Desestimada 31/05/2022 · 74 días en resolverse

Reclamación sobre el acceso a información relativa a la titularidad y competencias de la carretera PO-323 y resultado desestimatorio

Una ciudadana solicitó a la Axencia Galega de Infraestruturas documentos sobre la titularidad y competencias de la carretera PO-323 y sus beirarrúas. La interesada alegó inseguridad jurídica por la falta de convenios formales. La Comisión da Transparencia desestimó la reclamación porque la información ya había sido facilitada en expedientes anteriores, considerándola repetitiva.

Puntos clave de la argumentación

1 Para inadmitir una solicitud por repetitiva, debe coincidir con peticiones anteriores del mismo solicitante que hayan sido rechazadas o cuya información ya haya sido ofrecida sin modificaciones reales.
2 La resolución de la administración es ajustada a derecho al haberse proporcionado previamente la explicación concreta sobre las competencias de cada Administración sobre la calzada y la beirarrúa.
3 Las discrepancias sobre si la información figura en la relación de estradas publicadas o la legalidad de una cesión tácita de tributos no forman parte del derecho de acceso a la información pública.
4 La Comisión da Transparencia carece de competencias para pronunciarse sobre la legalidad de los actos administrativos, limitándose al control del derecho de acceso a la información.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 18 de marzo de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 18 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 16 de marzo de 2022 da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se resolve a súa solicitude de información sobre a Orde da Consellería pola que se adscribira ao Concello de Vigo os elementos funcionais da estrada P0-323 ou decreto polo que se acordara o cambio de titularidade e o Convenio de colaboración, autorización ou calquera outro documento que autorice á Axencia Galega de Infraestruturas a realizar as obras fóra da calzada do vial P0-323 que se recollen no proxecto para a humanización do vial entre o IES de Teis e a intersección avenida da Mariña Española. A reclamante indicaba que se lle notificou resolución na que se afirmaba que a titularidade autonómica da P0-323 limitábase á calzada deste viario, dando a entender, pero sen afirmalo expresamente, que as beirarrúas existentes ao longo deste viario non son titularidade da Comunidade Autónoma, aludindo unicamente a que prestan servizo á mobilidade urbana. Afirma que, consultada a relación de estradas de titularidade autonómica publicadas na páxina da Consellería de Infraestruturas, en ningún momento se fai alusión á dita circunstancia de que o dominio público local circunscríbase unicamente á calzada, e de feito o proxecto de obras que está a tramitar a AXI recolle ese elemento do viario. Solicitou a Orde pola que o Concello de Vigo estea facultado para percibir a correspondente taxa polo aproveitamento dun ben do que é titularidade a Comunidade Autónoma, ou no seu caso, o Decreto polo que se transferiu ao Concello de Vigo a titularidade das beirarrúas da Avenida de Galicia, sen obter por parte da Axencia pronunciamento sobre se existen ou non. Considera que a cesión tácita dun tributo sen que se subscribiu o preceptivo convenio de colaboración entre Administracións non só vulnera a legalidade senón que causa inseguridade xurídica e indefensión aos cidadáns posto que non poden consultar os termos dese acordo. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada da resposta e do seu DNI. Segundo. Con data do 22 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada pola reclamante á Axencia Galega de Infraestruturas para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 24 de marzo de 2022. Terceiro. Con data do 26 de abril de 2022 a Axencia Galega de Infraestruturas contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a interesada solicitou a Orde da consellería pola que se adscribira ao Concello de Vigo os elementos funcionais da estrada P0-323 ou decreto polo que se acordara o cambio de titularidade e o Convenio de colaboración, autorización ou calquera outro documento que autorice á AXI a realizar as obras fóra da calzada do vial P0- 323 que se recollen no proxecto para a humanización do vial entre o IES de Teis e a intersección avenida da Mariña Española. A resolución foi inadmitida por ser manifestamente repetitiva e ter un carácter abusivo non xustificado coa finalidade da transparencia, dado que a interesada xa coñecía, a través dos expedientes AIP 005-2022 sobre a solicitude dun vao de entrada e saída de vehículos na avenida de Galicia núm. 193 e AIP 006-2022, no que se lle informou que a estrada P0-323 é de titularidade autonómica dende a súa transferencia a través do Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo, e dado que na dita transferencia non se achegou pola Administración do Estado os planos das expropiacións para construír a estrada nin os parcelarios, e dadas as características urbanas