Desestimada 26/04/2022 · 55 días en resolverse

Reclamación por denegación de acceso a información sobre vacunación y reinfecciones por COVID-19 en Galicia

Se solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia un informe sobre el número de personas vacunadas con COVID-19 y el número de reinfecciones. El solicitante alegó que la administración disponía de los datos y que la inadmisión no estaba motivada. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación porque la información requerida exige una reelaboración de datos brutos.

Puntos clave de la argumentación

1 La inadmisión de una solicitud basada en el artículo 18 de la Ley 19/2013 debe motivarse de manera clara y concreta por tratarse de una excepción al derecho de acceso a la información.
2 El concepto de reelaboración es aplicable cuando la información debe elaborarse expresamente para dar respuesta haciendo uso de diversas fuentes o cuando el organismo carece de los medios técnicos para extraer la información concreta.
3 El derecho de acceso se refiere a información que ya existe y está disponible, y no puede confundirse con el derecho a que la Administración confeccione un informe a medida del solicitante.
4 Aunque la resolución impugnada carecía de motivación, el informe posterior de la Consellería acreditó que para proporcionar los datos sobre reinfecciones sería necesaria una acción previa de tratamiento estadístico y reelaboración de datos brutos.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 2 de marzo de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de abril de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 2 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 1 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública pola que se inadmite a súa solicitude de acceso a informe no que se detalle o número de persoas vacinadas con pauta completa contra o coronavirus nas que se diagnosticou a COVID-19 en Galicia despois de completar a vacinación, número de persoas nas que se detectaron dúas, tres, catro e cinco infeccións distintas de coronavirus en Galicia. O reclamante indicou, en escrito do 2 de marzo de 2022, que non recibira resposta á súa solicitude. Con data do 7 de marzo de 2022 o reclamante remite escrito no que informa que con data do 2 de marzo de 2022 recibiu resolución pola que se inadmite a súa solicitude. O interesado considera que a solicitude non incorre en ningún dos supostos que a lei establece para a inadmisión dado que a non require unha acción previa de reelaboración. A resolución impugnada limítase a reproducir o artigo da lei básica de transparencia, pero non motiva en concreto que medios precisa nin en que sentido carece dos mesmos, e non di tampouco cales son as diversas fontes das que debe facer uso, como esixe a doutrina e xurisprudencia que cita. Considera que Consellería dispón dos datos solicitados, xa que os notifica á Red Nacional de Vigilancia Epidemiológica (Renave) a través do sistema SiViEs, conforme ao documento Estrategia de detección precoz, vigilancia y control de covid-19, aprobado pola ponencia de alertas e plans de preparación e resposta e pola comisión de saúde pública do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, reunións ás que asiste á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. A información solicitada é de indubidable interese público para coñecer o avance da pandemia de covid-19 en Galicia. Segundo. Con data do 8 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 8 de abril de 2022, a Consellería de Sanidade contesta á petición remitindo copia do expediente e o informe solicitado. No dito informe, en resumo, indícase que a Covid-19 é unha enfermidade de declaración obrigatoria urxente da que a Dirección Xeral de Saúde Pública dispón dos datos individualizados das persoas con esta infección a través do Sistema de Información VIXÍA que se nutre de todas as notificacións que realizan os hospitais/centros sanitarios que realizan probas de diagnose da enfermidade. A Dirección Xeral tamén dispón doutros sistemas de rexistro, como pode ser o rexistro de vacinas RVACU, no que se rexistra a información de todas as vacinas que se subministran as persoas coa data de administración, lote, vacina administrada e outra información de interese. Todas as comunidades autónomas remiten diariamente e dun mesmo xeito á Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica (RENAVE), a través do Sistema SiViEs, os datos automatizados solicitados por ese organismo segundo indica a Estratexia Nacional de detección Precoz, Vixilancia e Control da COVID-19. Estes datos remítense segundo as instrucións previas formuladas polo Instituto de Saúde Carlos III (casos positivos, xunto con outros datos, como poden ser os datos de cobertura de vacinación, entre outros) e a variable "reinfeccións", que solicita o interesado, non se atopa entre aquelas que se remiten como tal ao RENAVE e para a obtención destes datos se precisa de elaboración e tratamento estatístico. O feito de que o RENAVE trate os datos e emita un informe cos datos de reinfeccións, non significa que sexa a Consellería de Sanidade a que facilite estes datos como tal, dado que a Consellería facilita os datos en bruto xa que os datos facilitados ao RENAVE son brutos e automatizados (casos positivos, data de inicio, data de resolución, data de vacinación, DNI, entre outros), polo que este órgano precisa dunha acción previa de reelaboración para emitir o informe solicitado polo interesado no que se detalle o número de persoas vacinadas con pauta completa contra o coronavirus nas que se diagnosticou a COVID-19 en Galicia despois de completar a vacinación e número de persoas que nas que se detectaron dúas, tres, catro e cinco infeccións distintas de coronavirus en Galicia. