Estimada 08/06/2022 · 97 días en resolverse

Solicitud de acceso a información sobre pagos y avales a empresas auxiliares de Hijos de J. Barreiras S.A. y PEMEX

El ciudadano solicitó a la Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia información sobre pagos y avales a empresas auxiliares de Hijos de J. Barreiras S.A. y PEMEX. La administración inadmitió la solicitud alegando necesidad de reelaboración. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la información fue proporcionada a través de otro departamento.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación debe guardar congruencia con la solicitud inicial, no siendo posible modificar o ampliar el objeto durante la tramitación.
2 La causa de inadmisión por reelaboración es aplicable cuando la información debe elaborarse expresamente usando diversas fuentes o el organismo carece de medios técnicos para extraerla.
3 Se determina que la información solicitada podía ser proporcionada por la Consellería de Facenda e Administración Pública mediante sus sistemas informáticos y contables.
4 La resolución estima la reclamación por motivos formales al comprobarse que la información fue efectivamente proporcionada al solicitante a través de otro departamento administrativo.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 3 de marzo de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día Haga clic aquí para escribir una fecha., adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 3 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 41 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 2 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia pola que se inadmite a súa solicitude de acceso aos pagamentos totais anunciados en roldas de prensa e ante os medios de comunicación realizados con fondos autonómicos, nacionais e da Unión Europa tramitados a través da Xunta de Galicia e os tramitados desde as Consellerías e entes adscritos ás auxiliares cuxa actividade esta centrada a matriz Hijos de J Barreiras S.A. e PEMEX, e cantos créditos avalados pola Xunta de Galicia en entidades bancarias se utilizaron por cargos, funcionarios e empregados públicos da Xunta de Galicia e as súas entidades dependentes, ou por adxudicacións ou calquera outro tipo de pagamentos. A entidade interesada en resumo, considera que a resolución trata de eludir as obrigacións que marcan as Leis de Transparencia cando o que solicita é concreto e preciso, xa que solicita os fondos transferidos e créditos avalados pola Xunta de Galicia a dúas empresas Segundo. Con data do 8 de marzo de 2022, déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de abril de 2022. Terceiro. Con data do 25 de abril de 2022, a Presidencia da Xunta de Galicia contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude facía referencia a moi distintas informacións, que se poden resumir en relación dos pagamentos anunciados publicamente polo Presidente da Xunta e posteriormente realizados pola Xunta de Galicia ou por calquera das súas entidades instrumentais dependentes a empresas auxiliares dos sectores nos que operan as empresas Hijos de J. Barreras, S.A. e Pemex. Considerando que no escrito non se citaba ningunha empresa auxiliar concreta, non resultaba posible identificar cales serían os pagamentos que debían incluírse na resposta e tendo en conta o número de entidades que conforman o sector público autonómico e o inxente número de empresas que realizan tarefas auxiliares nos sectores nos que operan as sociedades mencionadas, a resposta a esta parte da solicitude esixiría recabar información detallada de todos os entes que conforman o sector público autonómico, sobre todo tipo de expedientes tramitados que desen lugar a calquera clase de pagamentos e a calquera empresa dos sectores nos que operan as anteditas empresas, o que esixiría a realización dun traballo ex-profeso para a elaboración dun informe ex-novo, e que seria aplicable a causa de inadmisión do artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, referente a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración, xa que a información non estaba dispoñible senón que esixía unha inxente labor de investigación e consulta para chegar, tras o tratamento dos datos recabados, á confección dun informe específico, que nin existe nin tería o carácter de información pública. Con respecto aos créditos avalados pola Xunta de Galicia utilizados por cargos, funcionarios e empregados públicos da Xunta de Galicia e das súas entidades dependentes, considerando que a Administración Autonómica conta con miles de cargos, funcionarios e empregados públicos, non resulta posible identificar cales serían os avais que deberían incluírse na resposta á solicitude, e para dar resposta a esta parte da solicitude esixiría a realización dun traballo ex-profeso para a elaboración dun informe ex-novo, incorrendo na causa de inadmisión do artigo 18.1.c) citado. Respecto dos pagamentos realizados á entidade reclamada ou similares, non resultaba posible coñecer a que entidades se refire, pero no caso de que se referise ás empresas auxiliares que se citaban no primeiro inciso da solicitude, cómpre remitirse ó sinalado para aquel. Se indica que no escrito de recurso ante a Comisión de Transparencia o interesado relaciona en 4 apartados a información que supostamente solicitara na súa petición inicial de febreiro de 2022, pero o certo é que a relación de 4 apartados que se recolle no escrito de recurso non coincide en absoluto coa información que se solicitaba en febreiro. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 41 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 41.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 41.