Estimada 08/06/2022 · 98 días en resolverse

Acceso a la relación de plazas vacantes de medicina de familia y pediatría en centros de atención primaria de Galicia

El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade la relación de plazas vacantes de medicina de familia y pediatría en Galicia. Tras una respuesta incompleta y un silencio administrativo previo, la Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración resolvió la solicitud fuera de plazo y después de interpuesta la reclamación.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admitida por haber sido presentada en plazo frente a una resolución presunta por silencio administrativo.
2 Se determina que la Consellería de Sanidade no resolvió la solicitud de acceso a la información dentro del plazo establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
3 La resolución expresa de la administración se produjo con posterioridad a la interposición de la reclamación ante la Comisión.
4 Se procede a la estimación por motivos formales al haberse superado los plazos legales de respuesta administrativa.

Texto completo

Terceiro. Con data do 25 de abril de 2022 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo copia do expediente e informe no que fai constar que con data 26 de abril de 2022 a Secretaría Xeral Técnica resolve conceder o acceso á información pública en base a informe emitido pola Dirección Xeral de Recursos Humanos do 7 de abril de 2022. Cuarto.- Con data 10 de maio de 2022 tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo escrito do reclamante no que comunica que a Consellería de Sanidade remitiulle, con data do 7 de abril de 2022, a relación de prazas vacantes ocupadas nas modalidades de interinidade, comisión de servizo, promoción interna e reingreso provisional en praza vacante a 31 de xaneiro de 2022, pero non lle remitiu a relación de prazas vacantes non ocupadas, cando na súa solicitude pedíanse todas, polo que amplía o seu recurso neste senso. Quinto. Con data do 11 de maio de 2022, solicitouse á Consellería a remisión de informe sobre a ampliación da reclamación presentada polo reclamante FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Sanidade resolveu a solicitude de acceso á información unha vez transcorrido o prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, e cando o interesado tiña xa presentada a reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso á relación das prazas vacantes de medicina de familia e pediatría que existen en centros de atención primaria de Galicia, coa indicación do centro de saúde ou consultorio, Concello, quenda, número de tarxetas sanitarias asignadas a esa cota e a categoría profesional. A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero con data do 26 de abril de 2022, a solicitude de acceso foi resolta expresamente e notificada ao interesado. De acordo co anterior, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, sen prexuízo de que si o reclamante o estima conveniente, poida presentar reclamación ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por con data do 2 de marzo de 2022, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de Sanidade, á relación actual das prazas vacantes de medicina de familia e pediatría que existen en centros de atención primaria de Galicia. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.06.08 11:38:57 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.