Se solicitó el acceso a un expediente administrativo al Concello de Santiago de Compostela. El solicitante alegó que no recibió respuesta (silencio administrativo). La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación e insta al Ayuntamiento a responder en 10 días, ya que no justificó la denegación ni remitió el expediente a la Comisión.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación es admisible ya que, ante resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento según la Ley 39/2015 y el Criterio Interpretativo 1/2016 del CTBG.
2
El Concello de Santiago de Compostela incumplió su obligación de colaborar al no remitir el informe ni la copia del expediente solicitados por la Comisión da Transparencia.
3
Al tratarse de información pública elaborada en el ejercicio de funciones, la administración debe resolver expresamente sobre el acceso, aplicando los límites legales de forma motivada y disociando datos personales si procede.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave sujeta al régimen disciplinario según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do
18 de marzo de 2022, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de Maio
de 2022, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 18 de marzo de 2022 , unha reclamación ao amparo do disposto
na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o
Concello de Santiago de Compostela, ao expediente
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 22 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Concello de Santiago de Compostela para que, en cumprimento da normativa
de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 23 de marzo de 2022, sen que polo Concello
se remitise copia do expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O Concello de Santiago de Compostela non resolveu a solicitude de acceso á información
expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou ao Concello o acceso a un expediente que identifica co seu número, sen
obter resposta.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a achega do seu criterio respecto da
solicitude de acceso á información, mediante a remisión de informe e copia do expediente
que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus
argumentos.
A Comisión non ten información sobre o contido concreto dos documentos solicitados, pero
ao tratarse de información pública, por ser elaborada ou adquirida no exercicio das súas
funcións, debe o Concello resolver expresamente sobre o acceso, dando audiencia se procede
aos terceiros que podan resultar afectados pola resolución que se dite, de conformidade co
disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, e examinando previamente se a información solicitada
esta afectada por algún dos límites de acceso previstos na dita Lei, en cuxo caso deberá, de
forma motivada, disociarse os datos de carácter persoal existentes ou eliminar se procede, os
contidos parciais que poidan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos
(artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista,
se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera
caso o acceso (artigos 14.2 da referida Lei).
A resolución que se pronuncie, debe formalizarse coa oferta de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta a oferta do
correspondente recurso substitutivo.
Debe lembrarse ao Concello de Santiago de Compostela que, consonte o disposto no artigo
20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a
consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime
disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, debe lembrarse ao Concello de Santiago de Compostela, de conformidade co
disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obrigación de remitir a esta Comisión os informes
que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de
transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data
do 18 de marzo de 2022, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
de acceso ante o Concello de Santiago de Compostela, ao expediente
Segundo: Instar ao Concello de Santiago de Compostela, a que, no prazo máximo de 10 días
hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14
e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización
do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Santiago de Compostela, a que, no prazo máximo de 15 días
hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:48:37 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.