Desistimiento 29/03/2022 · 29 días en resolverse

Reclamación por acceso a información sobre sanciones de tráfico en el Concello de Vigo finalizada por desistencia

Se solicitó al Concello de Vigo un listado detallado de sanciones por exceso de velocidad de 2020 y 2021. El interesado alegó silencio administrativo, pero posteriormente comunicó haber recibido la información. La Comisión da Transparencia de Galicia acuerda aceptar la desistencia del solicitante y dar por concluido el procedimiento.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión da Transparencia es el órgano competente para resolver reclamaciones contra entidades locales de Galicia según la disposición adicional quinta de la Ley 1/2016.
2 El procedimiento de reclamación se ajusta a lo previsto en la legislación de procedimiento administrativo común en materia de recursos.
3 El derecho de acceso a la información pública se reconoce de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su solicitud.
4 Conforme al artículo 94.4 de la Ley 39/2015, la Administración debe aceptar de plano la desistencia y declarar concluido el procedimiento si no existen terceros interesados.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por mediante escrito do 28 de febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. : presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 28 de febreiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello de Vigo, ao listado que detallase cada unha das sancións de tráfico por exceso de velocidade tramitada pola Policía Local de Vigo nos anos 2020 e 2021, con indicación do nome do equipo (radar) que detecta o exceso de velocidade, artigo legal vulnerado, dirección da infracción e data e hora. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude. Con data do 2 de marzo de 2022, o interesado remite escrito no que comunica que o Concello de Vigo lle remitiu a información demandada, polo que solicita que se teña por desistida a súa reclamación. O escrito viña acompañado de copia do seu DNI. •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. •••• Comisión da o . ... transparencia ::,,,. "e ...... ,. de Galicia 15700, Santia&o de Compostela A Coruña ..•••••• •• [email protected] O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente O artigo 94.4 da Lei 39/2015, establece que a Administración aceptará de plano a desistencia, e declarará concluso o procedemento salvo que, persoándose no mesmo terceiros interesados instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foran notificados. No presente caso, o interesado comunica a esta Comisión que recibiu, aínda que fóra de prazo, a resposta a súa solicitude de aceso á información presentada, dándose por satisfeito coa mesma, polo que, non constando no mesmo terceiros interesados cuxos dereitos ou intereses poidan resultar afectados, procede o arquivo da reclamación presentada. De acordo co anterior, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Aceptar a desistencia e declarar concluso o procedemento. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.03.31 08:40:28 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.