Estimada 29/03/2022 · 39 días en resolverse

Reclamación por falta de respuesta del Concello de Monforte de Lemos sobre la composición del Grupo de Trabajo de la Relación de Puestos de Trabajo, resuelta como estimación por motivos formales

Se solicitó al Concello de Monforte de Lemos la composición del Grupo de Trabajo encargado de elaborar la Relación de Puestos de Trabajo. El solicitante alegó falta de respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que el Ayuntamiento entregó la información solicitada una vez iniciado el procedimiento de reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, sin que el solicitante esté obligado a motivar su petición.
2 Las reclamaciones contra resoluciones presuntas en materia de acceso a la información pueden interponerse en cualquier momento, siguiendo la doctrina de los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
3 La reclamación se admite por haber sido presentada en plazo, dado que el Ayuntamiento resolvió la solicitud una vez transcurrido el tiempo legalmente establecido.
4 Se estima la reclamación por motivos formales debido a que el Concello remitió la información solicitada al interesado tras el requerimiento de la Comisión.
5 Se advierte al Ayuntamiento que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , en representación do , mediante escrito do 18 de febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de marzo de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. , en representación presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de febreiro de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación da súa solicitude presentada ante o Concello de Monforte de Lemos de información das persoas que forman o Grupo de Traballo que está a elaborar a Relación de Postos de Traballo do Concello. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude de acceso á información. Comisión da e (•34)981569740 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela transparencia ACoruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do DNI do reclamante. A requirimento da Comisión da Transparencia, o interesado remitiu acta na que se lle elixe como , certificación sobre a composición do e Regulamento do mesmo onde, no artigo 4.2 se recollen as funcións de representación da presidencia. Segundo. Con data do 3 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Concello de Monforte de Lemos para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 7 de marzo de 2022. Terceiro. Con data do 18 de marzo de 2022 Concello de Monforte de Lemos contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe o Concello comunica que con data do 17 de marzo de 2022, remitiu copia ao solicitante da composición do Grupo de traballo que está a elaborar a relación de postos de traballo que consta na súa acta de constitución. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. . .,... ::..•••• Comisión da ""'. transparencia e (+34) 98156 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 15700, Santia&o de Compostela ACoruña •••••• ••••., de Galicia e [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. . .,... ::..•••• Comisión da ""'. transparencia e (+34) 98156 97 40 15700, Santia&o de Compostela ACoruña •••••• ••••., de Galicia e [email protected] • www.comisiondatransparencia.ga1 Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Monforte de Lemos resolveu a solicitude de acceso á información unha vez transcorrido o prazo que establece o artigo 20.1 da Lei 19/2013, unha vez que o interesado tiña presentada a súa reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou información das persoas que forman o Grupo de Traballo que está a elaborar a Relación de Postos de Traballo do Concello, sen obter no prazo que a Lei establece, resolución sobre a súa solicitude. O Concello, unha vez solicitado informe pola Comisión, resolveu de forma expresa a solicitude remitíndolle ao interesado a información referente á composición do grupo de traballo solicitado. Procede por tanto a estimación por motivos formais da reclamación presentada, sen prexuízo de que se o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. Debe lembrarse ao Concello, de conformidade co establecido no artigo 20.6 da Lei 19/2013, que o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Comisión da e (•34)981569740 transparencia ACoruña de Galicia e [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA - Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por en representación Monforte de Lemos de Lemos, pola que se desestima a súa solicitude de acceso a copia das con data do 18 de febreiro de 2022, contra a Resolución do 9 de febreiro de 2022, do Concello de pólizas de vida e accidentes e calquera outro seguros subscrito polo Concello en relación aso seus traballadores e nos anos 2016 a 2021. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.03.31 08:38:10 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.