Desestimada 08/06/2022 · 90 días en resolverse

Solicitud de acceso a la declaración de actividades de la persona titular de la Secretaría Xeral de Medios da Presidencia da Xunta de Galicia y resultado desestimado

El ciudadano solicitó la declaración de actividades de la persona titular de la Secretaría Xeral de Medios da Presidencia da Xunta de Galicia. Alegó que el enlace proporcionado era genérico, estaba desactualizado y que la información era errónea. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación porque la información remitida era la correcta y existente en el registro.

Puntos clave de la argumentación

1 La remisión genérica a un portal web o un enlace que no funciona es insuficiente para satisfacer el derecho de acceso a la información pública.
2 El derecho de acceso se limita a información ya existente y disponible en poder del organismo en el momento de la solicitud.
3 La Comisión no es competente para valorar la veracidad de las declaraciones de actividades ni la compatibilidad de las funciones del cargo con otras actividades.
4 La información proporcionada por la administración es correcta al ser la adquirida por la Secretaría Xeral en el ejercicio de sus funciones.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 10 de marzo de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día Haga clic aquí para escribir una fecha., adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 10 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 49 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Medios da Presidencia da Xunta de Galicia, pola que se admite a súa solicitude de acceso á información referente á declaración de actividades da persoa titular da dita Secretaría. A entidade interesada en resumo, alega que se lles notifica unha Resolución de admisión e acceso á solicitude na que figura un link xenérico no que considera que existe unha información sen actualizar, xa que a información que figura na web é do ano 2017, que os datos son erróneos e que a titular do posto realiza actividades que non son compatibles co posto que desempeña, así como unha serie de consideracións sobre as actividades que a titular realiza mentres se atopa en funcións. Segundo. Con data do 11 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Facenda e Administración Pública para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 21 de marzo de 2022. Terceiro. Con data do 19 de maio de 2022, a Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude de acceso á información resolveuse indicando á entidade solicitante o link para o acceso á información solicitada, que figuran no portal de transparencia. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 49 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 49.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 49.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que a reclamación impugnada dictouse o 9 de marzo e a reclamación presentouse no Rexistro do Valedor do Pobo o 10 do mesmo mes, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A reclamante solicitou á Secretaría Xeral de Medios da Presidencia da Xunta de Galicia información sobre a declaración de actividades da persoa titular da dita Secretaría, información que lle foi remitida mediante a remisión do enderezo electrónico onde se atopa a información. A reclamante afirma que o link que se lle remite é un link xenérico. Tentada a comprobación o mesmo pola Secretaría desta Comisión, o dito link da erro. Como xa manifestou esta Comisión en varias ocasións, nunha solicitude de acceso á información, a referencia á existencia dun sitio web onde se ofrece información, non é suficiente para os efectos de proporcionar a información solicitada. O artigo 22.3 da Lei 19/2013, establece que se a información xa foi publicada, a resolución que resolva a solicitude de acceso poderá limitarse a indicar como pode accederse a ela, pero como establece o criterio interpretativo 9/2015, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, en ningún caso é suficiente unicamente a remisión xenérica a portal ou á sede ou páxina web, senón que é necesario que se concrete sinalando expresamente o link que accede á información e, dentro deste, os epígrafes, capítulos, datos e informacións exactas que se refiran ao interesado, sendo requisito que a remisión sexa precisa e concreta e leve, de forma inequívoca, rápida e directa á información sen necesidade de requisitos previos, nin de sucesivas procuras. Non é admisible que se remita, como no presente caso, un link que non funciona. Porén no presente caso, polo contido do escrito de reclamación presentado pola contra a resolución expresa da Secretaría Xeral, constátase que efectivamente a n tivo acceso á información, sendo o obxecto da súa reclamación a consideración de que a declaración que figura na mesma non é correcta, e ademais non esta actualizada. De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal 19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio das súas competencias. A declaración de actividades de altos cargos é unha manifestación presentada pola persoa titular dun cargo, que presenta ante o rexistro de actividades de altos cargos, neste caso sobre as actividades, ou a ausencia das mesmas, que desenvolve durante o tempo que ocupa o cargo. A información remitida pola Secretaría Xeral á solicitante, é a declaración realizada pola persoa titular do cargo, polo que a información proporcionada é correcta, xa que é a adquirida pola Secretaría Xeral no exercicio das súas funcións, sen que esta Comisión poida entrar a valorar, como parece pretender o escrito de reclamación, si a titular do posto esta ou non a realizar actividades que puideran non ser compatibles co posto, as supostas actividades que realiza a titular do posto cando se atopa en funcións, ou as posibles actividades que realiza no seno dunha formación política, por non ser estas competencias da Comisión da Transparencia de Galicia. De acordo co anterior procede a desestimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por con data do 10 de marzo de 2022, contra a Resolución do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Medios da Presidencia da Xunta de Galicia, pola que se admite a súa solicitude de acceso á información referente á declaración de actividades da persoa titular da dita Secretaría. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.06.08 11:42:22 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.