Se solicitó a la Consellería de Sanidade el número de fallecidos por covid-19 por municipio en Galicia. La administración denegó el acceso alegando la necesidad de reelaborar la información. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación al considerar que no se justifica la causa de inadmisión yWere insta al organismo a proporcionar los datos.
Puntos clave de la argumentación
1
Las causas de inadmisión del artículo 18 de la Ley 19/2013 deben interpretarse de forma restrictiva, ya que el acceso a la información es un derecho configurado ampliamente.
2
Existe reelaboración solo cuando la información debe crearse expresamente para responder a la solicitud mediante diversas fuentes o cuando el organismo carece de medios técnicos para extraerla.
3
La aplicación de la causa de inadmisión por reelaboración requiere una motivación debida en la resolución de respuesta, lo cual no ocurrió en este caso.
4
Se determina que la Dirección Xeral de Saúde Pública no necesita reelaborar expresamente la información para responder, por lo que debe facilitarse al interesado.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 7 de marzo
de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de abril de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 7 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 1
de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade pola que
se inadmite a trámite a súa solicitude de acceso a un informe que reflicta o número de persoas
falecidas en cada un dos municipios galegos con diagnóstico de covid-19 dende que existen
datos e actualizado á data de resolver a solicitude.
O reclamante en resumo, indica que se lle denega o acceso á información por que se considera
que se vulnera o artigo 18.1.c da lei 19/2013, é dicir, entende que require unha acción previa
de reelaboración da información. O interesado, de acordo co criterio interpretativo 7/2015,
do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, a doutrina da Comisión da Transparencia de
Galicia e xurisprudencia do Tribunal Supremo que cita, que a resolución da Dirección Xeral
de Saúde Pública, se limita a reproducir o artigo legal, pero non especifica en concreto que
medios precisa nin en que sentido carece dos mesmos, e non di tampouco cales son as
diversas fontes das que debe facer uso, tal e como establece o criterio interpretativo.
A Consellería de Sanidade dispón dos datos solicitados xa que cada día actualiza unha páxina
web (coronavirus.sergas.gal/datos) na que consta o número de falecidos en cada un dos
concellos galegos e de cada persoa falecida recóllense todos os datos, entre outros o
municipio de residencia. As áreas sanitarias son agrupacións de concellos, de forma que para
ter o número de falecidos en cada área que se publica a diario hai que ter primeiro o de cada
concello e así agregalo.na web si aparece o número total de casos diagnosticados en cada
unha das áreas sanitarias galegas.
A solicitude de información presentada é semellante á que este mesmo reclamante pediu
noutro expediente (SAP 49/2021) que a Consellería de Sanidade inadmitiu e a Comisión da
Transparencia de Galicia instou a proporcionar a información (RSCTG 44/2021). A Consellería
de Sanidade cumpriu en tempo e forma co requirido pola CTG, sinal de que dispón dos datos
que se solicitan.
Coa súa reclamación remite copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 11 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 5 de abril de 2022 a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo copia do expediente e informe no que fai constar que por Resolución do 1 de marzo
da Dirección Xeral de Saúde Pública, se inadmite a solicitude de acceso á información, por
considerar que se trata dunha información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción
previa de reelaboración).
Considera o informe que a información solicitada precisa dunha acción previa de elaboración
para dispoñer da información do número de persoas falecidas en cada un dos municipios
galegos con diagnóstico de covid-19 dende que existen datos e dispoñer dos medios técnicos
e humanos para a dita elaboración, pero esa reelaboración non se fai expresamente para dar
resposta á solicitude presentada, polo que remite a información, coa indicación de como se
proporciona a mesma en concellos con menos de dez falecidos e os criterios aos que se imputa
o falecemento.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
A Consellería de Sanidade ditou resolución con data do 1 de marzo de 2022 e a reclamación
se interpuxo con data do 7 de marzo de 2022, polo que debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Sanidade información sobre o número de persoas
falecidas en cada un dos municipios galegos con diagnóstico de covid-19 dende que existen
datos e actualizado á data de resolver a solicitude.
Respecto do concepto de reelaboración, esta Comisión xa se pronunciou en ocasións
anteriores, e en liña co Criterio Interpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno e a xurisprudencia existente na materia, no senso de que as causas de inadmisión
establecidas no artigo 18 da Lei 19/2013, deben ser interpretada de xeito restritivo xa que o
acceso á información e un dereito que aparece configurado no noso ordenamento cunha
formulación ampla, de xeito que só son aceptables as limitacións que resulten xustificadas e
proporcionadas.
Se pode considerar que existe reelaboración cando a información que se solicita debe
elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de
información, ou cando o organismo ou entidade á que se solicite a información, careza dos
medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se
solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada.
En todo caso, para a aplicación desta causa de inadmisión, debe quedar debidamente
motivada na resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No
presente caso, tal e como se indica no informe da Consellería remitido, se ben para a
obtención da información das persoas falecidas con diagnóstico Covid-19 por municipios
dende que existen datos, se require dunha acción previa de elaboración e dispoñer de medios
técnicos e humanos, a Dirección Xeral non necesita reelaborar expresamente a información
para dar resposta á solicitude do interesado, motivo polo cal debe dárselle traslado dos
mesmos ao interesado.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada ao considerar que
non está xustificada a causa de inadmisión da solicitude presentada,
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 7 de
marzo de 2022, contra a Resolución do 1 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Saúde
Pública da Consellería de Sanidade pola que se inadmite a trámite a súa solicitude de acceso
a un informe que reflicta o número de persoas falecidas en cada un dos municipios galegos
con diagnóstico de covid-19 dende que existen datos e actualizado á data de resolver a
solicitude.
Segundo: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2022.04.28 14:08:15 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.