Una asociación solicitó a la Consellería de Cultura, Educación y Universidade de Galicia acceso a informes y expedientes sobre proyectos mineros y yacimientos arqueológicos. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración concedió el acceso posteriormente.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, no obligando al solicitante a motivar su petición.
2
Las reclamaciones contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento, siguiendo la doctrina de los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
3
La administración dictó una resolución expresa concediendo el acceso a la información una vez transcurrido el plazo legal y después de interpuesta la reclamación.
4
Se estima la reclamación por motivos formales debido a que la Administración finalmente facilitó la documentación solicitada.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vistas ás reclamacións presentadas por
mediante escrito do 21 de marzo de 2022, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 31 de maio de 2022, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.
presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o
21 de marzo de 2022, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016,
do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude de acceso ante Consellería de Cultura, Educación e
Universidade, á consulta do Informe do 2003 da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
referente a accións relacionadas con proxectos mineiros, antigos fornos de cocer cal, informe
do 31 de agosto de 2011, documentación remitida pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía
e Minas á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural o 21 de novembro de 2011 todos eles que
figuran no expediente correspondente ao xacemento arqueolóxico Coya da
Furada dos Cas, informe Técnico do 2011, de concesión de explotación derivada do permiso
de investigación ", e Informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do ano
2012, relacionado coa Solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de
investigación .
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada con sinatura electrónica de
asociación, e do DNI do representante.
Segundo. Con data 29 de marzo de 2022 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 31 de marzo de 2022.
Terceiro. Con data do 27 de abril de 2022 Consellería de Cultura, Educación e Universidade
contesta a petición remitindo informe no que se fai constar que con data do 22 de abril de
2022 a directora xeral de Patrimonio Cultural emitiu resolución de concesión de acceso aos
expedientes relacionados e remisión de copia destes a favor da asociación solicitante, que foi
recepcionada pola persoa responsable da asociación o mesmo día.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ditou resolución expresa unha vez
transcorrido o prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016 e unha vez que o interesado
tiña presentada a súa reclamación ante esta Comisión, polo que debe admitirse a mesma por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
A Asociación interesada solicitou acceso a informes da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas relacionados con proxectos mineiros, antigos fornos
de cocer cal, que figuran nun expediente dun xacemento arqueolóxico, acceso a un
expediente de concesión de explotación mineira derivada dun permiso de investigación e un
informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do ano 2012, relacionado cunha solicitude
de concesión de explotación mineira derivada dun permiso de investigación.
A Consellería non resolveu en prazo a solicitude de acceso á información, pero ditou
resolución expresa que notificou ao interesado con posterioridade a que este presentase
reclamación ante esta Comisión, facilitándoselle o acceso á información.
De acordo co anterior, procede estimar por motivos formais a presente Reclamación, sen
prexuízo de que si a asociación reclamante o estima convinte, poida presentar reclamación
ante esta Comisión fronte á dita resolución expresa, para que na tramitación da mesma
poidan ser analizados os seus argumentos, pronunciándose a resolución que corresponda.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por
contra a Reclamación contra a desestimación por silencio administrativo
da súa solicitude de acceso ante Consellería de Cultura, Educación e Universidade, á consulta
de informes e expedientes relacionados con proxectos mineiros e antigos fornos de cocer cal
que figuran no expediente correspondente ao xacemento arqueolóxico Coya da
Furada dos Cas, e informes relacionados coa concesión de explotación derivada do permiso
de investigación .
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, na data da sinatura.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2022.06.08 11:49:24 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.