El solicitante pidió a la Consellería de Facenda e Administración Pública copia de exámenes de otros aspirantes con puntuación mínima de 15 puntos en un proceso selectivo. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque el solicitante es interesado en un procedimiento administrativo en curso.
Puntos clave de la argumentación
1
La Disposición Adicional primera de la Ley 19/2013 establece que la normativa del procedimiento administrativo común es la aplicable al acceso de interesados en un procedimiento en curso a los documentos que lo integran.
2
Para la inadmisión por esta vía deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento administrativo específico, que el reclamante sea interesado en él y que dicho procedimiento esté en curso.
3
Se determina que concurren los requisitos de inadmisión ya que la solicitud fue realizada por una persona participante en el proceso selectivo mientras este aún se encontraba en curso.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 9 de marzo
de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de abril de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 9 de marzo de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante a Consellería de Facenda e
Administración Pública, de obtención de copia de todos os exames dos aspirantes que
obtiveron a puntuación de 15 puntos e que realizaron algún/s dos temas 21 do bloque II e
tema 14 do bloque IV, no proceso selectivo para o ingreso no Corpo Superior (A1) convocado
por orde do 22 de novembro de 2019.
O reclamante indicaba que solicitou copia dos exames dos aspirantes que obtiveron a
puntuación de 15 puntos e que realizaron algún/s dos temas elixidos pola reclamante no
proceso selectivo para o ingreso no Corpo Superior (A1), para proceder a realizar unha revisión
comparada deses exames e non se lle facilitaron.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 11 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 17 de marzo de 2022.
Terceiro. Con data do 5 de abril de 2022 a Consellería de Facenda e Administración Pública
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que a reclamante presentou con data 19 de xaneiro de
2022 recurso de alzada contra a resolución de convocatoria e na que solicita que se lle facilite
copia dos criterios de corrección, copia do seu exercicio e dos exames dos aspirantes que
obtiveron unha puntuación mínima de 15 puntos, así como a revisión do seu exame e da
totalidade das actas do tribunal. Con data do 14 de marzo de 2022, ditouse Resolución do
Director Xeral da Función Pública pola que se desestima o recurso de alzada interposto pola
reclamante.
Considera que resulta aplicable a esta reclamación o disposto na Disposición Adicional 1 da
Lei 19/2013, respecto da aplicación da súa normativa reguladora a aqueles que teñan a
condición de interesados nun procedemento administrativo en curso.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto.- Análise do expediente
A interesada solicitou o acceso a determinada documentación, con ocasión de presentación
dun recurso de alzada, nun procedemento selectivo en curso e no que ten a condición de
interesada.
Como xa se manifestou esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia que
agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do seu artigo 13 en relación co artigo 12,
a LTAIBG recoñece o dereito dos cidadáns para acceder á información pública en mans dos
organismos e entidades incluídos no seu ámbito de aplicación -artigo 2-, non é menos certo
que dita norma indica na súa Disposición adicional primeira, parágrafo primeiro, que a
normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao
acceso por parte de quen teña a condición de interesados nun procedemento administrativo
en curso aos documentos que se integren no mesmo.
Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos
para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe
existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, a persoa
reclamante debe ser interesada no mesmo, e terceiro, o procedemento debe estar en curso.
Analizando estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se
realiza a solicitude, concorren no caso que nos ocupa, dado que a reclamación se presenta
por persoa participante no procedemento selectivo e no curso do mesmo, segundo se
desprende do informe remitido pola Dirección Xeral de Función Pública, polo que debe
inadmitirse por este motivo, a reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data do 9 de
marzo de 2022, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
presentada ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, de obtención de
determinada documentación do proceso selectivo no que é interesada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.04.28 09:31:32 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.