Estimada 26/04/2022 · 50 días en resolverse

Reclamación contra la denegación de acceso a datos de casos de covid-19 por municipio en Galicia y estimación de la solicitud

El solicitante pidió a la Consellería de Sanidade de Galicia el número total de casos de covid-19 por municipio. La administración denegó el acceso alegando que requería una reelaboración de la información. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, instando a la entrega de los datos al no justificarse la causa de inadmisión.

Puntos clave de la argumentación

1 Las causas de inadmisión del artículo 18 de la Ley 19/2013 deben interpretarse de forma restrictiva, ya que el acceso a la información es un derecho configurado ampliamente.
2 Se considera que existe reelaboración solo cuando la información debe crearse expresamente usando diversas fuentes o cuando el organismo carece de los medios técnicos necesarios para extraerla.
3 La aplicación de la causa de inadmisión por reelaboración requiere una motivación debidamente detallada en la resolución de respuesta.
4 La propia Consellería de Sanidade admitió en su informe posterior que no necesitaba reelaborar expresamente la información para responder al interesado.
5 La resolución se apoya en el Criterio Interpretativo 7/2015 del Consejo de Transparencia y Buen Gobierno y en la jurisprudencia del Tribunal Supremo.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 7 de marzo de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de abril de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 7 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 1 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade pola que se inadmite a trámite a súa solicitude de acceso a un informe que reflicta o número total de casos de covid-19 diagnosticado en cada un dos municipios de Galicia dende que existen rexistros ata a data de resolver a solicitude. O reclamante en resumo, indica que se lle denega o acceso á información por que se considera que se vulnera o artigo 18.1.c da lei 19/2013, é dicir, entende que require unha acción previa de reelaboración da información. O interesado, de acordo co criterio interpretativo 7/2015, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, a doutrina da Comisión da Transparencia de Galicia e xurisprudencia do Tribunal Supremo que cita, que a resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública, se limita a reproducir o artigo legal, pero non especifica en concreto que medios precisa nin en que sentido carece dos mesmos, e non di tampouco cales son as diversas fontes das que debe facer uso, tal e como establece o criterio interpretativo. A Consellería de Sanidade dispón dos datos solicitados xa que cada día actualiza unha páxina web (coronavirus.sergas.gal/datos) na que consta o número de diagnosticados nos últimos sete e catorce días en cada un dos concellos galegos e na web si aparece o número total de casos diagnosticados en cada unha das áreas sanitarias galegas. A solicitude de información presentada é semellante á que este mesmo reclamante pediu noutro expediente (SAP 30/2021) que a Consellería de Sanidade inadmitiu e a Comisión da Transparencia de Galicia instou a proporcionar a información (RSCTG 43/2021). A Consellería de Sanidade cumpriu en tempo e forma co requirido pola CTG, sinal de que dispón dos datos que se solicitan. Coa súa reclamación remite copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 11 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de marzo de 2022. Terceiro. Con data do 5 de abril de 2022, a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo copia do expediente e informe no que faise constar que por resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública do 1 de marzo de 2022, inadmitiuse a solicitude de acceso a información pública en base ao disposto no artigo 18.1. c) da Lei 19/2013 por considerar que se trata de información para cuxa divulgación é necesaria acción previa de reelaboración. O informe fai constar que aínda que para a obtención da información de persoas diagnosticadas de Covid-19 en cada un dos municipios galegos dende que existen datos, se require dunha acción previa de elaboración, así como é necesario dispoñer de medios técnicos e humanos, a Dirección Xeral de Saúde Pública non debe reelaborar expresamente a información para dar resposta á solicitude do interesado, motivo polo que se dará traslado dos ditos datos solicitados ao interesado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. A Consellería de Sanidade ditou resolución con data do 1 de marzo de 2022 e a reclamación se interpuxo con data do 7 de marzo de 2022, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a un informe que reflicta o número total de casos de covid-19 diagnosticado en cada un dos municipios de Galicia dende que existen rexistros ata a data de resolver a solicitude Respecto do concepto de reelaboración, esta Comisión xa se pronunciou en ocasións anteriores, e en liña co Criterio Interpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno e a xurisprudencia existente na materia, no senso de que as causas de inadmisión establecidas no artigo 18 da Lei 19/2013, deben ser interpretada de xeito restritivo xa que o acceso á información e un dereito que aparece configurado no noso ordenamento cunha formulación ampla, de xeito que só son aceptables as limitacións que resulten xustificadas e proporcionadas. Se pode considerar que existe reelaboración cando a información que se solicita debe elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o organismo ou entidade á que se solicite a información, careza dos medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada. En todo caso, para a aplicación desta causa de inadmisión, debe quedar debidamente motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No presente caso, tal e como se indica no informe da Consellería remitido, se ben para a obtención da información das persoas diagnosticadas por municipios dende que existen datos, se require dunha acción previa de elaboración e dispoñer de medios técnicos e humanos, a Dirección Xeral non necesita reelaborar expresamente a información para dar resposta á solicitude do interesado, motivo polo cal se lle dará traslado dos mesmos ao interesado. De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada ao considerar que non está xustificada a causa de inadmisión da solicitude presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 7 de marzo de 2022, contra a Resolución do 1 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, pola que se inadmite a trámite a súa solicitude de acceso a un informe que reflicta o número total de casos de covid-19 diagnosticado en cada un dos municipios de Galicia dende que existen rexistros ata a data de resolver a solicitude Segundo: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.04.28 14:07:41 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.