deste tramo, as beirarrúas están prestando servizo á mobilidade urbana non como elemento funcional da estrada, senón como elementos urbanos necesarios para poder exercer as competencias municipais, iluminación, recollida de lixo, mobilidade, etc., polo que a titularidade da Xunta de Galicia, limítase a calzada na vía P0-323. A Axencia Galega de Infraestruturas, debe emitir informe previa solicitude do Concello de Vigo, nas autorizacións de licenzas de vao na dita vía, informes que de conformidade co disposto no artigo 18.1. b) da Lei 19/2013, son informes internos. A interesada xa fora informada por teléfono de que a competencia para autorizar o vao na P0- 323 era do concello e que ante a denegación debería de presentar queixa ou recurso ante o Concello de Vigo e non ante a Administración autonómica en forma de novos accesos a información pública referentes a expedientes alleos o seu. Respecto do proxecto de humanización da P0-323, foi aprobado provisionalmente e sometido a información pública no que a reclamante presentou alegacións que aínda non foron contestadas, pois están en fase de análise e valoración como o resto das presentadas, e será no momento previo ao inicio das obras cando se solicitará do concello o listado dos vaos concedidos para respectalos na execución das obras. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que a resolución impugnada ditouse o 16 de marzo de 2022, e a reclamación presentouse con data do 18 do mesmo mes, debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou acceso ante a Axencia Galega de Infraestruturas información sobre a Orde da Consellería pola que se adscribira ao Concello de Vigo os elementos funcionais da estrada P0-323 ou decreto polo que se acordara o cambio de titularidade e o Convenio de colaboración, autorización ou calquera outro documento que autorice á Axencia Galega de Infraestruturas a realizar as obras fora da calzada dun vial que se recollen no proxecto para a humanización do vial nun determinado tramo, solicitude que foi inadmitida por resolución da Axencia, por tratarse de información á que xa se lle dera acceso con ocasión da tramitación de dous expedientes de acceso á información nos que fora solicitante. Na súa reclamación fai constar que se lle notificou resolución na que se afirmaba que a titularidade autonómica da vía, limitábase á calzada da mesma, circunstancia esta que non figura na relación de estradas de titularidade autonómica publicadas na páxina da Consellería, e que a cesión tácita dun tributo sen o instrumento xurídico correspondente, vulnera a legalidade e causa inseguridade xurídica e indefensión aos cidadáns. O Criterio 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno sobre as causas de inadmisión de solicitudes de información repetitiva ou abusiva sinala que para inadmitirse unha solicitude por repetitiva, tería que coincidir con outra ou outras presentadas anteriormente polo mesmo ou mesmos solicitantes e que fose rexeitada e a resposta adquirise firmeza, ou que xa se lle tivese ofrecido a información e non houbese modificación real ou legal dos datos ofrecidos no seu momento, así como nos casos nos que a persoa solicitante coñecera de antemán o sentido da resolución por térenselle comunicado nun procedemento anterior polo órgano informante, ou se tratase dun asunto de resposta imposible. Na resolución e no informe emitido pola Axencia, faise constar que á reclamante xa se lle deu a información solicitada con ocasión da tramitación de dous expedientes de acceso á información e no que se lle da explicación concreta das competencias de cada Administración sobre a calzada e a beirarrúa, así como sobre o estado de tramitación do proxecto de humanización, polo que se considera axustada a dereito a resolución recorrida por ser o obxecto da solicitude unha información sobre o que xa se lle ofrecera a información, procedendo por tanto á desestimación da reclamación presentada. A resolución de discrepancias que a reclamante poida ter, respecto de que a información que se lle remite pola Axencia non figure na relación de estradas publicadas na páxina da Consellería, ou o exame das súas consideracións sobre a legalidade da existencia dunha cesión tácita dun tributo, non forman parte do dereito de acceso á información pública, polo que esta Comisión carece de competencias para pronunciarse sobre as mesmas, debendo a reclamante, se o considera oportuno, presentar as reclamacións ou recursos ante os órganos competentes que considere convinte. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Única: Desestimar a reclamación presentada por contra a Resolución do 16 de marzo de 2022 da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se resolve a súa solicitude de información sobre a titularidade e competencias para a actuación sobre unha estrada Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, na data da sinatura. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2022.06.08 11:49:09 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.