Se solicitó a la Consellería de Política Social de Galicia la base de datos utilizada para el informe sobre el impacto del COVID-19 en centros sociosanitarios. La administración inadmitió la petición alegando que la base de datos no existía en su poder y requeriría reelaboración. La Comisión da Transparencia estima la reclamación y ordena remitir la solicitud a la Universidad de Santiago de Compostela.
Puntos clave de la argumentación
1
La información pública comprende los contenidos o documentos que consten en poder de los sujetos obligados y hayan sido elaborados o adquiridos en ejercicio de sus funciones.
2
No se puede considerar como información pública la entrega del programa informático en sí, pero sí la información contenida en la base de datos siempre que no afecte a límites legales o causas de inadmisión.
3
Según el artículo 19.4 de la Ley 19/2013, si la información fue elaborada en su integridad o parte principal por un tercero, el sujeto obligado debe remitir la solicitud a dicho tercero para que decida sobre el acceso.
4
La Consellería no puede alegar falta de disponibilidad o necesidad de reelaboración cuando la base de datos fue generada por un ente externo (USC) para un informe presentado como propio ante el Parlamento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 28 de
febreiro de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de abril de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 28 de Febreiro de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 25
de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria pola que se
inadmite a súa solicitude de acceso ante a Consellería de Política Social, á base de datos
empregada para a elaboración á que fai referencia na súa páxina 17 o informe Impacto del
COVID-19 nos centros sociosanitarios de Galicia entregado pola dita Consellería no
Parlamento o 19 de xaneiro de 2021
O reclamante, en resumo, indica que se lle inadmite a solicitude amparándose nas letras b) e
c) do artigo 18.1 da Lei 18/2013, que prevén dita inadmisión, cos argumentos de o solicitado
ten carácter auxiliar ou de apoio para informes internos ou entre órganos ou entidades
administrativas e que elaborar a base de datos sería un traballo adicional e a obriga é a de
facilitar a documentación que xa está elaborada.
Remite documento de Informe impacto Covid19 nos centros sociosanitarios, elaborado pola
Universidade de Santiago de Compostela e entregado pola Xunta como documento propio no
Parlamento de Galicia, onde consta na súa páxina 17 que para el análisis específico de los
centros gerátricos, se recogieron en una base de datos diseñada para este fin las siguientes
variables que a continuación detalla.
Por tanto, considera que non e admisible alegar a necesidade de reelaboración, xa que esa
base de datos que solicito xa está elaborada.
Por outra banda, considera que tampouco é admisible argumentar que a base de datos
solicitada ten carácter auxiliar ou de apoio para informes internos ou entre órganos ou
entidades administrativas, xa que por unha banda, o informe foi elaborado pola Universidade
de Santiago de Compostela, así que se a base de datos serviu de apoio ao mesmo, este non
foi un informe interno senón elaborado externamente e ademais foi posto a disposición do
Parlamento de Galicia e calquera cidadán o pode consultar.
Considera que inadmitir a solicitude de acceso a unha base de datos empregada para elaborar
un informe como este suporía atacar o espírito mesmo da Lei de Transparencia, por impedir
o acceso aos datos en bruto ou orixinais que en teoría sustentan un informe que a
administración presenta como as súas propias conclusións. Como se pode comprobar no
informe, os datos proceden principalmente dos Sistemas de Información da Consellería de
Política Social, Sistemas de Información de la Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería
de Sanidade e Instituto Galego de Estadística (IGE), polo que son datos públicos en orixe, que
permitiron conformar unha base de datos que xa está elaborada e que polo tanto non require
de reelaboración, e que non ten un carácter auxiliar para informes internos ou entre órganos
administrativos porque o informe non é interno senón público.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 3 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Política Social para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 3 de marzo de 2022.
Terceiro. Con data do 22 de marzo de 2022, a Consellería de Política Social contesta a petición,
remitido a copia do expediente tramitado e informe sobre a reclamación presentada.
Con data do 25 de febreiro de 2022, notificouse ao recorrente resolución do director xeral de
Atención Integral Sociosanitaria na que se inadmite a solicitude en base ao disposto no artigo
18.1 b) e c) da Lei 19/2013.
Se require da Consellería o acceso a unha base de datos inexistente e que ademais, no caso
de existir tería carácter auxiliar ou de apoio do informe impacto del COVID 19 nos centros
socio-sanitarios de Galicia, elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela.
O informe que se presentou no Parlamento con data do 19 de xaneiro de 2022, encargouse
pola Consellería de Política Social á Universidade de Santiago de Compostela, e realizouse por
investigadores da Area de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade. Como
consecuencia da prestación de servizos, non se entregou en ningún momento polos autores
do informe, base de datos algunha en formato dixital na que aparezan desagregados os datos
requiridos polo agora recorrente na súa solicitude, polo que non existe na Dirección Xeral nin
está dispoñible a base de datos solicitada.
