Una opositora solicitó a la Consellería de Facenda e Administración Pública datos estadísticos de respuestas de un examen de oposiciones. Tras el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque la solicitante es interesada en un procedimiento administrativo en curso.
Puntos clave de la argumentación
1
La Disposición Adicional 1ª de la Ley 19/2013 establece que la normativa reguladora del procedimiento administrativo es la aplicable al acceso de interesados en un procedimiento en curso a los documentos que lo integran.
2
Para aplicar dicha exclusión deben concurrir tres requisitos: existencia de un procedimiento administrativo específico, que el reclamante sea interesado en él y que el procedimiento esté en curso.
3
En el caso analizado se cumplen los tres requisitos, ya que la solicitante participa en el proceso selectivo y este se encuentra activo en la fecha de la solicitud.
4
Al concurrir la condición de interesada en un proceso en curso, el acceso a la documentación debe tramitarse por los cauces del propio proceso selectivo y no a través de la ley de transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 24 de marzo
de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 26 de abril de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 24 de marzo de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Facenda e
Administración Pública, á folla de cálculo que conteña en cada cela o número total de persoas
aspirantes (frecuencias absolutas) da quenda de acceso libre que marcaron cada unha das
respostas alternativas para cada unha das 189 preguntas do seu primeiro exercicio da fase de
oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala de ciencias
na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo Al, na que participa, convocado mediante a Orde
do 22 de novembro de 2019.
A reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 30 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 1 de abril de 2022.
Terceiro. Con data do 12 de abril de 2022 a Consellería de Facenda e Administración Pública
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 4 de abril de 2022, ditouse Resolución do
Director Xeral da Función Pública pola que se desestima a solicitude realizada pola reclamante
e que é de aplicación a Disposición Adicional 1º da Lei 19/2013, por tratarse d dunha
interesada nun procedemento administrativo en curso, polo que o acceso á documentación
solicitada debe tramitarse polos cauces do proceso selectivo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto.- Análise do expediente
A interesada solicitou o acceso a determinada documentación en poder dun tribunal dun
procedemento selectivo en curso e no que ten a condición de interesada.
Como xa se manifestou esta Comisión en anteriores pronunciamentos sobre a materia que
agora nos ocupa, cabe lembrar que, aínda que a teor do seu artigo 13 en relación co artigo 12,
a LTAIBG recoñece o dereito dos cidadáns para acceder a información pública en mans dos
organismos e entidades incluídos no seu ámbito de aplicación -artigo 2-, non é menos certo
que dita norma indica na súa Disposición adicional primeira parágrafo primeiro, que a
normativa reguladora do correspondente procedemento administrativo será a aplicable ao
acceso por parte de quen teña a condición de interesados nun procedemento administrativo
en curso aos documentos que se integren no mesmo.
Respecto á aplicación da dita Disposición Adicional, deben cumprirse unha serie de requisitos
para que poida apreciarse a súa concorrencia como un motivo de inadmisión: primeiro, debe
existir un específico procedemento administrativo aplicable ao caso, segundo, a persoa
reclamante debe ser interesada no mesmo, e terceiro, o procedemento debe estar en curso.
Analizando estes requisitos na actual reclamación, debe concluírse que, na data na que se
realiza a solicitude e de acordo co informe remitido pola Dirección Xeral de Función Pública
e a copia do expediente remitida, concorren no caso que nos ocupa, dado que a reclamación
se presenta por persoa participante no procedemento selectivo e no curso do mesmo, polo
que debe inadmitirse por este motivo, a reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data do 24 de
marzo de 2022, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso
ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, á folla de cálculo que conteña en cada
cela o número total de persoas aspirantes (frecuencias absolutas) da quenda de acceso libre
que marcaron cada unha das respostas alternativas para cada unha das 189 preguntas do seu
primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo
facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración
especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo Al, na que
participa, convocado mediante a Orde do 22 de novembro de 2019.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.04.28 14:09:59 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.