Se solicitó a la Consellería de Sanidade información sobre el número de pacientes derivados del CHU de Vigo a hospitales privados entre 2015 y 2021 y el gasto asociado. El solicitante alegó que la administración dispone de los datos y no existen límites legales para denegarlos. La Comisión da Transparencia estima la reclamación debido al silencio administrativo y la falta de alegaciones de la administración.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante una resolución presunta por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
La administración no presentó informe ni alegaciones tras el traslado de la documentación, lo que obliga a continuar la tramitación sin los argumentos del órgano requerido.
3
Ante la ausencia de oposición de la administración, prevalece el interés público al acceso a la información no afectada por límites legales previstos.
4
Se debe proceder a la disociación de datos o contenidos parciales que puedan afectar a los límites de los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013 antes de su entrega.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario del artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 9 de marzo
de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 9 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude presentada ante a Consellería de Sanidade, de
acceso a un informe que reflicta o número anual de doentes que o Complexo Hospitalario
Universitario de Vigo derivou para ser operados nun hospital privado ou concertado,
desagregados por centro ao que se derivan os doentes, especialidade cirúrxica, gasto anual
destas derivacións para o Servizo Galego de Saúde e referidos os anteriores datos para os anos
2015 a 2021.
O reclamante en resumo, indica que a área sanitaria de Vigo é a estrutura do Servizo Galego
de Saúde que xestiona o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e que herdou as
competencias da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo. O seu servizo de
admisión é o encargado de xestionar cos hospitais privados a derivación dos pacientes, así
como a facturación de cada un dos procesos, polo que dispón de todos os datos solicitados,
sen que a información solicitada se atope dentro de ningún dos límites ao dereito de acceso
que recolle a lei.
Coa súa reclamación remite copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 11 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de marzo de 2021, sen que pola
Consellería se remitise copia do expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información presentada, polo
que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería información referente ao número anual de doentes que
un hospital derivou para ser operados nun hospital privado ou concertado doa anos 2015 a
2021, sen obter resposta.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse á Consellería a aportación do seu criterio mediante
a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a
tramitación do expediente sen os seus argumentos.
Dada a falta de alegacións en contra por parte da administración, en beneficio do interese
público ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe
aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e,
de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse
afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013),
salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe
prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2
da referida Lei).
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento
reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os
efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente
normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse á Consellería, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei
1/2016, a súa obriga de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 9 de
marzo de 2022, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
presentada ante a Consellería de Sanidade, de acceso a un informe que reflicta o número
anual de doentes que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo derivou para ser
operados nun hospital privado ou concertado, desagregados por centro ao que se derivan os
doentes, especialidade cirúrxica, gasto anual destas derivacións para o Servizo Galego de
Saúde e referidos os anteriores datos para os anos 2015 a 2021.
Segundo: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Sanidade a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:42:06 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.