación urbana.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 28 de febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 28 de febreiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do Instituto de Estudios do Territorio (IET) pola que se resolve a súa solicitude de acceso á planimetría en soporte non editable, correspondente aos territorios de Illas Cíes e A Guia, con base nos cales o IET realizou os seus informes de datas 24 de xullo de 2020 e 21 de decembro de 2021 en relación á revisión do PXOM de Vigo. A reclamante indicaba que solicitou a planimetría en soporte non editable (PDF) correspondentes aos territorios de Illas Cíes e A Guía, con base nos cales o IET ten realizados os seus informes de datas 24 de xullo de 2020 e 21 de decembro de 2021 en relación á revisión do PXOM de Vigo. Remitíronlle a planimetría correspondente á serie de planos 02 Clasificación e categorización do solo das Illas Cíes e da Guía, e non se lle remite a serie de planos correspondente ao cartafol 03 Ordenación e xestión do solo, que é o que se solicita, posto que os informes do IET sinalados no escrito de solicitude refírense á ordenación do solo e o IET informa respecto das tipoloxías construtivas nas distintas zonas obxectos de informe. •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 O escrito viña acompañado da solicitude formulada, a contestación remitida e o informe do IET, e do seu DNI. Segundo. Con data do 3 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 9 de marzo de 2022 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda contesta a petición remitindo o informe do Instituto de Estudos do Territorio (IET) e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que o IET resolveu expresamente a solicitude informando á interesada que o Instituto emitiu dous informes sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, un informe sobre o borrador e o documento inicial estratéxico e outro sobre o PXOM logo da súa aprobación inicial. Indícaselle á interesada onde se atopa recollida a zona da Guía e as Illas Cíes e facilitóuselle un acceso para a consulta e a descarga das follas. No escrito de reclamación, a interesada, ademais doutras consideracións, transcribía literalmente algúns apartados dos informes do IET, pero en ningún momento especificaba cal das series de planos do PXOM solicitaba, polo que se fixo a correspondente explicación na contestación do IET, sempre sobre a base de que se solicitaran os planos que foran obxecto de análise por parte do IET para emitir os informes ao Plan Xeral. Unha das cuestións que debe comprobar o IET, é a clasificación como solo rústico de especial protección paisaxística das áreas e dos espazos de especial interese paisaxístico delimitadas polo Catálogo das paisaxes de Galicia e polo Plan de ordenación do litoral de Galicia, para o que se analizan os planos nos que se recolle a clasificación do solo que establece o PXOM; (neste caso, a serie “2. Clasificación e categorización do solo”). De acordo co artigo 141 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, as dúas series de planos 2 e 3 son ambas “planos de ordenación”, e a serie 2, é a que recolle ou define a clasificación do solo, que é unha das cuestións que debe comprobar o IET cando informa un PXOM, como xa se sinalou. Os planos de ordenación do PXOM de Vigo da serie 3, teñen por finalidade recoller a ordenación do solo urbano, e tal como informa a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, na carpeta 03ORD, referida a ordenación e xestión do solo, indícase a ausencia dun total de 28 planos, dos que 18 planos se corresponden co territorio das illas Cíes que, dado o seu carácter insular, a súa categorización como solo rústico de especial protección de espazos naturais, a súa pertenza ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] de Galicia, carecen de calquera tipo de determinación urbanística, polo que non se presentan na carpeta. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que a resolución impugnada ditouse con data do 25 de febreiro de 2022 e a reclamación se interpuxo con data do 28 do mesmo mes, debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Comisión da e (•34)981569740 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela transparencia A Coruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou o acceso á planimetría correspondente aos territorios de Illas Cíes e A Guia, con base nos cales o dito Instituto realizou os seus informes en relación á revisión do PXOM de Vigo. Por parte do Instituto, informóuselle que se emitiran informes ao borrador e o documento inicial estratéxico do PXOM, e sobre o PXOM de Vigo, logo da súa aprobación inicial e se lle facilitou acceso á información da zona da Guía (folla 1 do plano de ordenación) e das Illas Cíes (follas 20, 21, 22 e 23 do dito plano) e sobre os que a reclamante bota en falta que se lle dera acceso á serie de planos correspondente ao cartafol 03 Ordenación e xestión do solo, que é o que se solicita. De acordo co informe emitido polo Instituto, os planos correspondentes ao cartafol 3, teñen por finalidade recoller a ordenación do solo urbano, e no referente ás illas Cíes, dada a súa categorización como solo rústico de especial protección de espazos naturais e a súa pertenza ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, carecen de calquera tipo de determinación urbanística, polo que non figuran na carpeta. De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal 19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio das súas competencias. No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información ou unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose obrigatorio facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou ben simplemente porque non é necesario ou non é posible elaborala porque non se dan as circunstancias para facelo, o suxeito obrigado cumpre, indicando ao solicitante con claridade, que a información solicitada non existe. De acordo co anterior, considérase axeitada a resposta dada polo Instituto de Estudos do Territorio respecto dos planos correspondente ao cartafol 03 referente ás illas Cíes obxecto deste recurso. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por contra a Resolución do Instituto de Estudios do Territorio (IET) pola que se resolve a súa solicitude de acceso á planimetría en soporte non editable, correspondente aos territorios de Illas Cíes e A Guia, con base nos cales o IET ha realizados os seus informes de datas 24 de xullo de 2020 e 21 de decembro de 2021 en relación á revisión do PXOM de Vigo. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.03.31 08:41:05 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.