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que a solicitude presentouse o 3 de marzo de 2022 contra a resolución ditada con data do 2 do mesmo mes, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente solicitou á Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia información referente aos pagamentos e avais anunciados en roldas de presa e ante os medios de comunicación realizados con fondos autonómicos, nacionais e da Unión Europa, tramitados a través da Administración Autonómica, ás empresas auxiliares de dous empresas navieiras. Tal e como fai constar no informe da Secretaría Xeral, o solicitado na reclamación presentada ante esta Comisión, non coincide coa solicitude inicial presentada, xa que na reclamación se require información referente aos fondos e avais a unha desas empresas navieiras, e non ás empresas auxiliares das dúas empresas navieiras que foron obxecto de solicitude inicial. Tomando en consideración a natureza revisora que posúe a reclamación do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, ante a Comisión da Transparencia de Galicia, atendido o seu carácter substitutivo do recurso administrativo potestativo de reposición, cabe lembrar que a mesma se interpón contra resolucións expresas ou presuntas da administración pública respecto de solicitudes de acceso á información. Unha das bases do procedemento administrativo e dos recursos administrativos, consiste en que o obxecto da orixinaria solicitude -cuxa resolución expresa ou presunta pode dar lugar, eventualmente, a un recurso administrativo- debe gardar a correspondente congruencia co obxecto da reclamación. Deste xeito, o petitum de ambas, a súa pretensión, debe gardar congruencia e, en suma, ser idéntico: non pode pretenderse unha acción na solicitude e outra distinta no procedemento de garantía reaccional. Por iso, e seguindo a doutrina unánime dos Comisionados de transparencia contida, entre outras, nas Resolucións 134/2016 do CTBG, 47/2016 do Consello de Transparencia e Protección de Datos de Andalucía, 86/2017 da Comisión de Garantía do Dereito de Acceso á Información Pública de Cataluña (GAIP), ó 9/2017 deste Consello de Transparencia, que establece que as reclamacións deben ser congruentes coa solicitude inicial, non é posible que os reclamantes modifiquen ou amplíen o seu obxecto durante a tramitación. Entrando nos motivos da inadmisión da solicitude pola Secretaría Xeral respecto da información inicial solicitada, referida aos pagamentos anunciados e créditos avalados con calquera tipo de fondo, pola Xunta de Galicia e entes adscritos, a empresas auxiliares da empresa Hijos de J. Barreras e cantos créditos avalados pola Xunta de Galicia e contas utilizadas por cargos, funcionarios e empregados públicos da Administración Autonómica ou por adxudicacións ou calquera outro tipo de pagamentos ás ditas empresas auxiliares, podería considerarse que polos motivos expostos tanto na resolución recorrida como no informe emitido pola Secretaría Xeral, estaría xustificada a súa inadmisión por ser necesaria para proporcionala, unha labor específica de reelaboración. O dereito de acceso á información ten como finalidade promover a transparencia das institucións públicas e para fomentar a participación cidadá na toma de decisións, ademais de dar a coñecer á cidadanía como se invisten os fondos públicos. O dereito de acceso á información, se ben está regulado no noso ordenamento xurídico como un dereito de amplo contido, non é un dereito ilimitado, e as solicitudes de acceso á información pública están sometidas ás causas de inadmisión que se establecen no artigo 18 da Lei 19/2013. De acordo co disposto no apartado c) do dito artigo, serán inadmitidas as solicitudes de información para cuxa divulgación sexa necesaria unha labor previa de reelaboración. O concepto de reelaboración como causa de inadmisión pode entenderse aplicable, de acordo co criterio interpretativo 7/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, cando a información que se solicita, pertencendo ao ámbito funcional de actuación do organismo ou entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o citado organismo ou entidade careza dos medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada. No presente caso, é posible que a Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia careza dos medios técnicos para a obtención da información solicitada, pero a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Facenda e Administración Pública, puido proporcionar información á solicitante, probablemente porque os sistemas informáticos e contables que ten á súa disposición, fan posible a súa obtención de forma relativamente sinxela, tal e como se reflicte no expediente , que se tramita nesta Comisión. Sobre os créditos avalados pola Xunta de Galicia en entidades bancarias ás referidas empresas, dado que a Consellería non dispón da información por canto os avais, no seu caso, son outorgados polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), en cumprimento do disposto no artigo 19.1 da Lei 19/2013, remitiu a solicitude ao dito instituto con comunicación ao interesado. De acordo co anterior, se ben considérase que o mais axeitado para proporcionar a información á entidade solicitante tería sido a remisión da solicitude á Consellería de Facenda e Administración Pública, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, por ter constancia esta Comisión de que a información se lle proporcionou á solicitante, con ocasión da tramitación da mesma solicitude ante outro departamento da Administración Autonómica. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por con data do 3 de marzo de 2022, contra a Resolución do 2 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia pola que se inadmite a súa solicitude de acceso aos pagamentos e avais tramitados desde a Administración Autonómica ás empresas auxiliares das empresas Hijos de J Barreiras S.A. e PEMEX. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.06.08 11:38:08 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.