Como figura no propio informe de impacto Covid-19, se sinala que os datos utilizados no
estudio proceden principalmente de tres fontes: Sistemas de información da Consellería de
Política Social, Sistemas de Información da Consellería de Sanidade e Instituto Galego de
Estatística (IGE), que a Dirección Xeral non posúe.
Considera a Consellería aplicable a causa de inadmisión establecida no artigo 18.1.b) referida
ás solicitudes de acceso á información para cuxa divulgación sexa necesario una acción previa
de reelaboración. Neste caso se están a solicitar información extraída de 20 variables coas que
se levou a cabo un análise estatístico descritivo polos autores do informe elaborado pola
Universidade de Santiago de Compostela, que non existe na Consellería e por tanto necesitaría
un proceso previo de elaboración.
Indica o informe ademais que o recorrente xa promoveu a lo menos un expediente similar no
que pedía a información sobre o numero de falecidos positivos por Covid-19 que residían en
cada unha das residencias ou centros socio-sanitarios de maiores e dependentes de Galicia,
que deu lugar a resolución da Comisión de Transparencia de Galicia de 24 de febreiro de 2021,
(expediente RSCTG 3/2001), na que se estimaba a reclamación presentada contra a
Resolución do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade pola
que se lle concede acceso a información sobre datos de falecidos con positivo por Covid 19.
Como consecuencia do trámite de audiencia evacuado en cumprimento da resolución
referenciada, varios interesados presentaron escrito de alegacións opoñéndose á concesión
do acceso. Con data do 13 de abril de 2021, concedeuse acceso pola Dirección Xeral e a
resolución referenciada foi obxecto dun recurso contencioso administrativo que se substancia
ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Tendo en conta esta situación de litispendencia, considera a Consellería que debería de
suspenderse o presente procedemento ata que exista unha resolución xudicial firme e sobre
o que cita un ditame do Consejo de Estado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que a resolución ditouse con data do 25 de febreiro de 2022, e a reclamación se
interpuxo con data do 28 do mesmo mes, debe admitirse a mesma por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O reclamante solicitou á Consellería de Política Social acceso á base de datos na que figuran
as variables dos centros xeriátricos para a súa análise recollidos no Informe del Covid-19 en los
centros sociosanitarios de Galicia elaborado pola Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública
da Universidade de Santiago de Compostela e que foi presentado ao Parlamento de Galicia,
acceso que lle foi denegado pola Consellería, por non estar no seu poder e considerar que na
solicitude concorren dúas causas de inadmisión das establecidas no artigo 18.1 da Lei
19/2013, porque para proporcionar a dita información é necesaria unha labor previa de
reelaboración e que se trata de información que se pode cualificar de auxiliar ou de apoio.
Como establece a normativa en materia de Transparencia, por información pública débese
entender os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que
consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da lei e que fosen
elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións. O obxecto da solicitude (base de
datos en formato dixital) considérase que non pode incluírse dentro do concepto de
información pública a entrega do programa informático que contén os datos pertencentes a
un mesmo contexto e almacenados sistematicamente para o seu posterior uso (neste caso,
datos referentes a centros de maiores, situación, titularidade, tipo de centro, prazas, persoal
e datos referentes a persoas contaxiadas por Covid-19), pero si en principio, a información
contida na mesma que non estea afectado pola existencia de algún dos límites, establecidos
nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013 ou causas de inadmisión do artigo 18 da mesma Lei.
A Consellería inadmitiu a solicitude de acceso, por non estar no seu poder a base de datos
solicitada, que non foi elaborada por ela, senón pola Área de Medicina Preventiva e Saúde
Pública da Universidade, cos datos obtidos de diversas fontes. De conformidade co disposto
no artigo 19.4 da Lei 19/2013, si a información obxecto da solicitude, aínda obrando en poder
do suxeito ao que se dirixe, fose elaborada ou xerada na súa integridade ou en parte principal
por outro, debe remitírselle a solicitude para que esta decida sobre o acceso.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo a
Consellería de Política Social remitir a solicitude á Universidade de Santiago de Compostela
para que por esta, previa apertura do trámite de audiencia, se procede, a terceiros
debidamente identificados cuxos dereitos ou intereses poidan resultar afectados polo acceso,
e previa análise da existencia de límites no acceso á información ou causas de inadmisión que
poidan concorrer la información solicitada, dite resolución expresa sobre a solicitude.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 25 de
febreiro de 2022, contra a Resolución do 25 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de
Atención Integral Sociosanitaria pola que se inadmite a súa solicitude de acceso ante a
Consellería de Política Social, á base de datos empregada para a elaboración e á que fai
referencia na súa páxina 17 o informe Impacto del COVID-19 nos centros sociosanitarios de
Galicia entregado pola dita Consellería no Parlamento o 19 de xaneiro de 2021.
Segundo: Instar a Consellería de Política Social, a que de conformidade co disposto no artigo
19.4 da Lei 19/2013, remita á solicitude presentada polo reclamante á Universidade de
Santiago de Compostela para que esta resolva sobre a mesma.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.04.28 09:27:42 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.