Inadmitida 26/04/2022 · 39 días en resolverse

Inadmisión de reclamación de acceso a información sobre concurso de traslados por concurrir la condición de interesado en procedimiento en curso

Una persona solicitó a la Dirección General de Función Pública información sobre un concurso de traslados, alegando que los datos recibidos estaban incompletos y que se le entregó un certificado en lugar de una copia del acta. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque la solicitante es interesada en un procedimiento administrativo en curso.

Puntos clave de la argumentación

1 La normativa de transparencia no es aplicable cuando el acceso a los documentos se solicita siendo interesado en un procedimiento administrativo en curso
2 Para aplicar la inadmisión por la condición de interesado, debe concurrir la existencia de un procedimiento específico, que el reclamante sea parte en él y que dicho procedimiento esté aún en curso
3 En el caso analizado, se confirma que la solicitante participa en el proceso de provisión de puestos de trabajo activo, prevaleciendo la normativa reguladora de dicho procedimiento sobre la ley de transparencia

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 18 de marzo de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de abril de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, Resolución do 12 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Función Pública pola que se resolve a súa solicitude de acceso á información referente ao Concurso xeral de traslados convocado pola Resolución de 25 de novembro de 2019 pola que se convoca concurso común para a provisión de postos de traballo vacantes. A reclamante indicaba que recibida a Resolución da solicitude de información pública e certificado do contido da acta, a información recibida é incompleta, por canto os postos afectados pola exclusión de xubilados e falecidos se retiran unha vez publicada a adxudicación na páxina web e antes de publicar no DOG, e respecto da acta, solicitou unha copia, non un certificado. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 22 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 24 de marzo de 2022. Terceiro. Con data do 5 de abril de 2022 a Consellería de Facenda e Administración Pública contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a reclamante presentou unha solicitude de acceso á información pública relacionada co Concurso de traslados da administración xeral F0219, na que solicita información referente aos postos afectados pola exclusión de xubilados e falecidos, acta na que se reflicte determinada información transmitida por un sindicato respecto a renuncias e desistimento, si se admitiu algunha renuncia fora de prazo e información sobre un funcionario ao que se lle estimou un recurso. Indica o informe que a solicitante de acceso á información pública é participante no concurso e que a Dirección Xeral de Función Pública resolveu, con data do 11 de marzo de 2022, concedendo o acceso á información solicitada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente A interesada solicitou o acceso a determinada documentación de un procedemento de provisión de postos de traballo que se está a tramitar, e no que ten a condición de interesada por participar nel, de acordo co informe emitido pola Dirección Xeral competente. Como xa se manifestou esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia que agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do seu artigo 13 en relación co artigo 12, a LTAIBG recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a información pública en mans dos organismos e entidades incluídos no seu ámbito de aplicación -artigo 2-, non é menos certo que dita norma indica na súa Disposición adicional primeira parágrafo primeiro, que a normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesados nun procedemento administrativo en curso aos documentos que se integren no mesmo. Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, a persoa reclamante debe ser interesada no mesmo, e terceiro, o procedemento debe estar en curso. Analizando estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se realiza a solicitude, concorren no caso que nos ocupa, dado que a reclamación se presenta por persoa participante no procedemento de provisión que se atopa en curso, polo que debe inadmitirse por este motivo a reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data do 18 de marzo de 2022, contra a Resolución da Dirección Xeral de Función Pública, pola que se resolve a súa solicitude de acceso á información referente ao Concurso xeral de traslados convocado pola Resolución de 25 de novembro de 2019, pola que se convoca concurso común para a provisión de postos de traballo vacantes. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.04.28 14:09:40 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.