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo, pero ditou resolución expresa con data do 1 de marzo de 2022, e o interesado tiña presentada reclamación contra a desestimación por silencio administrativo o 2 de marzo, presentando alegacións con data do 7 do mesmo mes, unha vez recibida a resolución expresa, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a unha información referente ao número de persoas vacinadas con pauta completa contra o coronavirus nas que se diagnosticou Covid-19 en Galicia despois de completar a vacinación, e número de persoas nas que se detectaron dúas, tres, catro e cinco infeccións distintas de coronavirus en Galicia, solicitude que desestimou inicialmente por silencio administrativo, e se inadmitiu posteriormente por resolución expresa en base ao disposto no artigo 18 da Lei 19/2013. A resolución ditada pola que se inadmite a solicitude de acceso á información, carece de motivación algunha, limitándose a reproducir literalmente o disposto no artigo 18.1 da Lei 19/2013, o que se considera que non é procedente. Entre os estándares internacionais do dereito de acceso á información pública destaca especialmente o principio de transparencia máxima, en virtude do cal o alcance do dereito á información debe ser tan amplo como a gama de información e entidades respectivas, así como os individuos que poidan reclamar o dereito. Este principio cobra especial importancia respecto da aplicación das causas de inadmisión das solicitudes, por canto as restricións han de ser as mínimas e deben estar sometidas a un escrutinio severo. Non debe obviarse o especial coidado e deber de motivación que deben ter os suxeitos obrigados para acudir ás causas de inadmisión. Por tanto, a inadmisión dunha solicitude por algunha das causas de inadmisión expresadas no artigo 18 da Lei 19/2013 debe motivarse de maneira clara e concreta para cada suposto concreto con especial coidado, dado que se trata dunha excepción ao dereito de acceso á información. No informe remitido pola Consellería a petición desta Comisión, explícase de forma clara que a Covid-19 é unha enfermidade de declaración obrigatoria urxente da que se dispón de datos individualizados das persoas afectadas nun Sistema de Información alimentado da información que remiten os hospitais e centros sanitarios. Disponse tamén dun rexistro de vacinas no que se rexistra a información de todas as vacinas coa súa data de administración, lote, vacina administrada e outra información de interese. A Comunidade Autónoma, como o resto das Comunidades Autónomas, remite diariamente á Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica (RENAVE) os datos automatizados solicitados por ese organismo segundo as instrucións previas formuladas polo Instituto de Saúde Carlos III (casos positivos, xunto con outros datos, como poden ser os datos de cobertura de vacinación, entre outros), sen que se atope entre estes datos a variable reinfeccións que é a solicitada polo reclamante. Para a obtención deste dato pola Consellería, sería necesario unha acción previa de reelaboración para emitir o informe sobre número de persoas vacinadas con pauta completa, con diagnostico de COVID-19 despois de completar a vacinación e número de persoas nas que se detectaron dúas, tres, catro e cinco infeccións distintas. A interpretación feita polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno respecto do concepto de reelaboración, quedou recollido no criterio interpretativo 7/2015 no que se establece que o concepto de reelaboración como causa de inadmisión pode entenderse aplicable cando a información que se solicita, pertencendo ao ámbito funcional de actuación do organismo ou entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o citado organismo ou entidade careza dos medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada. A sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017 establece que a Lei recoñece o dereito dos cidadáns ao acceso á información, pero á información que existe e que está xa dispoñible, o que é distinto, de recoñecer o dereito a que a Administración produza, aínda que sexa con medios propios, información que antes non tiña. O dereito á información non pode ser confundido co dereito á confección dun informe por un órgano público a instancias dun particular, polo que o artigo 18.1.c) establece como causa de inadmisión os supostos nos que a información que se solicita require dunha elaboración e confección. Nestes casos, é indiferente que dita información obre en poder da Administración ou de calquera outro suxeito obrigado, debendo interpretarse o artigo 13 da Lei no senso de que o dereito á información pública non pode converterse no dereito a obter un informe a medida do requirido polo solicitante nin de crear ou producir información coa que non conten ou non teñan obrigación de contar ao momento de efectuarse a solicitude. De acordo co anterior, se ben na resolución impugnada se considera que non está debidamente motivada a causa de inadmisión, si o está no informe remitido pola Consellería a necesidade de que para proporcionar a información solicitada, é necesario elaborala expresamente, polo que procede e desestimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por con data do 2 de marzo de 2022, contra a desestimación inicial por silencio e contra a posterior Resolución do 1 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública pola que se inadmite a súa solicitude de acceso a informa no que se detalle o número de persoas vacinadas con pauta completa contra o coronavirus nas que se diagnosticou a COVID-19 en Galicia despois de completar a vacinación, número de persoas que nas que se detectaron dúas, tres, catro e cinco infeccións distintas de coronavirus en Galicia Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.04.28 09:29:43 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.